Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Educación infantil
VERBAS: MAIO II
Seguimos traballando no ambiente de verbas con distintas propotas:
Na mesa de tranvases encontramos arroz con pedras de cores para tranvasar, encher, baleirar... e na mesa sensorial creamos minimundos con pezas soltas.
Na zona de lectoescritura traballamos coas letras lixa e as fixemos na area. Tamén buscamos as letras que tiña o tarro dentro e formamos palabras.
Na mesa de motricidade fina, nuns círculos de cartulina fixemos co sacabocados disintos ocos e coa agulla e un pouco de fio pasamos por esos ocos creando así distintas formas.
Na zona de grafomotricidade fixemos dintintas grafías e as decoramos ao noso gusto.
En canto a vida práctica, aprendimos a limpar os zapatos. Cun cepillo con auga e xabón o limpamos e logo con auga o aclaramos.
E coma sempre, limpamos os cristais, cociñamos, coidamos os bebés e descansamos na cama.
PARABÉNS CHLOE!
O 8 de xuño Chloe cumpliu 5 anos.
Canto cambiou Chloe! Vimos as fotos dende que Chloe estaba na barriga da súa nai, esta foto encantounos xa que grazas a ela coñecimos como era Chloe xa antes de nacer. Chamounos moito a atención que nas fotos de bebé non tivera o pelo tan rizo como o ten agora.
Grazas Chloe pola merenda e por todas as fotos que compartiste con nós.
PARABÉNS CARMEN!
O pasado 6 de xuño Carmen estivo de aniversario.
Despois de dar as 5 voltas ao redor do sol, pasar por todas as estacións do ano, meses, semanas e días chegamos o 6 de xuño deste ano, donde Carmen cumpliu 5 anos.
Parabéns Carmen. Agardamos que pasaras un día xenial.
Grazas pola merenda e polos abrazos.
VISITA AO CEIP DE ESTEIRO E AO SEU MUSEO DO XOGO E DO XOGUETE
Hoxe as nenas e nenos de educación infantil fomos ao CEIP de Esteiro para que o alumnado de 6º nos amosase o seu museo do xogo e do xoguete e nos fixeran unha demostración de diferentes xogos populares como a rá, o arrastramortos, as carreiras de sacos, o tiro da corda, xogos con cancións como o pase misí, pase misá e moito máis.
Ademais fomos recibidos co seu novo himno que estrearon o pasado venres e que fai referencia ao seu impresionante museo do xogo e do xoguete co que quedamos abraiadas e abraiados: zancos, bonecas, xogos de cordas, buxainas de todo o mundo (incluído Fene)...
Estamos moi agradecidas e agradecidos ás nenas e nenos que hoxe nos explicaron e xogaron con nós e tamén ao profesorado que nos acompañou. Moitísimas grazas por abrirnos as portas do voso cole, estamos desexando volver!
CONTOS DE BOCA 3º TRIMESTRE
Neste tercer trimestre contamos coa presenza de Emilio e Lilí para os contos de boca.
Emilio, o papá de Lara F, trouxo un conto que nos encandilou a todas e todos e pasamos un rato moi agradable escoitándoo.
Lilí, a tía de Aitor ,é bibliotecaria e tivemos a gran sorte que trouxo catro contos para ler con nós. Estivemos tan atentas/os que limos os catro e ainda queríamos máis.
Grazas Emilio e Lilí pola vosa compañia.
MATES EN FAMILIA 26 DE MAIO.
O pasado 26 de maio tivemos o último mates en familia deste curso.
Contamos coa visita de Raquel e Iris, Silvia, María e David.
Para este día tan especial escollimos os xogos que máis nos gustaron dos talleres anteriores. Pasámolo xenial!
Grazas familias por vir a pasar todos os venres un ratiño a nosa clase e poder disfrutar da vosa compañia.
MAR DE PALABRAS 19 MAIO
Hoxe en mar de palabras tivemos a visita de Natalia, Alejandra, Fani e Alberto.
Con Alejandra xogamos a ler a tarxeta que nos tocara, buscala no crucigrama e completar coas letras que correspondían.
Natalia xogou con nos a buscar e rodear todas as imaxes que comezaran por cada letra que elixíamos.
Alberto foi o encargado do bingo de palabras e por último, Fani axudounos a xogar a oca de letras, tirando o dado e dicindo en alto o nome da imaxe que nos tocou buscando despois a letra pola que comezaba esa mesma imaxe.
Grazas familias!
VERBAS: MAIO I
Durante parte do mes do maio no ambiente das verbas levamos a cabo distintas actividades.
En canto a lectoescritura, traballamos coas letras lixa pasando os nosos dedos por enriba da letra ou completanto a letra con pezas de distintas cores. Fixemos unha ficha onde tíñamos que completar con selos de letras as palabras e por último, escribimos palabras que comezaran polas letras do noso nome.
Na zona de grafomotricidade fixemos brochetas de formas partindo dunhas indicacións concretas.
Na mesa de motricidade fina completamos os peixes con pompóns que tíñamos que coller coas pinzas e completamos palos de madeira con broches de cores.
Transvasamos fabas, abotonamos e desabotonamos, cambiamos os cueiros aos bebés, limpamos a aula e dobramos a roupa.
MATES EN FAMILIA 12 DE MAIO
O pasado venres 12 de maio viñeron a xogar a mates en familia, Victor, Roberto, Silvia, Carol e Fany.
Con Victor xogaron a contar as froitas e tocar o timbre para dicir o resultado o máis rápido posible.
Roberto foi o encargado de buscar cantas imaxes tiña cada tarxeta dependendo do número de puntos que saíra en cada unha.
Con Silvia tiraban un ou dous dados, a escoller. Dependendo do número que saíra tiñan que poñer no traboleiro o peixe enriba dese número.
Carol encargouse de ir sacando tarxetas con distintas series de cores e elas/es facían esa composición e toda presa.
E por último, con Fany fixeron unha ficha onde tiñan que contar o número de obxectos.
Grazas familias.
