Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

AMBIENTE DE ARTE (XUÑO)

No mes de xuño no ambiente de arte apareceu, no lugar do hospital, un novo espazo no que o xogo simbólico e a vida práctica estivo moi presente, o do DORMITORIO.

Promover a autonomía nas nenas e nenos é vital para o seu desenvolvemento madurativo e para fortalecer valores tan importantes como a autoestima. Unha das mellores ferramentas que temos para facelo é involucralos nos labores da casa, e unha das tarefas máis significativas (tanto para eles como para nós), é a de facer a cama. Un pequeno fito que pode supoñer un gran paso no seu camiño para converterse en persoas conscientes das súas responsabilidades.

E que mellor xeito de facelo que a partir do xogo?

Facer a cama, poñer a bata e zapatillas, meterse na cama, xogar na habitación cos xoguetes, ler un conto, prender e apagar a lámpada,… foron algunhas das actividades que desenvolveron neste espazo xunto coa súa imaxinación, fantasía, xogo simbólico, …..

Xunto con esta outras propostas do ambiente deste mes foron: o pintado de pedras, o deseño e decoración de debuxos con grafos creativos, a costura de deseño de roupa para a nosa boneca, experimentación de pintura con distintos materiais (coche, cepillos de dentes, rolos de cartón), construcións cos ladrillos, creación de esculturas e xoias con limpiapipas e abalorios e de caras con cartolinas de cores, entre outros.