Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Documentos de centro
Memoria curso 2021-2022
Publicamos a memoria do curso 2021-2022 aprobada en Claustro e Consello Escolar no día de hoxe, 28 de xuño de 2022
Plan Dixital de Centro
Publicamos o Plan Dixital de Centro aprobado en Claustro e Consello Escolar no día de hoxe, 28 de xuño de 2022.
PXA curso 2021-2022
Presentamos a PXA do curso 2021-2022 aprobada por Claustro e Consello escolar o marte 19 de outubro de 2021.
Memoria de estado do centro. Solicitude de rehabilitación integral á xefatura territorial
O 13 de xullo foi aprobado en consello escolar o documento adxunto e o envío dunha solicitude de rehabilitación integral dirigida á Xefatura Territorial da Coruña.
Este documento reflexa o estado das instalacions do centro dunha forma moi gráfica e concisa e cremos necesario que a comunidade educativa sexa coñecedora.
Damos desta maneira difusión ao documento para o que contamos coa inestimable colaboración de Laura Rey, arquitecta e nai do cole, ao acordo do consello escolar e á solicitude que se deriva.
Esperamos que desta forma se avance na mellora do centro, a cal impacta directamente na calidade da ensinanza que Centieiras quere para o seu alumnado.
Orde de avaliación do 2 de marzo de 2021
En base á Orde de avaliación do 2 de marzo de 2021, se publican os obxectivos, contidos, procedementos, instrumentos e criterios de avaliación e calificación das diferentes áreas; os criterios de promoción e titulación.
|
|
Normas de Organización e Funcionamento (NOF) 19-01-2021
Publicamos adxunto as Normas de Organización e Funcionamento do CEIP Plurilingüe de Centieiras, aprobadas en Claustro e Consello Escolar por maioría absoluta o 19 de xaneiro de 2021.
Iria González Grande,
Directora CEIP Plurilingüe de Centieiras
Plan de adaptación á situación Covid-19 no curso 2020-21
Compartimos con toda a comunidade educativa este documento elaborado polo equipo educativo e que dará resposta a situación organizativa do centro.
