Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

EXCURSIÓN Á EXPOSICIÓN: TERRAS DE SALITRE

Este mércores as nenas e nenos de Educación Infantil fixemos a nosa primeira saída todos xuntos. Fomos a Ferrol visitar a Abanca a exposición Terras de salitre.

Ollade todo o que fixemos e o ben que o pasamos.

Semana da prensa

Esta semana celebramos a SEMANA DA PRENSA!

Montamos na entrada do colexio un quiosco polo que todas as aulas foron pasando a facer diferentes actividades:

  • Sopas de letras.
  • Buscar as diferencias.
  • Escribir noticias empregando uns dados con imaxes.
  • Sudokus.
  • Comecocos...

No quiosco podían encontrar tamén periódicos de diferentes países e algunha revista.

Foi unha actividade moi motivadora!

IMOS AO POLO NORTE

Continuamos coa nosa aprendizaxe deste lugar tan lonxano pero  atractivo á vez. Coñecemos a súa localización, as características dos inuits (físicas, vivenda , costumes , roupa, alimentación...), fenómenos atmosféricos como a aurora boreal...e animais desta terra.

Representamos os icebergs, as auroras boreais, caretas de oso polar e, polo medio disto, non faltaron a lectura de contos e informacións varias.

Ata temos a parka de NOELA que trouxo da casa con botóns de corno de caribú.

As familias pouco a pouco,  porque é comprensible que tamén precisan tempo, seguen achegando material, información e experiencias. A resposta coma en cada proxecto foi sorprendente e marabillosa.

Tal é así, que no  noso recanto temos un iglú, mapas, traxe de Inuit, parece mesmo, mesmo, o Polo Norte.

 

Coma sempre vos digo, MIL GRAZAS, sen vos non sería posible.



CONTOS DE BOCA

O venres na actividade CONTOS DE BOCA na aula de 5º de Educación Infantil tivemos unha visita moi especial. Veu Laura, a prima da nosa compañeira Lucía e tamén alumna cole, a contarnos o conto Os petos de Loreto. Nel descubrimos a gran cantidade de obxectos que garda esta moza no seus petos, quedamos todos sorprendidos. Grazas pola túa participación Laura!!!

Na aula de 6º de Educación Infantil un oso polar chamado Tirulí, foi o protagonista do conto de Laura.  Estabamos  alerta e expectantes para saber todo o que lle pasaba a este oso, que canso da cor branca do Polo, marcha en busca doutras cores. Ao finalizar o conto Laura ensinounos as imaxes deste oso que  tanta ansidade tiñamos  por ver.

 

Grazas Laura, podes volver con outro conto cando queiras.



ANIVERSARIO NOEMÍ E PABLO R.

Esta semana, ademais do cumple de Roi da aula de 4º de educación infantil, tamén celebramos os aniversarios de Noemí e Pablo R., os cales cumpriron xa os tan desexados 5 aniños. Canta ilusión nos fai cumprir anos!!!

Todos os vosos compis desexánvos moita felicidade.

Moitas grazas polas lambetadas que tanto nos gustan!

 

PARABÉNS Noemí; PARABÉNS Pablo R. e benvida e benvido aos 5 anos.



 



ANIVERSARIO DE ROI

Comenzamos a semana con moita enerxía  coa celebración do aniversario dun dos peques do cole, de Roi, que xa cumpriu os 4 anos. Para festexalo convidounos a un bizcoito que nos gustou moito. Grazas Roi.

PARABÉNS de parte de todas e de todos!!!!



8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

DESDE A ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL CONMEMORAMOS O DÍA DA MULLER ELABORANDO ESTE MURAL CENTRADO NA FIGURA DUNHAS DAS GRANDES MULLERES DA NOSA CONTORNA, ÁNGELES ALVARIÑO. E DESDE AQUÍ, AS NENAS E NENOS DE INFANTIL, APROVEITAMOS PARA DEDICARLLO A TODAS AS MULLERES.

 

 



How to catch a Leprechaun

Hello!

Esta semana en todo o cole traballamos unha tradición irlandesa en inglés e Arts&Crafts. Parece ser que uns curmáns dos nosos trasnos, os leprechauns que viven en Irlanda, adícanse a revolver e facer trasnadas na casa before St. Patrick's Day. É coma un xogo. Eles poñen todo perdido, pero se consigues atrapar un, he will give you his pot of gold. Ou sexa, o caldeiro de ouro que agocha ao pé do arco da vella pode ser teu se colles a un. Parece un bo trato, non si? 

 

 

Como di a historia, soamente un neno ou nena brillante conseguirá pillalo. E esta escola está chea de mentes brillantes. Así que tiñamos que intentalo. Tamén as familias se implicaron ó 100% e de repente all school turned green. It was so beautiful!! (thank you ^_^)

Este foi o resultado. A noite antes de St. Patrick's Day (o sábado) veremos se algunha funciona. Good Luck!

 

UN MAR DE PALABRAS

Esta semana  en 6º de infantil adicamos o taller á Semana da Prensa. Manipularon os xornais descubrindo as diferentes seccións  e realizaron distintas actividades. Houbo comecocos que indicaban cunha mensaxe a sección que tiñan que atopar, sopa de letras,  buscar as diferenzas  e tamén inventar noticias.

Xa estamos máis familiarizados cos xornais.

Grazas Lucía, Marta, María e José.

Na aula de 5°de infantil continuamos traballando no proxecto no que estamos inmersos. Nun equipo traballamos as tarxetas tres partes das profesións, que consisten en relacionar a imaxe da profesión co nome correspondente e coa imaxe que leva o nome correspondente. Noutra tarefa describimos oralmente diferentes profesións, escribimos o seu nome e compuxémolo con gomets. Tamén fixemos quebracabezas de diferentes superhéroes e superheroínas; e por último, xogamos ao bingo fonético, pois ían saíndo os sons das diferentes letras e tiñamos que ir marcando as que aparecían nas nosas tarxetas. Moitas grazas a Ana e a Vanesa pola vosa implicación nas nosas actividades!!!

 

Nos talleres da aula de 4º de Infantil seguimos traballando  a grafomotricidad; esta vez recortando peliños para unhas caras moi simpáticas. Tamén tivemos que buscar o noso nome entre todos os da clase e escribilo. E o último dos talleres foi o que máis lles gustou, o bingo de letras. Moitas grazas á mama de Thais e ao papá de Sara.

ANIVERSARIO DE AITANA

O xoves da semana pasada na aula de 3 anos festexamos o aniversario de Aitana que xa cumpriu os 4 aniños. Pasámolo moi ben!!! E ademais para celebralo Aitana convidounos a unhas galletas que estaban boísimas. Moitas grazas Aitana.

PARABÉNS UNHA VEZ MÁIS DE PARTE DE TODAS E TODOS.



Entroido 2019

Levamos toda a semana a celebrar o Entroido!!!

Empezamos cos mandados do Meco! O xoves contamos coa colaboración de nais e avoas para facer filloas no cole... estaban boísimas!!! E hoxe venres, fixemos un pasarrúas ata o Concello e, á volta, merendamos no cole coas cousiñas traidas por todas as familias! Rosquillas, filloas, orellas...riquísimas!!! Para finalizar o alumnado de 6º de Educación Primaria sorteou unha cesta de produtos típicos do Entroido entre todos os asistentes! 

Grazas a toda a comunidade educativa pola vosa colaboración!!!

 

 

Love Stories en 6º EP

Hello!

Durante o mes de febreiro, en 6ºEP estivemos a preparar historias románticas. Esta semana as gravamos e agora as compartimos con vós para que poidades velas e escoitalas na casa.

We hope you like them!

 

A CIENCIA NO PROXECTO: VAMOS AO POLO NORTE? EXPERIMENTO NEVE ARTIFICIAL

Esta é unha das propostas que nos achegou  a científica Paula, nai de Tristán, relacionada co noso proxecto. Facer neve artificial  dun xeito moi fácil e rápido, cunha proporción de crema suavizante do pelo por dúas de bicarbonato e LISTO! amasar.

Probade porque é espectacular a textura que toma e se a metedes na neveira mellor porque estará fría e conseguiremos conservala por un tempiño. Veredes que é agradable ao tacto e fresquiña, ademáis de  moi moldeable, polo que poideron utilizar varios moldes  e facer así os lagos, iglús,  bonecos, montañas ou simular con animais o Polo Norte que tan lonxe está.

Experimentar e sentir  forman parte da aprendizaxe e que poidan divertirse á vez que observan de preto como a través da química podemos transformar as sustancias aínda mellor.

Paula volve cando queiras, esperámoste!!!!

 

 



 

 

CUARTO MANDADO

O mandado da bruxa Encarnación para este xoves era: TRAERÁS PIXAMA AO COLE. E, como non podía ser menos, cumprímolo todas e todos.

 

 

Distribuir contido