Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

5º Educación infantil

SAMAÍN 2024

Moito medo no samaín, pero con disfrute e agrado!

 

GRUPOS INTERACTIVO:UN MAR DE PALABRAS I

Hoxe tivemos o primeiro taller de "Un mar de Palabras " e para esta ocasión presentamos o xogo de mesa cooperativo "Times Up Kids" de descripcións de cartas no que teñen que gañarlle ao reloxo que leva o tempo e adiviñar as 20 cartas propostas(magnífico xogo para falar e falar e así traballar a oralidade,expresión e vocabulario).Tamén presentamos "Tapple",no que nos iniciamos para recoñecer sonidos fonéticos coa súa grafía e tamén para localizar os fonemas das palabras solicitadas.Por outra banda tivemos un taller de degustación do maracuyá,cuio froito crece no noso centro e despois deremexer todas as letras da palabra colocáronnas en orde segundo o son que escoitáramos.Xa na derradeira mesa tiñamos tarxetas para identificar e discriminar sons, colocando a pinza no correcto e repasando o seu trazo.

Coma sempre a autoevaluación é moi positiva,queren as familias nas aulas para  xogar  e xogar.

CANCIÓN FAVORITA E OS SEUS VÍNCULOS

 

Iniciamos este curso coa dinámica a" Canción Favorita",cada día seguindo un calendario levaban unha guitarra española a casa para tocala e sentila cun pendrive para gravar a súa canción preferida e así compartila ao día seguinte co seu grupo.Ademáis tamén se incluía na funda da gitarra un dossier para completar con datos da canción, coma o título,autor/a e motivo polo que é a favorita.Levamos moitas sorpresas con algunhas cancións escollidas.

O obxectivo desta dinámica de cohesión coma en todas é que o grupo clase se coñeza entre sí pero coa “Canción Favorita”sobre todo o que conseguimos foi crear un ambiente de máis confianza e lograr con él un mellor clima de interrelacións entre todas as nenas e nenos.

Compartir as cancións favoritas do grupo foi  máis que un feito musical en sí,foi entendemento,respecto,diversión,expresión e aumento do coñecemento mutuo;establecendo relacións afectivas,de complicidade e de autoestima(“cómo me gusta tu canción”)

  Na interpretación de moitas cancións poidemos vivenciar coma texían conexións sociais e expresivas,cada quen movíase ao seu ritmo  bailando,cantando ou facendo teatro.Houbo expresións deste tipo”esa me gusta a mí”,”esa la tiene mi madre en el coche”,etc…Eu só podía dicir”bravo”a ese abano de cancións sentimentais e tranquilas ou rápidas e activas. Escoitamos tanto bandas sonoras como cancións comercias de moda e por suposto o mellor foi ver como lles gustan todos os tipos musicais”É MÚSICA” ,e a música une.

 

 

CONTOS DE BOCA OUTUBRO

Un ano máis disfrutamos do programa "CONTOS DE BOCA" na nosa biblioteca e nesta ocasión Cris a nai de Mario  contounos "A árbore da escola" magnífico conto cunha gran importancia medioambiental.Unha historia que narra a relación entre un neno e unha pequena árbore que vai medrando grazas ao agarimo que recibe del e ao afecto doutros compañeiros e compañeiras que seguen o seu exemplo.

 

GRUPOS INTERACTIVOS:MATES EN FAMILIA II

Como cada venres xuntámonos na aula coas familias para levar a cabo os talleres interactivos.Este venres xogamos con :

  • Serpentina,xogo de mesa para crear serpes e canto máis grandes mellor; a modo de dominó enlazando cartas e facendo coincidir as cores que ten a serpe coa que sae do mazo.Traballando así a lóxica e a orientación espacial
  • Kayanak,no que teñen que pescar peixes movendo ao seu oso polar polo taboleiro tantos buratos coma indique o dado ou tamén poden picar.Traballan habilidades como a lóxica e a moticidade fina e grosa.
  • Bloques lóxicos.Familiarizarse cos atributos,verbalizando e observando os mesmos.
  • Taboleiro do 100.Ordear os números do 1 ata o 30 e dictado de coloreado dos números do 1 ao 15.

En todos os xogos intentamos que sexan gañadores cooperativos e non individuais,cambiando as normas do xogo se fixera falta para formentar os equipos.

Grazas familias de novo.

ANIVERSARIO DE GALA

Hoxe tivemos a celebración do aniversario de Gala con aspitos,tiróns de orellase cancións,é o primeiro do curso e vivimos momentos moi máxicos cando escoitamos o audio que enviou a súa familia para coñecer a historia da súa vida.Descubrimos varias cousas que non sabíamos dela como que lle gusta pasear en barco co seu pai e a pescar,os animais e andar en bici.A súa familia relatou a súa historia con moita tenrura e agarimo,PARABÉNS GALA POR ESES 4 ANOS!

 

 

A BIBLIOTECA

Empezamos a visitar a biblioteca e a facer o empréstito do conto ,sendo partícipes do proceso anotando o seu  número de carné.Na biblioteca teñen moitos recursos de aprendizaxe e fan uso de moitos deles,contos,xogos,música,pintura creativa,xogos de mesa,et...

Todos os martes visitaremos a biblioteca para desfrutala con actitude tranquila e respetuosa ,tanto do espazo como dos libros e materiais para crear e consolidar hábitos lectores.

Dende o entorno familiar podedes contribuir  léndolles o conto que levan  na mochila aproveitando a facer énfase no relato con xestos e entonacións,ter o conto sempre ao seu alcance por se quere tocalo e míralo proporcionándolles un espazo para colocalo ,é un bo momento para ler conxuntamente cas vosas fillas e fillos tanto imaxes como palabras compartindo momentos únicos.

 Pensade que todas as experiencias que vaian adquirindo antes de saber ler,van determinar a súa actitude ante os libros.

GRUPOS INTERACTIVOS:MATES EN FAMILIA I

Empezamos grupos interactivos este primeiro venres do mes de outubro,con mates en familia.Nesta ocasión apostamos polos xogos de mesa que axudan ao desenvolvemento das súas capacidades motrices,mentais e sensoriais.Igualmente desenvolven a concentración,a memoria,a observación e a imaxinación.Algo moi importante é que ensinan a cumprir as normas de convivencia.

Con xogos cooperativos como “Funny Forest”,xogo de aventura polo bosque no que non paran de moverse dados os retos que plantexa,”El frutal” intentan recolectar as froitas das árbores antes de que as roube o corvo, e  con “Erizos a rodar”no que teñen que facer rodar unha pelota para que se lle peguen pegatinas e así poder moverse polo sendeiro segundo crean convinte avanzar.

Outra actividade foi recoñecer a grafía dos números,cantidades,trazos e sumas con pedras preciosas.

 

Importante e imprenscindible a colaboración das familias.

 

COMEZAMOS CURSO 24-25

Xa estamos de volta no cole e máis que superada a adaptación ao novo curso.Tivemos moita alegría de reencontrarnos e contarnos cousas do verán.Por suposto ensinar os “tesouros do verán” polos que tanta emoción  tiñan e xogar con eles.Realizaron diversas actividades libres e outras propostas,espirais,caras,cohetes,hélicesde eólica,luces,un mar de tartarugas,un reloxo,clasificacións por cores,numeración e limpeza con auga para velos brilar porque como están erosionadas estaban mates.

Recibimos a Alexa unha compi novo e levamos a cabo unha dinámica de cohesión para presentarnos e falar algo de nós mesmos e así  nos coñecera mellor a cada un de nós.

Recuperamos rutinas de coidado da aula,respeto aos demáis,esperar turnos para falar,axudar se nos piden axuda e moitas outras cousas.

Ao longo deste mes de setembro a dinámica de aula foi entrada con zapatillas e mandilón (para retomar a motricidade fina que presentaban ) para dirixirse ás propostas, incluíndo unha obrigatoria  para poder facer a avaliación inicial e ver como se atopan  para avanzar segundo o seu caso particular.

Iniciámonos cun repaso de actividades:trazado con sémola de números e letras resaques metálicos para identificar figuras xeométricas e facr grafismos creativos,recortado,transvases,series de 3 e 4 criterios seguindo as cores das bandeiras do mundo(tiñan que buscar unha bandeira de polo menos 3 ou catro cores e despois facer unha serie )distribución espacial,construccións e algunha nova como a retroconta numérica dende o 10 ata 0 cun cohete.

Empezamos a falar e ler sobre o Outono,tanto características do tempo como cambios na natureza e manipulación de ourizos de castañas

Tamén falamos das verduras,froitas e hortalizas que trouxeron para montar o mercado,traballando  con elas a clasificación,o vocabulario e o conteo das mesmas.Motivo que nos levou a empezar cos Bits de Intelixencia”El mercado” ampliando o vocabulario.

 

E o mellor de todo ,desfrutamos este reencontro no patio que tantas oportunidades de comunicación nos ofrece.

Distribuir contido