Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Admisión e matrícula 2020/21: Documentos de matrícula e datas de matriculación.

Adxuntamos o anexo III-1 e a documentación e autorizacións requeridas para formalizar a matrícula para o curso 2020/21

Se recollerá no centro de forma presencial do 29 de xuño ao 10 de xullo en horario de 10 a 12h.

 

Mocidade activa: revoluciona o teu verán

Aquí tedes o programa de "Mocidade Activa:Revoluciona o teu verán" .

Esta aberto o prazo de inscrición ata 13 de xullo ou que se cubran as prazas por orde de inscrición. Os impresos de inscrición na web do concello de FeneRemitir por email a: servizos.sociais@fene.gal

Mocidade Activa Fene

Proxecto Educativo CEIP Plurilingüe de Centieiras

Publicamos adxunto o Proxecto Educativo do CEIP Plurilingüe de Centieiras, aprobado en Claustro e Consello Escolar por unanimidade o 26 de xuño de 2020.

Iria González Grande,
Directora CEIP Plurilingüe de Centieiras

Exposición virtual: ahora vamos andando al cole

Carla Stop Accidentes

Dende Stop Accidentes queremos informarvos de que realizamos unha exposición virtual cos debuxos e cartas gañadoras do calendario de Galicia deste ano 2020, na que participou o voso centro e inclúe o debuxo de Carla García Fernández.  Achegamos o enlace para que poidades visitala e compartila coa vosa comunidade educativa.

 

http://www.peopleartfactory.com/g/14515

 

 

Investigación, tratamento da información e robótica e iniciación ao francés, novas materias de libre configuración

No próximo curso escolar, teremos novas materias de libre configuración no centro:

En 4ºEP se ofertará "Investigación, tratamento da información e robótica", cunha hora semanal.

En 6ºEP se ofertará "Iniciación ao francés", cunha hora semanal.

Esperamos que este cambio sexa positivo e beneficie a formación do noso alumnado.

Atentamente,

Iria González Grande

Orla 6ºEP Curso 2019/2020

Os nosos nenos e nenas de 6º de educación primaria rematan o seus estudos no cole nun ano tan raro coma este. Estamos moi apenadas de que non se puidera facer unha despedida como é debida. Esta é a orla dun curso con carácter e magnífico. Vos desexamos o mellor e un sin fin de aventuras!

Orla sexto 2019/20

Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2020/2021

A continuación adxuntamos a relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2020/21.

Seleccionados no proxecto de innovación educativa Educación Dixital E-Dixgal

O CEIP Plurilingüe de Centieiras foi seleccionado para participar no proxecto de innovación educativa Educación Dixital E-Dixgal, o cal dotará de ordenadores portátiles ao alumnado de 5ºde EP no curso 2020/21 e 5º e 6ºEP no curso 2021/2022. Desta forma, os libros de texto de quinto o ano que vén serán en formato dixital, favorecendo a implantación de metodoloxías innovadoras.

Máis información: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31281

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021

Preferiblemente, as solicitudes se entregarán de forma telemática en https://www.edu.xunta.es/fondolibros/. Lembra que é unha solicitude única por familia.

Toda a información na páxina da Xunta premendo aquí

Anexos 1 e 2 da solicitude adxuntos na noticia abaixo 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano, como cada 17 de maio, as nenas e nenos do Ceip Centieiras non quixeron deixar pasar o Día das Letras Galegas sen brindarlle unha celebración especial.

Grazas ás súas aportacións, entre todos e todas, conseguiron crear esta grande nube de palabras, onde se recollen as verbas, para eles/as, máis fermosas da nosa lingua, o galego.

Esperamos que vos guste!!!

 

Adaptación das programacións didácticas curso 2019/20

Seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, adáptase a programación didáctica do presente curso, puidéndose consultar nos seguintes enlaces por niveis educativos:

4º Educación infantil

5º Educación infantil

6º Educación infantil

1º Educación primaria

2º Educación primaria

3º Educación primaria

4º Educación primaria

5º Educación primaria

6º Educación primaria

Atentamente,

A dirección do centro.

Estalmat: programa de estimulación do talento matemático

O programa Estalmat baséase na detección e o estímulo do talento precoz en matemáticas. Trátase de detectar nenos e nenas con capacidades para as matemáticas (que se corresponden normalmente con capacidades científicas en xeral) e estimulalos -adestralos, poderiamos dicir- para que vaian aprendendo os métodos, técnicas e estratexias matemáticas (e científicas en xeral). Máis que conseguir “matemáticos” o obxectivo é adestrar futuros científicos, que ademais de coñecer métodos e técnicas, aprecien as matemáticas polo seu papel no desenvolvemento da ciencia en xeral e da cultura. É totalmente gratuíto e se desenvolve na facultade de matemáticas de Santiago de Compostela, en 20 sesións por curso académico.

Este ano a convocatoria está aberta para o alumnado nado nos cursos 2007/2008

Se te interesa, tes máis información na súa web: https://www.estalmatgalicia.com/

E nos documentos adxuntos nesta noticia.

#Fenequedanacasa: Pequehumoristas en acción!

PEQUE-HUMORISTAS EN ACCIÓN! é una actividade dirixida aos máis pequenos da casa aos que pedimos que pensen naquelas cousas que os divirten e que, á vez, poden axudar a facer rir aos demais. Se un neno/a sabe debuxar, pode facer un debuxo humorístico ou un chiste gráfico. Se ten una gracia especial para contar chistes, pode gravar un audio ou un vídeo co mellor chiste que coñeza. Tamén pode enviar un pequeno monólogo humorístico, una foto graciosa ou una imitación dalgún personaxe famoso. O caso é rirmos un pouco nestes tempos de confinamento nos que #Fenequedanacasa.


Para ser un/ha “Peque-humorista en acción”, cómpre enviar o debuxo, fotografía audio ou vídeo realizado ou protagonizado polo/a neno/a por Whatsapp (607 625 357) ou correo-e (fenequedanacasa@fene.gal), indicando o nome do autor/a, idade e localidade de procedencia. O material recibido publicarase na páxina de Facebook de Fenequedanacasa e compartirase nas distintas redes sociais do Museo do Humor (Youtube, Facebook, Instagram e Twitter).

Condicións:

-    Para participar nesta actividade, é imprescindible que os/as menores que conten co consentimento dos pais, nais ou titores/as legais. No momento que se envía o debuxo, audio, fotografía ou vídeo, mesmo coa voz/imaxe do menor, autorízase a súa difusión en webs, publicacións e redes sociais municipais

-    Acompañando cada debuxo, fotografía audio ou vídeo (que non poderá superar os 30 segundos de duración) figurará o nome do autor/a ou protagonista, idade e localidade de procedencia.

-    Os textos que aparezan nos debuxos e os diálogos dos vídeos e audios enviaranse preferentemente en lingua galega.

-    Non se publicarán imaxes sexistas ou que poidan danar a sensibilidade das persoas.

 

Distribuir contido