Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Resultados eleccións consello escolar
Bo día,
O resultado das eleccións ao consello escolar quedou como segue:
Sector Profesorado:
- Espiñeira Filgueiras, Mª Macarena
- Fernández López, Andrea
Suplentes:
- Pernas Pérez, Alberto
- Acevedo Varela, Mª Cristina
- Leira Moreno, Mª Carmen
- González Varela, Abel
Sector familias:
- Doce Rodríguez, Silvia
- De la Viña Catro, Lorena
Suplentes:
- Gomez Freire, Mª Raquel
- Salorio Yañez Auria
- De Santiago Fernández, Paula
Sector PAS:
- Hermida González, Yolanda Josefina
Así mesmo, dende o concello e a ANPA escollaron ás seguintes representantes:
- ANPA: Ledicia Trillo González
- Concello: Juana Barro Couto
Atentamente,
Iria González Grande
Directora CEIP Plurilingüe de Centieiras
Creación dun poboado de Nadal
Dende a ANPA nos lanzan a seguinte acción para decorar o centro no Nadal: crear un poboado de nadal entre todos e todas. Para elo, pedimos a colaboración de toda a comunidade educativa. A idea é seguindo o poboado do ano pasado, crear casiñas, unha escola, unha estación de tren, vexetación... sempre feitas con cartón (dándolle a volta ás caixas para que non se vexan as marcas) ou materiais reciclados pero sen usar plásticos. As seguintes imaxe spoden servir de guía:
A data límite para traelas será o venres 26 de novembro.
Grazas pola vosa colaboración!
Mes da Ciencia. Charla-obradoiro Avances tecnolóxicos
Este martes 16 de novembro o alumnado do 3º ciclo de E. Primaria tivemos unha charla- obradoiro sobre os avances tecnolóxicos na medicina. Guillermo, pai de Emma Moreira Moure e o seu compañeiro Antonio organizáronnos unha entretida e interesantísima charla. Temos que agradeceslles a dedicación, a paciencia e o ben que nolo explicaron todo.
Publicados os criterios e procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria
Adxúntase a publicación dos criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros públicos e concertados no curso 2021/22. (código de procedemento ED330E).
Non ten que presentar a solicitude: o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.
Mais información en: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35621
Aprobados por Xefatura Territorial os días non lectivos do curso 2021-2022
A día de hoxe recibimos unha notificación de Xefatura Territorial aprobando os días non lectivos deste curso, o 7 de decembro de 2021 e o 16 de maio de 2022.
A MIÑA PALABRA GALEGA FAVORITA
Dende o Equipo de Dinamización Lingüística do Centro queremos presentarvos unha nova proposta de actividade que imos realizar ao longo deste curso con caracter mensual: “A MIÑA PALABRA GALEGA FAVORITA”.
Con ela pretendemos que o alumnado busque, recolla, coñeza e comparta con todos nós aquelas palabras que considera máis bonitas, curiosas e propias da nosa lingua.
Agardamos que esta actividade vos guste, e desfrutedes descubrindo cales son as palabras galegas favoritas das nenas e nenos de Centieiras.
Estas son as palabras favoritas do mes de Outubro.
O SAMAÍN EN CENTIEIRAS
O venres 29 de outubro celebramos o Samaín no colexio. Foi un día moi entretido, divertido e...pasámolo de medo!!!
Tivemos un feixe de actividades, entre elas: decoración das portas das aulas e dos recantos do colexio, exposición de cabazas, merendas terroríficas, fotos arrepiantes no incrible photocall creado polo Anpa do cole, lecturas a escuras, lecturas dos contos de medo dos gañadores, sesións de medo en E.F e visionado de películas de medo.
Botade unha ollada ao ben que o pasamos...
Un Samaín Analóxico / Analogic Halloween
Let's go back to classics!
Este ano dende Centieiras propoñémosvos as seguintes actividades para Samaín/Halloween:
Os días mércores 27, xoves 28 e venres 29 terá lugar no cole a exhibición de cabazas de Samaín. Por iso, todas as persoas que queiran participar deberán traer a súa cabaza decorada e expoñela na entrada do cole o mércores 27 de outubro.
Ademáis, o venres 29 teremos unha xornada especial de medo na que os nenos/nenas, PAS e profes de Centieiras poderán vir disfrazados seguindo a temática deste ano: Un Samaín Analóxico / Analogic Halloween! Para isto, non se poderá vir disfrazado de ningunha personaxe do século XXI nin con caretas (valen personaxes ata o ano 2000 incluído). Trátase dunha iniciativa maravillosa para descubrir en familia pelis, contos e tradicións coas que enriquecernos.
This is Halloween! Have fun!
PXA curso 2021-2022
Presentamos a PXA do curso 2021-2022 aprobada por Claustro e Consello escolar o marte 19 de outubro de 2021.
Cambio das rutas de transporte escolar a partir do 1 de decembro
As rutas de transporte escolar cambian a partires do 1 de decembro e hai moitas paradas que non están reflexadas nas novas rutas. Para solventalo, necesitamos que as familias usuarias nos envíen marcado no mapa adxunto mais abaixo as paradas onde están subindo e baixando o s seus fillos/as. Desta maneira podemos reclamalas ante a xefatura territorial. O prazo para enviar as paradas remata mañá xoves 14 de outubro ás 11:30h, polo que pregamos rapidez. Podedes envialas ao correo do centro co nome e apelidos do neno/a usuario/a: ceip.ascentieiras@edu.xunta.gal
Así mesmo, como Abalar non me permite deixar o canle aberto de comunicación por favor, calquer incidencia/problema no envío das paradas escribide ao correo do centro e tentaremos solucionala o antes posible.
Moitas grazas.
Listaxe material por cursos 2021-2022
A continuación atoparedes adxuntas as listas de material de educación primaria por nivel educativo.
Orde calendario escolar curso 2021/2022 e días non lectivos propostos polo centro
Os días non lectivos propostos polo centro (pendentes de aprobar pola Xefatura Territorial) serán o 7 de decembro de 2021 e o 16 de maio de 2022
Parvas saudables curso 2021/2022
Durante este curso escolar continuaremos a traballar a dieta saudable, polo que as parvas se manteñen como o ano pasado:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »
