Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
ADSCRICIÓN CURSO 2023-2024
Profesorado adscrito para o curso 2023-2024:
EDUCACIÓN INFANTIL
- 4º Educación infantil: Josefina Herreros Calvo
- 5º Educación infantil: Silvia María Filgueira Pena
- 6º Educación infantil: Beatriz Gamallo Permuy
- Mestra de apoio de infantil: Alba Tenreiro López
EDUCACIÓN PRIMARIA:
- 1º Educación primaria: Sara Pérez Ruiz
- 2º Educación primaria: Andrea Fernández López
- 3º Educación primaria: María del Carmen Leira Moreno
- 4º Educación primaria: Ana María Barro Casas
- 5º Educación primaria: María Cristina Acevedo Varela
- 6º Educación primaria: Isabel Torrente Seco
PROFESORADO ESPECIALISTA:
- Audición e Linguaxe: Gloria Gómez Edreira, compartida co CPI A Xunqueira (centro base)
- Educación Física: Abel González Varela
- Inglés: Iria Sande Garrote
- Orientación: María Elisa Martínez Palacios, compartida con CEIP Santiago Apóstolo
- Pedagoxía Terapéutica: María Macarena Espiñeira Filgueiras
- Relixión católica: Teresa María Anca Ardao, compartida con CEIP Maciñeira
- Educación musical: Sabela Paz Romero
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO
Bo día,
do 3 ao 31 de xullo o horario de atención presencial será de 10:00 a 13:00, previa cita, chamando a calquera dos seguintes teléfonos:
- 881930133
- 881930134
- 644765166
Proxecto Educativo e Funcional de Centro
Presentamos o Proxecto Educativo e Funcional de centro aprobado por unanimidade en Claustro e Consello Escolar o 28 de xuño de 2023. Pódese consultar facendo click na imaxe ou no documento adxunto máis abaixo.
Atentamente,
Iria González Grande
Directora
Memoria final curso 2022-2023
Publicamos a memoria final do curso 2022-2023 aprobada en Claustro e Consello escolar o 28 de xuño de 2023. Pódese consultar facendo click na imaxe ou adxunta ao final da noticia.
Publicada a listaxe definitiva do Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar 2023-2024
Bo día:
Está publicada a listaxe definitiva do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o ano 2023-2024 que se pode consultar na entrada do centro ou a través da aplicación FondoLibros.
Os lotes de libros de texto e os cheques de material e libros entregaranse na secretaría do centro a partir do 4 de setembro de 2023. Recordamos que o caderno de lingua inglesa dos niveis 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria non está incluido nos lotes de libros polo que debe mercarse, e pode ser pagado co cheque de material escolar.
Grazas e bo verán!
Memoria Observa_Acción Fase 2
Publicamos a memoria da fase 2 do programa Observa_Acción realizada en colaboración co CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés. Estamos moi satisfeitas do aprendido e ilusionadas polo que está por vir!
Este é o vídeo en formato entrevista que realizamos como resumo do programa:
Listaxe de libros de texto curso 2023/2024
Adxunta nesta noticia atoparedes a listaxe de libros de texto para o curso 2023/2024
ACTIVIDADE DE VERÁN: REMO!!!
Ola, rapazada! Ola, familias!
Déixovos por eiquí unha información dunha actividade de verán que promove o Clube do Mar de Mugardos.
Desexo que sexa do voso interese.
Moitas apertas... e bo verán!!!
Listaxe provisional fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar
Xa están publicados na aplicación Fondo Libros e na entrada do centro as listaxes provisionais de perdoas admitidas no fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. A reclamación poderá realizarse no centro de 9:00 a 10:00 na secretaría do centro ou a través da aplicación nos dous días seguintes á publicación das listaxes.
Matrícula de novo alumnado para o curso 2023-2024
Do 20 ao 30 de xuño está aberto o periodo de matriculación para o alumnado admitido no curso 2023-2024. Secretaría estará aberta de 9:00 a 10:00 de luns a venres para que as familias poidan entregar a seguinte documentación:
- Documentación anexa cuberta e asinada polos titores/as legais
- Dúas fotos tamaño carnet do alumno/a
- Informe médico de vacinación
- Fotocopia do libro de familia
- Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a
- Certificado de empadroamento
Centifest 2023!
O martes 30 de maio celebramos o Centifest 2023, unha mañá chea de aprendizaxe, risos e xogos, moitos xogos! Cada aula presentou os seus traballos de todo o curso e había unha morea de cousas: xadrez xigante, xogos de feira, xogos do mundo, xogos tradicionais, xogos electrónicos, xogos de mesa... unha marabilla! As familias viñeron ver o noso traballo e algunhas incluso montaron o seu propio tenderete, moitas grazas ♡ Para rematar, familias, nenos e nenas atrvéronse cunha repichoca na que escoitamos e bailamos. Conclusión: pasámolo en grande.
Aquí vos deixamos fotos e vídeo da xornada. Por moitas outras mais!
.
CAMIÑO Á FAMA 6ºA e 6ºB
Ola, familias!
Un novo vídeo de Camiño á Fama elaborado polos dous sextos de educación primaria o anterior venres, día 2 de xuño. Desta vez coreografían o tema "Don´t you worry". O derradeiro dos derradeiros pois este ano acaban a súa etapa no Ceip Centieiras. Amizades... a seguir bailando e desfrutando da vidaaaaa! Un pracer enorme!!!
CAMIÑO Á FAMA 3º EI
Ola, familias!
Deixámosovos por eiquí un nova coreografía de Camiño á Fama que fixemos este pasado venres (26 de maio de 2023). Desta vez tocoulle aos máis pequerrechos/as do colexio e unha vez máis... ARRASARON!!! Bailaron unha canción de "Uxía Lambona e a Banda Molona".
