Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Infantil

AMBIENTE DE ARTE (XUÑO)

No mes de xuño no ambiente de arte apareceu, no lugar do hospital, un novo espazo no que o xogo simbólico e a vida práctica estivo moi presente, o do DORMITORIO.

Promover a autonomía nas nenas e nenos é vital para o seu desenvolvemento madurativo e para fortalecer valores tan importantes como a autoestima. Unha das mellores ferramentas que temos para facelo é involucralos nos labores da casa, e unha das tarefas máis significativas (tanto para eles como para nós), é a de facer a cama. Un pequeno fito que pode supoñer un gran paso no seu camiño para converterse en persoas conscientes das súas responsabilidades.

E que mellor xeito de facelo que a partir do xogo?

Facer a cama, poñer a bata e zapatillas, meterse na cama, xogar na habitación cos xoguetes, ler un conto, prender e apagar a lámpada,… foron algunhas das actividades que desenvolveron neste espazo xunto coa súa imaxinación, fantasía, xogo simbólico, …..

Xunto con esta outras propostas do ambiente deste mes foron: o pintado de pedras, o deseño e decoración de debuxos con grafos creativos, a costura de deseño de roupa para a nosa boneca, experimentación de pintura con distintos materiais (coche, cepillos de dentes, rolos de cartón), construcións cos ladrillos, creación de esculturas e xoias con limpiapipas e abalorios e de caras con cartolinas de cores, entre outros.

 

O AMBIENTE DE VERBAS (MAIO)

Aquí podemos ver propuestas variadas que nos acompañaron durante o mes de maio no ambiente das verbas. 

Entre as distintas propostas a elexir poidemos encontrar unha mesa sensorial con distintos obxectos que podemos encontrar en primavera para poder facer as nosas propias creacións con eles fomentando así a creatividade. Na parte de lectoescritura tivemos un dictado primaveral con pedras de imaxes que foi moi divertido. Na mesa de tranvases encontrámonos con flores de primavera que podíamos seleccionar por cores, chear vasos, ou simplemente tocar e tocar. Na pizarra escribimos partindo da palabra “primavera” nomes, accións ou cousas que nos recordaran a primavera. Os nenos e nenas de 3 anos decoraron as súas iniciais con flores recollidas no patio.

No apartado de grafomotricidade creamos as nosas propias flores seguindo uns puntos de referencias, as recortamos e as decoramos.

Na parte de motricidade fina fixemos colares con obxectos de primavera coma flores, bolboretas, abellas, nas que tíñamos que estar moi atentos para poder colocar o hilo dentro de cada obxecto. Tamén colocamos pinzas de flores de cores donde correspondía cada cor.

Pero coma sempre, o que triunfa é a cociña e os bebés. Encántanos cociñar, lavar os bebés, cambiarlle os cueiros e a roupa e despois, descansar un pouco na cama. É o momento de relax do día!

O máis importante: desfrutar e desfrutar.

 

 

 

 

VISITA AO ARSENAL DE FERROL

O día 27 de maio o alumnado de educación infantil realizou unha saída ao Arsenal de Ferrol. Alí visitaron unha fragata e fixeron o Bautismo de mar saíndo a navegar pola ría de Ferrol. Tamén tiveron a oportunidade de coñecer algúns materiais que se empregan na marina e ver a través de gafas de realidade aumentada.

 

AMBIENTE DE NATUREZA:MAIO

Propostas varias as que durante este mes de maio nos acompañaron no ambiente de natureza e ciencia e coas que desfrutamos desenvolvendo o noso espírito máis científico .

Entre as propostas a elexir a de facer limonada seguindo os pasos foi a triunfadora, sen quedar atrás o trasvase cos pés,cortar xudías para cociñar,medir co metro e ver se era certo ou falso os centímetros que poñía a etiqueta, o cubo de Rubik , restas con "Juanito el bandolero" e conteo de canicas na auga..

Seguimos coas tarxetas tres partes dos medios de transporte ,hai quen asocia imaxe só e quen asocia os nomes, cada quen no seu nivel evolutivo.

Este mes de maio ademáis estreamos a "floristería",onde preparan e venden plantas facendo trasvase de terra nas macetas e ampliando vocabulario dos nomes de flores.

Foi un mes divertido e alegre cheo de experiencias de vida práctica sobre todo.

 

PDI PINGAS CIENTÍFICAS:AUGA,ONDE ESTÁS?(2)

Para este proxecto temos unha mesa de observación da auga  cas súas características,  algunhas veces quedamos mirando as burbullas que fai a auga cando a trasvasamos da botella a un vaso ,é unha marabilla. Observamos tamén os estados da auga, cun xeo, un vaso de auga e un nebulizador.Quedaron asombradas e asombrados co vapor !

 Xogamos coas tarxetas de clasificación do aire, auga e terra e superamos o reto de encher unha botella con auga tinguida utilizando o funil(cantos vasos precisamos para encher unha botella de litro e medio?).

 

 

AMBIENTE DE ARTE (MAIO)

Propostas varias as que durante este mes de maio nos acompañaron no ambiente de arte e coas que desfrutamos desenvolvendo o noso espírito máis creativo e artístico: modelaxe en plastilina de animais, trazado de siluetas de flores e follas guiándonos polas sombras reflectidas polo retroproxector, debuxos coa lámpada máxica, seguimento de titoriais gráficos para o debuxo de distintos elementos primaverais, trazos e creación de esculturas sobre area na mesa de luz, pintura de flores, construcións coas pezas do kapla….

Xunto con elas, durante este mes, na nosa zona de arquitectura estivemos a descubrir distintos monumentos famosos como a Torre Eiffel, a Torre de Pisa ou a Estatua da Liberdade. Algúns xa eran coñecidos para eles, outros non tanto, pero rápido os identificamos e aprendemos moitas cousas deles grazas o xogo coas tarxetas tres partes. E mesmo nos animamos a reproducir algúns coas pezas de construcción variadas que temos na clase ( ladrillos, madeiras, rolos de cartón, …).

A zona do hospital, da biblioteca e dos desfraces, por suposto, seguen a ocupar un lugar importante dentro deste ambiente.  

VISITA DE MIKA

Hai uns días as nenas e nenos de educación infantil tivemos unha visita moi especial, a de Mika, a cadela de Andrea da clase de 5 anos. A trouxo Silvia, a nai de Andrea, para facer unha demostración de todas as cousas que sabe facer: bailar, saudar, saltar, deitarse cando lle mandan...

Pero isto non foi todo, Silvia contounos a historia de Mika dende que chegou de cachorra a súa casa ata o seu paso pola escola de cans. 

Fixeron unha pequena exhibición de "axility". 

Finalmente as nenas e nenos puideron facer de adestradoras e adestradores guiando a Mika polo circuito. 

A verdade que esta Mika é toda unha artista! Moitas grazas a Silvia pola visita e a actividade tan fermosa.

AMBIENTES DAS VERBAS (abril)

Neste video podedes ver algunhas das propostas nas que traballamos durante o mes de abril no ambiente das verbas.

Creación de flores con diferentes grafos e plastificados, tamizado de area, creación de nomes a partir de letras de flores, buscamos obxectos que comecen por...  descubrimos os nosos nomes pintando sobre pintura branca, fixemos bolboretas seguindo patróns,  xogamos a ruleta para crear palabras, fixemos os nosos propios árbores de primavera, clasificamos macarróns según as suas cores, e comezamos a traballar con vocabulario de primavera, ademais de cambios de roupa e baños dos bebés, pero sen dúbida a cocinita e a biblioteca son un éxito total, quizais os mas concurridos no día a día. 

 

 

BAUTISMO NAVAL

Neste terceiro trimestre, dentro do PDI de centro "Pingas de ciencia", temos como tema central, a auga. Despois de coñecer as súas principais características e propiedades centrámonos na flotación dos obxectos. E para iso levamos a cabo unha exhibición naval. Cada nena e neno trouxo da casa un barquiño elaborado con material reciclado. Presentaron o seu barco o os materiais reciclados que utilizaron para que floten, como podedes ver había barcos de todo tipo: pequenos, grandes, lanchas, buques, barcos piratas, etc. Ademais de estar realizados con esponxas, botellas de plástico, mazorcas, corchos, botellas de leite... E comezou a acción. ¿Flotarán ou afundiranse? 

Aquí tedes algunhas fotos que amosan o gran traballo que fixeron as nosas nenas e os nosos nenos xa que, todos os barcos flotaban!!


PDI: EXPERIMENTOS AUGA 1ª PARTE

O xoves foi unha xornada especial, pois contamos coa visita de Óscar, o papá de Eva, a nosa compi de 6º de EI.

Entre os dous ensináronnos a facer distintos experimentos relacionados coa agua.

Comenzaron demostrándonos o efecto espello que fai a agua vendo como cambiaba de dirección a frecha debuxada no papel cando a colocaba detrás do vaso con agua.

Tamén nos amosaron como inflúe o sal na flotación dos obxectos. Para iso encheron dous vasos con auga (un con auga doce e outro con auga salgada) e metemos en cada vaso un ovo para ver cal flotaba e cal quedaba afundido. 

Outro dos experimentos que nos realizaron foi co que nos demostraron que a agua quente non se mistura coa  quente. Enchemos dous vasos de auga, un con auga ben fría e outro con auga ben quente. Para recoñecer ben cal era cada  vaso ao de agua fría botámoslle unhas gotas de colorante azul e ao de auga quente de vermello. Feito isto xuntamos os vasos, colocando un enriba do outro e tachán… a auga quente non se misturaba coa fría. Pero non se trataba de maxia, todo ten unha explicación científica que Óscar nos explicou moi ben.

O último dos experimentos consistiu en encher un vaso con auga, poñerlle un papel enriba e darlle a volta de tal xeito que a auga non caese.

A verdade que foi unha sesión moi enriquecedora coa que desfrutamos moito á vez que aprendimos moitas cousas novas sobre a auga.

Moitas grazas pola vosa colaboración familia, foi unha actividade estupenda!!

Distribuir contido