Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

INICIAMOS O NOSO PROXECTO!

O pasado venres 6 de outubro inauguramos o noso proxecto documental integrado que pretende traballar e concienciar sobre o coidado do medio ambiente.

Que fixemos para esta ocasión tan especial? Aproveitamos que ese día se levaba a cabo a XII Limpeza Simultánea de Praias organizada por ADEGA e aproveitamos para limpar a Praia de San Valentín.

Puxémonos en marcha ás 10 e media da mañá e todas xuntas e xuntos fomos camiñando ata alí formando parellas de pequenas e pequenos e maiores.

Unha vez alí, expertas da asociación ADEGA faláronnos un pouquiño sobre aspectos básicos a ter en conta na praia e logo xa nos puxemos mans á obra. Traballamos moito e tamén desfrutamos un pouquiño da área e dos compañeiros e compañeiras.

Ao final, clasificamos a basura atopada e o que máis nos sorprendeu é que había un montón de pauiños de limpar os oídos! En total e aínda que a praia parecía moi moi limpa logramos recoller 25 quilos de lixo!

Unha vez chegamos ao cole,  para rematar este día, fixemos a votación do nome do noso proxecto.

As nenas e nenos escolleron: PEGADAS VERDES!

Non vos esquezades deste nome porque seguro o oiredes moitas veces máis ao longo do curso!

3,2,1 Arrancamos!

Grazas a ADEGA pola axuda e a predisposición e ao Concello de Fene polas luvas e a colaboración en toda a loxística. Da gusto facer escola deste xeito. 

MATERIAL ESCOLAR

Premendo na imaxe atoparedes o material escolar preciso para este curso escolar 2023-2024.

ADSCRICIÓN CURSO 2023-2024

Profesorado adscrito para o curso 2023-2024:

EDUCACIÓN INFANTIL

  • 4º Educación infantil: Josefina Herreros Calvo
  • 5º Educación infantil: Silvia María Filgueira Pena
  • 6º Educación infantil: Beatriz Gamallo Permuy
  • Mestra de apoio de infantil: Alba Tenreiro López

EDUCACIÓN PRIMARIA:

  • 1º Educación primaria: Sara Pérez Ruiz
  • 2º Educación primaria: Andrea Fernández López
  • 3º Educación primaria: María del Carmen Leira Moreno
  • 4º Educación primaria: Ana María Barro Casas
  • 5º Educación primaria: María Cristina Acevedo Varela
  • 6º Educación primaria: Isabel Torrente Seco

PROFESORADO ESPECIALISTA:

  • Audición e Linguaxe: Gloria Gómez Edreira, compartida co CPI A Xunqueira (centro base)
  • Educación Física: Abel González Varela
  • Inglés: Iria Sande Garrote
  • Orientación: María Elisa Martínez Palacios, compartida con CEIP Santiago Apóstolo
  • Pedagoxía Terapéutica: María Macarena Espiñeira Filgueiras
  • Relixión católica: Teresa María Anca Ardao, compartida con CEIP Maciñeira
  • Educación musical: Sabela Paz Romero

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

Bo día,

do 3 ao 31 de xullo o horario de atención presencial será de 10:00 a 13:00, previa cita, chamando a calquera dos seguintes teléfonos:

- 881930133

- 881930134

- 644765166

Proxecto Educativo e Funcional de Centro

Presentamos o Proxecto Educativo e Funcional de centro aprobado por unanimidade en Claustro e Consello Escolar o 28 de xuño de 2023. Pódese consultar facendo click na imaxe ou no documento adxunto máis abaixo.

 

 

Atentamente,

Iria González Grande

Directora

Memoria final curso 2022-2023

Publicamos a memoria final do curso 2022-2023 aprobada en Claustro e Consello escolar o 28 de xuño de 2023. Pódese consultar facendo click na imaxe ou adxunta ao final da noticia.

Publicada a listaxe definitiva do Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar 2023-2024

Bo día:

Está publicada a listaxe definitiva do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o ano 2023-2024 que se pode consultar na entrada do centro ou a través da aplicación FondoLibros.

Os lotes de libros de texto e os cheques de material e libros entregaranse na secretaría do centro a partir do 4 de setembro de 2023. Recordamos que o caderno de lingua inglesa dos niveis 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria non está incluido nos lotes de libros polo que debe mercarse, e pode ser pagado co cheque de material escolar.

Grazas e bo verán!

Memoria Observa_Acción Fase 2

Publicamos a memoria da fase 2 do programa Observa_Acción realizada en colaboración co CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés. Estamos moi satisfeitas do aprendido e ilusionadas polo que está por vir!

 

 

Este é o vídeo en formato entrevista que realizamos como resumo do programa:

Listaxe de libros de texto curso 2023/2024

Adxunta nesta noticia atoparedes a listaxe de libros de texto para o curso 2023/2024

ACTIVIDADE DE VERÁN: REMO!!!

Ola, rapazada! Ola, familias!

Déixovos por eiquí unha información dunha actividade de verán que promove o Clube do Mar de Mugardos.

Desexo que sexa do voso interese.

Moitas apertas... e bo verán!!!

Listaxe provisional fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Xa están publicados na aplicación Fondo Libros e na entrada do centro as listaxes provisionais de perdoas admitidas no fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. A reclamación poderá realizarse no centro de 9:00 a 10:00 na secretaría do centro ou a través da aplicación nos dous días seguintes á publicación das listaxes.

Matrícula de novo alumnado para o curso 2023-2024

Do 20 ao 30 de xuño está aberto o periodo de matriculación para o alumnado admitido no curso 2023-2024. Secretaría estará aberta de 9:00 a 10:00 de luns a venres para que as familias poidan entregar a seguinte documentación:

  • Documentación anexa cuberta e asinada polos titores/as legais
  • Dúas fotos tamaño carnet do alumno/a
  • Informe médico de vacinación
  • Fotocopia do libro de familia 
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a
  • Certificado de empadroamento

 

Centifest 2023!

O martes 30 de maio celebramos o Centifest 2023, unha mañá chea de aprendizaxe, risos e xogos, moitos xogos! Cada aula presentou os seus traballos de todo o curso e había unha morea de cousas: xadrez xigante, xogos de feira, xogos do mundo, xogos tradicionais, xogos electrónicos, xogos de mesa... unha marabilla! As familias viñeron ver o noso traballo e algunhas incluso montaron o seu propio tenderete, moitas grazas ♡ Para rematar, familias, nenos e nenas atrvéronse cunha repichoca na que escoitamos e bailamos. Conclusión: pasámolo en grande.

Aquí vos deixamos fotos e vídeo da xornada. Por moitas outras mais!

 

.

CAMIÑO Á FAMA 6ºA e 6ºB

Ola, familias!

Un novo vídeo de Camiño á Fama elaborado polos dous sextos de educación primaria o anterior venres, día 2 de xuño. Desta vez coreografían o tema "Don´t you worry". O derradeiro dos derradeiros pois este ano acaban a súa etapa no Ceip Centieiras. Amizades... a seguir bailando e desfrutando da vidaaaaa! Un pracer enorme!!!

 

Distribuir contido