Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

5º Educación infantil

MAR DE PALABRAS 21 DE ABRIL

Hoxe en mar de palabras tivemos a sorte de poder xogar con Julia, Silvia, Lilí e Carlos o padriño de Daniel.

Con Julia xoamos a completar con letras de madeira as palabras das tarxetas.

Con Silvia completamos unha ficha onde tíñamos que poñer a letra pola que comezaba cada debuxo.

Con Lilí escollíamos unha tarxeta dos catro grupos que nos ofrecia: animais, alimentos, deportes e nomes de persoa. Detrás de cada carta encontrábamos 4 letras e nos tíñamos que pensar unha palabras que tivera unha desas letras.

E por último, como Carlos era a primeira vez que viña a nosa clase xogamos o bingo que é unha das actividades que máis nos gusta.

 

Grazas familias por vir a pasar este ratiño con nos. Agardamos que o pasárades moi ben.

 

PARABÉNS CARMEN F!

PARABÉNS CARMEN!

 

Hoxe, 17 de abril Carmen cumpliu 5 anos.

Todos chegamos a conclusión de que Carmen creceu moito pero sen dúbida a cara de pillería segue sendo a mesma.

Despois de dar as voltas ao redor do sol celebramos dándonos un abrazo xigante.

Agardamos que disfrutaras moito de este día.

PARABÉNS DANIEL!

O pasado 9 de abril, Daniel cumpliu 5 anos.

Despois de dar 5 voltas ao redor do sol, pasando días, meses e anos chegamos o día de hoxe, onde Daniel xa ten 5.

Está moi maior e cambiou moito dende o día que naceu.

Daniel, agardamos que disfrutaras moito do teu día.

 

Un bico moi moi forte

 

PARABÉNS JULIA!

O 7 de abril Julia estivo de aniversario. Cumpliu 5 anos!

Vendo as fotos recordamos como era Julia cando naceu, din que non se parece en nada a como é agora. Pero cando Julia cumpliu 1 ano si que xa se parecía moito. 

Ademáis, Julia contounos que cando cumpliu 2 anos estaba na casa encerrada xa que había un virus. 

Agardamos que pasaras un día xenial.

Un bico moi moi grande Julia. 

 

 

 

PARABÉNS JULIA!

O 7 de abril Julia estivo de aniversario. Cumpliu 5 anos!

Vendo as fotos recordamos como era Julia cando naceu, din que non se parece en nada a como é agora. Pero cando Julia cumpliu 1 ano si que xa se parecía moito. 

Ademáis, Julia contounos que cando cumpliu 2 anos estaba na casa encerrada xa que había un virus. 

Agardamos que pasaras un día xenial.

Un bico moi moi grande Julia. 

 

 

 

MATES EN FAMILIA 24 de marzo

Hoxe viñeron a mates en familia Silvia, Verónica e a avoa de Lara M.

Completamos os números coas diferentes cantidades, xogamos o dominó, levamos a cabo unha ficha donde tíñamos que colorear as formas xeométricas dependendo da cor que nos indicaba e por último, tiramos o dado e dependendo do número que saíra collíamos a cantidade de flores que nos indicaba,  para así intentar que a abella non saltara polos aires.

 

Grazas familias por vir.

 

 

CONTOS DE BOCA 2º TRIMESTRE

Durante o 2º trimestre viñeron a CONTOS DE BOCA: Carol, Alba e Silvia.

Grazas familias.

PROXECTO: OS PINGÜÍNS

Durante o mes de febreiro levamos a cabo un pequeno proxecto de aula sobre OS PINGÜÍNS.

Despois de moito debater, estos foron os animais elixidos para facernos expertos e expertas. 

Primeiro levamos a cabo unha asamblea para aclarar o que sabíamos e o que queríamos saber.

 

ASAMBLEA LUNS 23 DE XANEIRO DE 2023.

 

- QUE SABEMOS DO INVERNO? 

 

AITOR: Pingüíns

CARMEN S: neve 

JULIA: Oso polar

MARA: Frio

MARTA: Xeo

MARTÍN: Polo norte

 

- QUE SABEMOS DOS PINGÜÍNS? 

 

ADRIÁN:que a auga está fria

MARTÍN: están desnudos

AITOR: teñen frio e plumas

CARMEN F: comen peixe

DANIEL: viven no xeo

MARTÍN: son torpes

ADRIÁN: lles gusta tirarse a auga fria

 

- QUE SON OS PINGÜÍNS? 

 

MARTÍN: animais

 

ONDE VIVEN OS PINGÜÍNS ?

 

AITOR: viven no xeo

JULIETA: no polo norte

CARMEN F: nun cubito de xeo

MARTÍN: en iglús

 

- COMO NACEN OS PINGÜÍNS? 

 

MARTÍN: na barriga 

AITOR: como os bebés

MARTIÑO: na barriga da súa mamá

LUCAS: dun ovo

CARMEN F: nacen e son un bebeciño moi mono 

 

- QUE COMEN OS PINGÜÍNS ? 

 

CHLOE: peixes

AITOR: vermes

CARMEN F: comen xeo

MARTÍN:  os osos polares non comen os pingüíns porque viven en sitios distintos.

 

- COMO SE DESPRAZAN DE UN SITIO A OUTRO? 

 

CARMEN S: de puntillas

JULIETA: movendo os pés

MARA: coas mans pegadas o corpo

MARTA: coa barriga 

 

- QUE HAI DEBAIXO DO XEO? 

 

MARTA: neve

ADRIÁN: auga

MARTÍN: hai xeo porque o xeo flota.

 

 

QUE QUEREMOS SABER? 

 

-Que son os pingüíns?

-Como son?

-Onde viven?

-Como nacen?

-Que comen?

-Como se desprazan?

 

Informamos as familias, recabamos información de libros, revistas, periódicos, internet... limos contos, vimos videos, etc.

Fixemos moitas actividades sobre eles respondendo así as nosas preguntas.

Neste video tedes pequenos resumes que agardamos que vos gusten tanto como a nós e sobre todo, que poidades ver un pouquiño do que gozamos deste proceso.

 

Grazas.

 

MAR DE PALABRAS 17 MARZO

O 17 de marzo en mar de palabras estivemos moi ben acompañad@s. 

Viñeron a xogar con nós: Silvia a nai de Gio e Gelis, Ana e Laura; as avoas e a mamá de Carmen S. 

Ana encargouse do xogo das estrelas, unha versión da oca, onde tiraban o dado e dician por que letra empezaba a imaxe e escollian a incial de madeira do cesto e quedaban con ela ata rematar.

Gelis xogou ao bingo das letras. Este xogo sempre nos encanta. 

Silvia axudounos a completar con letras as palabras e por último, Laura foi a encargada de axudar a levar a doc as imaxes que comezaran igual que os obxetos que tiñan que sacar dunha bolsa. 

 

Grazas familias por vir, aínda que cabe destacar que sempre o que máis nos gusta e que veñan as nosas avoas e os nosos avós. 

 

PARABÉNS MARTA

O 12 de Marzo Marta cumpliu 5 anos.

Encantáronnos as súas fotos, todos e todas chegaron a conclusión de que Marta o día en que naceu non se parecia nada a agora, era tan pequeniña.

Marta xa deu 5 voltas ao redor do sol, pasando así días, senamas, meses e varias veces as distintas estacións do ano. 

Grazas Marta por ter sempre ese sorriso que tanto te caracteriza, pasámolo xenial e agardamos que tí desfrutaras moito deste día.

Un abrazo xigante!

Distribuir contido