Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Educación infantil
MOMENTOS DO NOSO TRIMESTRE
Neste video podemos ver algúns momentos do primeiro trimestre. Momentos nos que compartimos todos e todas xunt@s, como o equipo que somos e que traballamos para ser a nosa mellor versión tanto de forma individual coma grupal.
Momentos de patio, de aula e de moito traballo. Aínda que neste video non se ve todo o que traballamos se ve o máis importante; a felicidade dos bos momentos. Que é o que vamos a recordar dentro duns anos cando botemos a vista atrás.
NADAL EN VERBAS
Rematamos o trimestre traballando o nadal no ambiente de verbas.
Fixemos unha morea de actividades relacionadas coa etapa que estamos a vivir; O NADAL!
Encontramos na mesa sensorial un pequeno mundo de nadal para poder deixar voar a nosa imaxinación.
Creamos as barbas de papa noel con grafismos. Árbores de nadal con tapóns, completar renos con chimchetas, debuxos con gomas de cores,
postais de nadal, cosimos renos e bonecos de xenxibre con botóns para decorar as nosas árbores da casa, na mesa de tranvases buscamos distintos obxectos,
limpamos cristais, coidamos os bonecos, xogamos na cociniña, na zona de lectoescritura buscamos palabras secretas e completamos nomes de nadal.
Pero sobre todo, disfrutamos moito destas datas xa que son moi especiais.
CONTOS DE BOCA
Durante este primeiro trimestre viñeron a contos de boca: Carol, Natalia e Alberto.
Grazas familias por vir a contarnos un conto.
PEQUENO PROXECTO: O UNIVERSO
Durante o mes de outubro estivemos levando a cabo un pequeno proxecto sobre o universo.
Partiu do interés que vimos na aula por descubrir e responder a moitas preguntas.
Fixemos unha primeira asamblea para ver o que sabíamos e o que queríamos saber.
ASEMBLEA 9 DE OUTUBRO SOBRE O UNIVERSO
QUE SABEMOS?
- Que é o universo?
Martín: O espazo
- Que hai no espazo?
Julia: Os planetas
- Cantos planetas hai?
Martín: 8 (Saturno, Terra, Xúpiter e Marte)
Julia: E o sol
- Hai algo máis que satélites?
Martín: Si, estrelas
Nuno: Estrelas fugaces
Martín: Iso son meteoritos
Aitor: Só hai satélites
- Que son os meteoritos?
Martín: Son pedras que mataron aos dinosauros. O máis grande é o Sol, que é unha estrela.
- Que é un satélite?
Martín: Envía ondas á televisión e ao móbil para poder ver vídeos.
Nuno: Os planetas xiran ao redor do sol.
- Os planetas xiran ao redor do sol ou xira o sol arredor dos planetas?
Nuno: Os planetas arredor do sol
Martín: O sol arredor dos planetas. Cando o Sol está en China aquí é de noite porque China está
na outra punta do mundo.
- Se é de día vemos o Sol, e se é de noite...
Marta: A Lúa
Nuno: Cando hai lúa chea vémola ata que é pequena.
- Entón, existen diferentes tipos de lúa?
Pablo: Hai unha enteira.
Martín: Hai veces que non hai Lúa
- A lúa ten luz?
Adrián: Unha pouquiña
- A Lúa cambia de forma na mesma noite?
Nuno: Non
Martín: Tarda 24 horas en cambiar.
Nuno: Canto pesan os planetas? Porque os planetas non pesan. Flotan no espazo. No espazo
todo flota, hai gravidade. Isto fai que todo flote.
- Que é a gravidade?
Martín: É gas
Carmen: As estrelas fugaces aterran na Terra.
Adrián: O Sol canto queima?
Nuno: O Sol queima 2 quilos.
Martín: Pero, se o Sol non pesa, como está controlado? Co aire?
Nuno: O Sol non é unha estrela normal, é unha estrela xigante que xira moito.
Martín: Os astronautas cando viaxan ao espazo teñen uns traxes que poden traballar preto da
Lúa.
Nuno: Pero no espazo non hai aire.
Lucas: Os foguetes dos astronautas poden atravesar a atmosfera.
- Que é a atmosfera?
Lucas: A atmosfera protexe a Terra para que non entren meteoritos.
Aitor: Pero se no espazo non hai aire por que voan os foguetes?
Nuno: Porque están atados a un cinto.
- Por que van os astronautas ao espazo?
Martín: A explorar
Nuno: A explorar Marte
- Que hai en Marte?
Martín: Marcianos.
QUE QUEREMOS SABER?
Martín: Como se fixeron ás persoas? Como se fan os meteoritos? E os planetas? E as estrelas?
Nuno: Canto queima o Sol
Aitor: O mundo saíu dunha estrela?
Martín: O nome de todos os planetas.
Lucas: As fases da Lúa.
Depois fixemos moreas de actividades que podedes ver no video.
Grazas profe Marta por este proxecto tan interesante, con actividades moi divertidas, coas que aprendimos moreas de cousas e sobre todo, aprendimos pasando moi bos momentos.
PARABÉNS PABLO!
Onte Pablo estivo de aniversario. Cumpliu 5 anos!
Pablo é o ultimo da nosa clase en cumplir anos e o celebramos por todo o alto.
A súa familia contounos na nota de audio que Pablo quixo nacer cando o seu irmán Brais estaba nunha competición. E todos comenzamos a rir moito.
Cánto nos gusta escoitar pequenas anécdotas.
Agardamos que pasaras un día xenial. Un abrazo moooooi forte
MATES EN FAMILIA 1 DE DECEMBRO
O pasado venres viñeron a xogar o último mates en familia do ano; Fani, Raquel, Silvia, Natalia e Julia.
Xogamos coa baralla de cartas a facer series numericas, estreamos o xogo de mesa "la escalera encantanda" onde tíñamos que tirar o dado e subir co pantasma cantas escaleiras saira no dado, tamén o xogo de mesa "o arrecife" que, tirando dous dados podíamos formar ata o número 100. Unha vez saira o número o buscamos no taboleiro.
Cada nena/o tiraba un dado e escribía no seu cartón o número que lle saía contando os puntiños e por último, un xogo de cartas onde tíñamos que sacar a carta máis alta para poder así levarnos todas.
Grazas familias por vir a xogar un venres máis.
OUTONO EN VERBAS
Durante este mes estivemos traballando en verbas sobre o outono.
Levamos a cabo distintas actividades variadas e sobre todo con distintos niveis para que cada neno/a decida traballar partindo dos seus intereses. Algunhas das propostas foron:
Minimundo de outono con follas, madeiras, piñas, cogomelos...cos cores típicos do outono para deixar voar a súa imaxinación.
Xogamos o vexo vexo. Con fotos de paixaxes otoñais buscamos coa lupa todo o que podíamos escribir.
Fixemos un crucigrama con vocabulario de outono.
Fixemos gnomos de grafomotricidade. Con follas, gomets e cartulina coma se foran gorros.
Creamos figuras seguindo un modelo cos legos.
Limpamos o espello, xogamos a cociniña, descansamos na cama e coidamos os bebés.
Traballamos a vida práctica colando lentellas, transvasando dunhas cuncas a outras e cambiamos castanas de cesto cunha culler.
Seguimos series otoñais.
Na mesa de tranvases colamos garbanzos, os collemos coas pinzas, as puxemos en vasos, etc
Troquelamos follas.
Disfrutamos mooooito na biblioteca.
Moitas destas actividades coma os tranvases ou vida práctica podedes ver no video as lentellas polo chan, ou que esas actividades que algúns fan pasando de tarro en tarro outr@s o fan coas mans e aínda que logo quede todo tirado e que teñamos que recoller é moi importante que cada un/unha experimente libremente e que pouco a pouco o vaian facendo por imitación deixando liberdade de tempos. Estas actividades son moi importante xa que traballamos non só a motricidade fina, senón tamén a concentración, a atención, a coordinación e a súa autoestima. Ademáis, traballando con materiais ou obxectos da súa vida diaria.
E logo queda todo recollido, limpamos, pasamos a vasoira, dobramos a roupa... somos un bo equipo.
MARTES DE BIBLIOTECA
Todos os martes antes de marchar estamos un ratiño na biblioteca. Non só cambiamos os libros de préstamo que levamos a casa para ler durante toda a semana senón que desfrutamos da biblioteca xogando cos distintos materiais, xogos de mesa, e moitas outras actividades e sobre todo aprendemos a respectar os libros e sobre todo a buscar os que son do noso interese para poder así espertar o amor pola lectura.
Aquí algunhas fotos destes pequenos momentos dentro da nosa rutina.
PARABÉNS MARTIÑO!
O pasado 25 de novembro Martiño estivo de aniversario. Xa cumpriu 5 anos!!!!!
Onte o celebramos todos xunt@s na clase, xa que Martiño non puido vir antes ao cole. Que ganas tíñamos de compartir con el un día tan especial.
A súa familia enviounos unha nota de voz moi, moi especial, onde nos contaban algunhas anécdotas ao largo estes marabillosos 5 anos.
E sen dúbida quédanos moi claro que Martiño comezou moi pronto a falar e non temos dúbida xa que, na nosa clase é moi dicharacheiro.
Martiño, morea de abrazos e bicos.
Agardamos que o pasaras moooooi ben.
PARABÉNS MARA!
Hoxe está Mara de aniversario. Cumple 5 anos!
Trouxo unha nota de voz moi, moi divertida e que, ademáis a fixo ela. Mamá e papá lle contaron que fai xa 5 anos, o 27 de novembro era martes. Mara naceu ás 8:30 da tarde e tirou tan forte o chupete que os espertuo aínda que, Mara durmia moito e a tiñan que espertar para comer. Canto nos gusta escoitar estas anécdotas!
Grazas Mara pola tua ilusión e sempre, o teu sorriso.
Agardamos que pasaras un día xenial.
Un bico mooooooi forte
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »