Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Memoria final curso 2020-2021

A Continuación publicamos a memoria final deste curso 2020-2021.

DESPEDIDA FIN DE CURSO

O martes 22 de xuño rematou o curso académico 2020-21 e entre outras cousas, a ANPA quixo celebralo con nós. Dirixímonos cara o pavillón onde deron lectura a un manifesto moi emotivo ao redor do que foi este curso escolar. Ao mesmo tempo, fixeron entrega dun premio para o/a gañador/a dun concurso organizado por eles/as, onde tiñan que realizar un debuxo para empregalo a propia ANPA como o seu logo. Finalmente a gañadora foi Daniela, unha alumna de 6ºA á cal lle encanta debuxar, e faino fenomenal!!!

Posteriormente fixeron entrega dunha medalla e duns pequenos agasaios a todo o alumnado polo ben que o fixeron neste ano tan complicado. A continuación pasamos todos e todas por un photocall montado pola ANPA, co lema do PDI traballado este ano, EMOTICENTI. Alí os/as protagonistas sentíronse verdadeiras estrelas, ou non o son??? Por suposto que SÍ!!!

PARABÉNS a todos e a todas os/as que formamos parte desta comunidade educativa: alumnado, familias, ANPA, profesorado, conserxe e servizo de limpeza.

Deixámosvos un ENLACE para ter acceso ás imaxes sacadas dese día.

Moi bo verán a todos/as!!!

Equipo docente do CEIP Plurilingüe de Centieiras

Ruta en KAYAKS pola ría de Ares

 

O pasado luns, 15 de xuño de 2021, os grupos de 5º, 6ºA e 6ºB de educación primaria, levamos a cabo unha xornada lúdico-deportiva nos arredores da praia da Madalena, no concello de Cabanas.

Poidemos desfrutar dunha serie de actividades deportivas grazas ao Clube CabanasKDM, que foi o encargado de dirixir as actividades. O tempo atmosférico foi estupendo para que os rapaces, rapazas e profesorado que acompañaron a saída, desfrutaran o máximo deste día.

Alí realizaron diversas actividades entre as que se atopan: ruta en kayaks pola ría, andaina de senderismo pola cosa até a pequena praia de Chamoso, diversos xogos na area, e tempo libre para poder darse un pequeno chapuzón. Posteriormente dispuxémonos a xantar até que o autobús nos recolleu para tornar ao colexio aí das 17h.

Unha experiencia fantástica para repetir todos os anos!!!

Deixámosvos un ENLACE para poder visualizar o realizado neste día.

Relación de libros de texto curso 2021/2022

Adxuntamos un PDF coa relación de libros de texto para o curso escolar 2021/2022

MATRÍCULA CURSO 2021-2022 DO 20 AO 30 DE XUÑO

Matricula 2021 2022

Os documentos a entregar debidamente cubertos son os seguintes que atoparedes adxuntos mais abaixo:

  • Anexo III-1: documento de formalización de matrícula de educación infantil e primaria.
  • Fotocopia da cartilla de vacinacións ou xustificante médico certificando que o alumno/a posúe tódalas vacinacións propias da idade.
  • 3 fotografías tamaño carné (co nome do alumno/a escrito no reverso)
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria individual do alumno/a
  • Datos de saúde do alumnado
  • Autorización do uso da imaxe
  • Autorización saídas educativas
  • Autorización recollida alumnado
  • Cuestionario lingua materna (soamente educación infantil)

Día do Medio Ambiente

O día 5 de xuño foi o Día Mundial do Medio Ambiente, pero no cole, celebrámolo o luns día 7 realizando unha plantación. Estivemos colocando diversas plantas gabeadoras para embelecer o valado que dá cara ao río. Aquí podedes desfrutar dalgunhas das imaxes da xornada organizadas por grupos.

 

Entrega das cestas de benestar nos centros de maiores de Fene

O venres 28 de maio Iria e Espe en representación do cole foron entregar as cestas de benestar aos centros de maiores de Fene: Afago, Resanes e Xuntanza. A cestas de benestar son o produto final do noso PDI, Emoticenti co que buscamos ter un impacto na nosa comunidade e que os nosos maiores disfruten tanto coma nós este ano.

En todos os centros nos recibiron con moito cariño e nos recalcaron as gañas que tenen de ver aos nenos e nenas e de utilizar todo o que lles preparamos. Aquí está o vídeo da entrega en cada un dos centros:

 

 

O noso proxecto de #mestradeobra

Dende xaneiro no cole tivemos unha revolución que implicou pensamento arquitectónico, moreas de creatividade e montañas de motivación. Trátase do proxecto #mestradeobra que xunto co CFR de Ferrol e con Fermín e Leticia de Sistema Lupo fomos desenvolvendo no cole.

Realizamos diversas actividades: 

  • Unha reunión inicial cos arquitectos, concello, familias e profesorado
  • Unha investigación en familia sobre as orixes e o pasado do centro
  • Aprendizaxe sobre escalas
  • Lectura e interpretación de planos e mapas
  • Traballo do pensamento crítico a través dunha análise DAFO
  • Creación de planos coas nosas ideas sobre o que nos faría felices no cole
  • Taller de construcción con pezas Lupo con Leticia e Laura
  • Formación co profesorado
  • Búsqueda do tesouro
  • Creación de maquetas
  • Exposición das nosas maquetas
  • Presentación do anteproxecto á comunidade educativa

Para ler con calma toda a información das actividades e ver as fotos de cada unha delas, podedes facer click na seguinte imaxe:

Ademáis da presentación das maquetas, os nenos e nenas de Centieiras nos explicaron como está recollido no seguinte vídeo o cole que queren. 

 

Despois de ter traballado tanto, Leticia e Fermín nos presentaron o anteproxecto que deseñaron para Centieiras. Podedes ollalo facendo click na imaxe de abaixo. A ilusión non nos cabe no corpo!

 

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS, MAIO

Non queremos rematar maio sen contarvos as novidades e cousiñas máis destacadas que as nenas e nenos do noso cole estiveron a facer neste tempo.

Nesta ocasión os encargados e encargadas de contárnolo son o alumnado de 6ºB de Educación Primaria en colaboración coas nenas e nenos de infantil.

Aquí vos deixamos o enlace para poder escoitarlo.

Esperamos que vos guste.

http://173.255.131.18/audio/280521CRONICAS.mp3

CÓNTOCHE QUE SEI FACER? MAIO

Aquí vos deixamos a última entrega do curso do programa "Cóntoche que sei facer?"

Agardamos que vos gustara e que pasarades bos momentos véndoo e descubrindo algunhas das cousiñas tan estupendas que as nenas e nenos do cole fan no seu tempo de lecer.

Grazas pola vosa participación rapaces/as. Estades feitos uns auténticos e autenticas artistas!

https://www.kizoa.com/Video-Editor/d360521395k9505440o2l1/CNTOCHE_QUE_SEI_FACER_MAIO

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2021

Ao longo da semana pasada o alumando andivo a investigar e recopilar información de Xela Arias, a autora a quen este ano a Real Academia Galega (RAG) lle adicou o 17 de maio.

Con todos os datos recadados deseñou carteis e paneis informativos da súa vida e obra para logo, montar con eles unha exposición polos corredores do colexio.

A continuación deixámosvos un vídeo que recolle as máis destacadas imaxes desta homenaxe que o noso alumnado lle rendiu.

 

https://www.kizoa.com/Video-Editor/d360523063k2919275o2l1/LETRAS_GALEGAS_2021

MAIOS

O martes 11 de maio celebramos "Os Maios" no cole.

Que ben o pasamos colocando as flores!

Ollade que ben quedaron clicando no enlace.

https://www.kizoa.com/Movie-Maker/d360268575k6452078o1l1/Maios%20centi

Distribuir contido