Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Publicada a listaxe definitiva do Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar 2023-2024

Bo día:

Está publicada a listaxe definitiva do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o ano 2023-2024 que se pode consultar na entrada do centro ou a través da aplicación FondoLibros.

Os lotes de libros de texto e os cheques de material e libros entregaranse na secretaría do centro a partir do 4 de setembro de 2023. Recordamos que o caderno de lingua inglesa dos niveis 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria non está incluido nos lotes de libros polo que debe mercarse, e pode ser pagado co cheque de material escolar.

Grazas e bo verán!

Memoria Observa_Acción Fase 2

Publicamos a memoria da fase 2 do programa Observa_Acción realizada en colaboración co CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés. Estamos moi satisfeitas do aprendido e ilusionadas polo que está por vir!

 

 

Este é o vídeo en formato entrevista que realizamos como resumo do programa:

Listaxe de libros de texto curso 2023/2024

Adxunta nesta noticia atoparedes a listaxe de libros de texto para o curso 2023/2024

ACTIVIDADE DE VERÁN: REMO!!!

Ola, rapazada! Ola, familias!

Déixovos por eiquí unha información dunha actividade de verán que promove o Clube do Mar de Mugardos.

Desexo que sexa do voso interese.

Moitas apertas... e bo verán!!!

Listaxe provisional fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Xa están publicados na aplicación Fondo Libros e na entrada do centro as listaxes provisionais de perdoas admitidas no fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. A reclamación poderá realizarse no centro de 9:00 a 10:00 na secretaría do centro ou a través da aplicación nos dous días seguintes á publicación das listaxes.

Matrícula de novo alumnado para o curso 2023-2024

Do 20 ao 30 de xuño está aberto o periodo de matriculación para o alumnado admitido no curso 2023-2024. Secretaría estará aberta de 9:00 a 10:00 de luns a venres para que as familias poidan entregar a seguinte documentación:

  • Documentación anexa cuberta e asinada polos titores/as legais
  • Dúas fotos tamaño carnet do alumno/a
  • Informe médico de vacinación
  • Fotocopia do libro de familia 
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a
  • Certificado de empadroamento

 

Centifest 2023!

O martes 30 de maio celebramos o Centifest 2023, unha mañá chea de aprendizaxe, risos e xogos, moitos xogos! Cada aula presentou os seus traballos de todo o curso e había unha morea de cousas: xadrez xigante, xogos de feira, xogos do mundo, xogos tradicionais, xogos electrónicos, xogos de mesa... unha marabilla! As familias viñeron ver o noso traballo e algunhas incluso montaron o seu propio tenderete, moitas grazas ♡ Para rematar, familias, nenos e nenas atrvéronse cunha repichoca na que escoitamos e bailamos. Conclusión: pasámolo en grande.

Aquí vos deixamos fotos e vídeo da xornada. Por moitas outras mais!

 

.

CAMIÑO Á FAMA 6ºA e 6ºB

Ola, familias!

Un novo vídeo de Camiño á Fama elaborado polos dous sextos de educación primaria o anterior venres, día 2 de xuño. Desta vez coreografían o tema "Don´t you worry". O derradeiro dos derradeiros pois este ano acaban a súa etapa no Ceip Centieiras. Amizades... a seguir bailando e desfrutando da vidaaaaa! Un pracer enorme!!!

 

CAMIÑO Á FAMA 3º EI

Ola, familias!

Deixámosovos por eiquí un nova coreografía de Camiño á Fama que fixemos este pasado venres (26 de maio de 2023). Desta vez tocoulle aos máis pequerrechos/as do colexio e unha vez máis... ARRASARON!!! Bailaron unha canción de "Uxía Lambona e a Banda Molona".

 

Obradoiro de resolución de conflitos con Andrea Bechlian

Durante 3 sesións, o alumnado de 5° de Educación Primaria gozou dun obradoiro de resolución de conflitos da man de Andrea Bechlian.

Aprenderon diferentes técnicas e os pasos que hai que seguir para resolver conflitos e o puxeron en práctica. No obradoiro o alumnado foi moi participativo e gozaron das diferentes sesións. Grazas Andrea por todo o que nos ensinaches!

Correlingua 2023

O día 23 de maio o alumnado do centro participou no Correlingua, que consistiu nun paseo desde o peirao de Caranza ata o Auditorio de Ferrol, onde desfrutamos da actuación de Brais da Hortas e Peter Punk, que xuntos forman o grupo As Monchas. Foi un concerto moi divertido, pasámolo xenial bailando e cantando as súas cancións na nosa lingua.

NA CASA, NA ESCOLA, BOTA A LINGUA FÓRA!

 

 

 

Convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar

ORDE do 10 de maio de 2023  pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 20 de maio ao 21 de xuño do 2023

A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES REALIZARASE PREFERENTEMENTE POR VÍA TELEMÁTICA NO SEGUINTE ENDEREZO (coa chave365):

ENLACE

Opcionalmente, no centro educativo, no horario de atención ás familias: 

Luns - mércores - xoves 9:00-10:30

BENEFICIARIOS: Alumnado de educación primaria matriculado no curso 2022 /2023 en centros sostidos con fondos públicos.

MODALIDADES:

 

  • Participación no fondo solidario de libros de texto : Alumnado de 3º e 4º de educación primaria.

 

O alumnado de 5º e 6º do noso centro participa no programa EDIXGAL (ordenadores alumnado), polo que non debe participar neste apartado.

 

  • Axudas para adquirir libros de texto en 1ºe 2º de educación primaria; e para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria de 1º a 6º e educación especial.  

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

 

  • Solicitude segundo o Anexo I.
  • Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

 

Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

 

  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai ou a nai ou o/a titor/a ou titores/as carezan de DNI ou NIE.

 

Comprobación de datos . 

 

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo I e achegar unha copia dos documentos.

 

  • DNI ou NIE da persoa solicitante.
  • DNI ou NIE da persoa representante.

 

Marque o recadro correspondente no Anexo I para sinalar as circunstancias que lle sexa de aplicación : 

 

  • Certificado de discapacidade expedido pola Administración autonómica.
  • Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez ou equivalente de clase pasivas.

 

Consentimento para a comprobación de datos . 

A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente: 

 

  • Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou certificado tributario de imputacións do exercicio 2021.

 

 

CAMPAMENTO DE VERÁN "JUSTO AL REVÉS"

Ola, familias!

Envíovos información que me pasaron sobre o campamento de verán que organiza a escola de tenis "JUSTO AL REVÉS". Desexo que sexa do voso interese.

Apertas varias.

Abel

Maios e Letras Galegas

O día 16 de maio celebramos na escola a festa dos Maios e o Día das Letras Galegas.

Tivemos a sorte de contar coa axuda dunha chea de familias moi implicadas en todas as actividades que se propoñen desde a escola, así da gusto! Estiveron traballando arreo desde ben cedo para axudarnos a confeccionar os nosos tres maios. Mirade que ben acompañadas e acompañados estivemos nesa xornada:

 

 

Traballamos moito e tamén desfrutamos xuntas e xuntos. Ao final, entre todas e todos creamos tres maios preciosos e cheos de cor que levamos para a pista de area da escola para continuar alí coa celebración.

Tamén decoramos o patio con bandeiras de Galicia e cos carteis informativos sobre a vida e obra de Francisco Fernández del Riego, don Paco, o autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas. Ademais, o equipo artístico da ANPA sorprendeunos unha vez máis co seu fantástico traballo creando un precioso mural de Fernández del Riego.

 

Xa na pista, o alumnado agasallou ás familias asistentes cuns bailes arredor dos maios. Primeiro foi a quenda do alumnado de infantil, que bailou "Indo Eu" e, a continuación, o alumnado de primaria bailou a Muiñeira de Lugo. Pechamos a festa coa canción "Seresín, Seresán", que cantou todo o alumnado da escola xunto.

 

Foi unha xornada preciosa, festexando a primavera e a nosa literatura!

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos dar as

grazas a todas as familias que se implicaron e colaboraron con nós,

facendo este día tan bonito e especial.

Que vivan os Maios e as Letras Galegas!!!

CAMIÑO Á FAMA 6° EI

Ola, familias!

Este pasado venres, 12 de maio de 2023, levouse a cabo unha nova coreografía de CAMIÑO Á FAMA. Desta vez tocoulle ao grupo dos maiores de educación infantil  e que o vindeiro ano estrearanse na educación primaria. Como non podía ser doutro xeito, fixérono xenial! Non mo creedes? Ollade, ollade...

 

 

Distribuir contido