Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

5º Educación infantil

8 MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo celebrouse o Día Internacional da Muller, na aula de 5º de educación infantil realizamos moitas actividades que nos levaron a reflexionar sobre a importancia de seguir loitando pola igualdade, xa que chegamos á conclusión de que ésta todavía non está conseguida. Tamén participamos nas actividades de centro plantexadas dende o contrato programa IgualaT.

Mandados da bruxa

Seguimos cumplindo os mandados da bruxa Encarnación, o martes ven decoradiños os nosos pescozos e o mércores mandil ou mandilón.

Un mar de palabras

No último venres de mar de palabras Álvaro o pai de Laura e Nerea a nai de Lucas Puentes participaron na dinamización de dous xogos, o primeiro no que debían emparellar as imaxes co seu nome e o segundo no que tiñan que rodear as imaxes que empezaban polo son indicado. Tamén fixeron unha sopa de letras, na que tiñan que atopar palabras do vocabulario de inverno.

 

Primeiro mandado da Bruxa Encarnación

As nenas e nenos de 5º de educación infantil cumplindo o primeiro mandado da Bruxa Encarnación.

Bruxa Encarnación I

A semana pasada enterámonos de que a Bruxa Encarnación fixera un cambio total de aspecto e quixemos facer unha exposición coas posibles melloras que cada quen consideraba para a nosa querida bruxiña; finalmente o venres apareceu a Bruxa e...a verdade...non acertamos moito!!

Aniversario Adriana

Hoxe celebramos o aniversario de Adriana, xa empezan a cumplir 5 anos!! Encantáronnos as historias que seu pai e súa nai nos contaron.

 

Maleta sostibilidade

Durante o mes de xaneiro desfrutamos na aula de 5º de educación infantil do marabilloso contido da maleta de sostibilidade que crearon para nós dende o equipo de biblioteca. Nela atopamos moitísima información sobre o PDI que estamos a desenvolver durante este curso; encantáronnos tanto os libros informativos coma os contos e aprendimos moitísimo con eles.

Coidamos as plantas

Xa temos na clase as plantas que imos coidar con moitísimo cariño este trimestre, pero o primeiro que fixemos foi saber o seu nome e cales son os coidados que precisan; esperamos que se sintan ben na nosa clase e que medren moito.

Aniversarios

No mes de decembro Laura e Lucas cumpliron 4 anos, que maiores están estas nenas e nenos; PARABÉNS!!

Contos de boca

A semana pasada tivemos a visita de Diego o pai de Lois para ler un conto, xa casi é o noso pai lector oficial! Nesta ocasión trouxo o conto El gigante: El secreto del abuelo. Unha historia de tolerancia onde coñecemos a un neno que co paso do tempo comprende que existen segredos demasiado grandes para estar ocultos. Grazas unha vez mais Diego por acompañarnos.

Distribuir contido