Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Biblioteca
MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O mes de novembro conmemoramos na biblioteca "Mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares". Para isto, realizamos ao longo de todo o mes diferentes talleres nos recreos: creación de chapas científicas, retos de construcción e obradoiros de robótica e realidade aumentada. A verdade é que a axuda dous nosos colaboradores e colaboradas de bibloteca foi fundamental para que esta actividade se puidera levar a cabo.
PINGAS DE CIENCIA FAMILIAS EN INFANTIL
Ao longo do primeiro trimestre contamos en educación infantil coa colaboración das familias para facer as súas aportacións ao PDI de centro Pingas de Ciencia, aquí tedes unha pequena mostra destas actividades. Grazas coma sempre a todas as familias voluntarias.
Día da diversidade
O pasado día 3 de decembro foi o Día Internacional das Persoas con Discapadidade. Desde o cole os nenos e as nenas fixeron diferentes actividades: traballaron as emocións, a empatía, elaboraron o seu nome en Braille, visualizaron diversas curtametraxes, recibiron a visita especial de Jose, que lles contou o seu día a día, manexaron os robots sobre un taboleiro para aprender linguaxe de signos e diferentes deportistas paralímpicas...
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que fixemos.
Centieiras aceptada no programa de Biblioteca Creativa!
Este ano sí, a nosa escola está entre as seleccionadas para o programa de biblioteca creativa da dirección xeral de centros e recursos humanos. Con esta iniciativa, dotaráse á nosa biblioteca cos materiais necesarios para a construción dun mínimo de catro Escornabots por centro, así como outros materiais necesarios para a posta en marcha da iniciativa. Estamos moi felices de ter tan boa noticia!
