Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
ENTROIDO NO AMBIENTE DE VERBAS
Durante a tempada de entroido no ambiente de verbas fixemos distintas actividades relacionadas con estas datas.
Na mesa de transvases encontramos confeti para pasar duns vasos a outros, na mesa sensorial encontramos con tiras de cores para enroscar, xirar, pasar polo centro dos tubos, tapar, e crear distintos escenarios con só as tiras de cores e os tubos de cartón.
Na mesa de grafomotricidade tivemos a creación de máscaras onde tiñan que debuxar distintas grafías, recortar, picar co punzón e por último decorar ao gusto de cada unha/un.
Diante dun espello decoramos máscaras con distintos materiais: pedras, pompóns e diamantes. Así facíamos unha pero podíamos chegar ver no reflexo hasta tres iguais.
Tamén adornamos máscaras seguindo a serie de cores con plumas e buscamos as parellas de distintas imaxes de máscaras de entroido.
Na mesa de lectoescritura escribimos vocabulario de entroido e tamén buscamos o nome do disfrace que tiña posto cada neno/a da imaxe.
Lemos contos, fixemos de comer na cocina, coidamos os bebés, limpamos o espello, fixemos a cama e deixamos a clase moi moi limpa antes de irnos.