Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

5º Educación primaria

Conto de medo de 5º de primaria: O Castelo da Boneca, por Pedro Moure Rodríguez

Queredes pasar moito medo neste Samaín? Se a vosa resposta foi que si, lede este conto terrorífico escrito por un dos xenios da intriga de 5º de primaria.

Había moitos contos arrepiantes, pero o de Pedro Moure Rodríguez foi, sen dúbida, o que máis terror provocou entre os lectores de 5º. Atrevédesvos a entrar no Castelo da Boneca con nós?

5º EP - Adaptación da programación didáctica curso 2019/20

Seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, adáptase a programación didáctica do presente curso, puidéndose consultar no arquivo adxunto.

Instruccións. Aula Virtual de Centieiras.

    Xa temos AULA VIRTUAL DO COLE CENTIEIRAS, tedes o icono para entrar arriba na marxe esquerda. Déixovos un ARQUIVO adxunto co titorial a seguir para que poidades acceder por primeira vez, dende aquí comezaremos a traballar o vindeiro luns 27 de abril. Subiremos as actividades só os lunse  daremosvos un tempo para que as vaiadesentregando. Ánimo! Xa ten que quedar menos! Bicos.

 

Tarefas 23 de abril

Ola a todas e todos! hoxe é o día do libro e como sabedes teriamos celebración no cole. Hoxe temos celebración virtual, non hai tarefas de matemáticas, lingua... A tarefa de hoxe é disfrutar coa entrada da web da biblio FAME DE PALABRAS e desfrutar co traballo que fixéchedes entre todos. As tarefas de mñá son de matemáticas e van no adxunto. A partir do luns cambiamos de "Aula". Bicos

DÍA DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR

Hoxe é o Día do Libro e do dereito do autor e queremos celebralo con vós a través das aportacións que fixestes a "Fame de Palabras". Disfrutádeo!

bibliocenti.blogspot.com

RETOS EF NO CONFINAMENTO (20 ao 24 abril)

Ola rapaces e rapazas!

Déixovos unha serie de retos para levar a cabo. Seredes capaces de superarvos a vós mesmos? As explicacións están en catalán, pero fan unha demostración do reto polo que é facilmente entendible. A por elo!!!

 

 

 

-           Salta comigo: https://youtu.be/b_xGJqGcDas

-           Quen se achega máis?: https://youtu.be/ZPomffax4DI

-           Baixo canastra: https://youtu.be/tfyzxVQhZeU

-           Érgome sen que me caia o rolo: https://youtu.be/Iw9cNYlRL5w

-           Aplauso pelota: https://youtu.be/MrQvEvUyvwg

-           Quen encesta máis?: https://youtu.be/aBZa3iTemXM

English activity: Earth Day!

Hello!

Here you have some activities to do:

1) Practice the new vocabulary with Quizlet!

2) Reading and quiz. Are you ready?

 

3) Make a craft of Earth's Day. Download the PDF below.

Enjoy!

5º PROPOSTA DE MÚSICA PARA A SEMANA DO 20 DE ABRIL

Bo día!

A continuación adxunto a proposta para esta semana.

Un saúdo.

 

Distribuir contido