Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

O SAMAÍN EN CENTIEIRAS

 

O venres 29 de outubro celebramos o Samaín no colexio. Foi un día moi entretido, divertido e...pasámolo de medo!!!

 

Tivemos un feixe de actividades, entre elas: decoración das portas das aulas e dos recantos do colexio, exposición de cabazas, merendas terroríficas, fotos arrepiantes no incrible photocall creado polo Anpa do cole, lecturas a escuras, lecturas dos contos de medo dos gañadores, sesións de medo en E.F e visionado de películas de medo.

 

Botade unha ollada ao ben que o pasamos...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Un Samaín Analóxico / Analogic Halloween

Let's go back to classics!

Este ano dende Centieiras propoñémosvos as seguintes actividades para Samaín/Halloween:

Os días mércores 27, xoves 28 e venres 29 terá lugar no cole a exhibición de cabazas de Samaín. Por iso, todas as persoas que queiran participar deberán traer a súa cabaza decorada e expoñela na entrada do cole o mércores 27 de outubro.

Ademáis, o venres 29 teremos unha xornada especial de medo na que os nenos/nenas, PAS e profes de Centieiras poderán vir disfrazados seguindo a temática deste ano: Un Samaín Analóxico / Analogic Halloween! Para isto, non se poderá vir disfrazado de ningunha personaxe do século XXI nin con caretas (valen personaxes ata o ano 2000 incluído). Trátase dunha iniciativa maravillosa para descubrir en familia pelis, contos e tradicións coas que enriquecernos.

This is Halloween! Have fun!

PXA curso 2021-2022

Presentamos a PXA do curso 2021-2022 aprobada por Claustro e Consello escolar o marte 19 de outubro de 2021.

PXA 2021-2022

 

Cambio das rutas de transporte escolar a partir do 1 de decembro

As rutas de transporte escolar cambian a partires do 1 de decembro e hai moitas paradas que non están reflexadas nas novas rutas. Para solventalo, necesitamos que as familias usuarias nos envíen marcado no mapa adxunto mais abaixo as paradas onde están subindo e baixando o s seus fillos/as. Desta maneira podemos reclamalas ante a xefatura territorial. O prazo para enviar as paradas remata mañá xoves 14 de outubro ás 11:30h, polo que pregamos rapidez. Podedes envialas ao correo do centro co nome e apelidos do neno/a usuario/a: ceip.ascentieiras@edu.xunta.gal

Así mesmo, como Abalar non me permite deixar o canle aberto de comunicación por favor, calquer incidencia/problema no envío das paradas escribide ao correo do centro e tentaremos solucionala o antes posible.

 

Moitas grazas.

Listaxe material por cursos 2021-2022

A continuación atoparedes adxuntas as listas de material de educación primaria por nivel educativo.

Parvas saudables curso 2021/2022

Durante este curso escolar continuaremos a traballar a dieta saudable, polo que as parvas se manteñen como o ano pasado:

Titorías grupos clase e especialidades curso 2021/2022

EDUCACIÓN INFANTIL: 

4º Educación infantil: Beatriz Gamallo Permuy

5º Educación infantil: Josefina Herreros Calvo

6º Educación infantil: María Teresa Carpente Eiroa

Mestra de apoio de infantil: Silvia María Filgueira Pena

EDUCACIÓN PRIMARIA: 

1º Educación primaria: Andrea Fernández López

2º Educación primaria: Alberto Pernas Pérez 

3º Educación primaria: María del Carmen Leira Moreno

4º Educación primaria: Ana María Barro Casas

5º Educación primaria, grupo A: Bibiana Grandal Mourente

5º Educación primaria, grupo B: María Cristina Acevedo Varela

6º Educación primaria: Isabel Torrente Seco 

PROFESORADO ESPECIALISTA: 

Educación Física: Abel González Varela

1ª de inglés: Iria González Grande

2º de inglés: Bibiana Grandal Mourente 

Música: Sabela Paz Romero

Orientación: Lorena López Ramudo, compartida con CEIP Os Casais, CEIP de Sillobre e Santiago  Apóstolo

Pedagoxía Terapéutica: María Macarena Espiñeira Filgueiras 

Audición e Linguaxe: Gloria Gómez Edreira, compartida co CPI A Xunqueira (centro base)

Relixión Católica: Teresa María Anca Ardao, compartida co CEIP Juan de Lángara

Francés: Pendente de resolución

 

REUNIÓNS INICIO DE CURSO EDUCACIÓN INFANTIL

Estimadas familias:

Con motivo do inicio de curso, e coa finalidade de aportar a información necesaria para o mesmo, así como de aclarar dúbidas que podan surxir, convócase  as seguintes reunións:

DATA: 7 SETEMBRO

HORARIO: 11:00 h 4ºE.I

                11:05 h 5ºE.I

                11:10 h 6ºE.I

LUGAR: non entrar no patio cuberto ata a hora da reunión.

IMPORTANTE: soamente pode vir un membro por familia.

 

 

Memoria de estado do centro. Solicitude de rehabilitación integral á xefatura territorial

O 13 de xullo foi aprobado en consello escolar o documento adxunto e o envío dunha solicitude de rehabilitación integral dirigida á Xefatura Territorial da Coruña.

Este documento reflexa o estado das instalacions do centro dunha forma moi gráfica e concisa e cremos necesario que a comunidade educativa sexa coñecedora.

Damos desta maneira difusión ao documento para o que contamos coa inestimable colaboración de Laura Rey, arquitecta e nai do cole, ao acordo do consello escolar e á solicitude que se deriva.

Esperamos que desta forma se avance na mellora do centro, a cal impacta directamente na calidade da ensinanza que Centieiras quere para o seu alumnado.

Memoria final curso 2020-2021

A Continuación publicamos a memoria final deste curso 2020-2021.

DESPEDIDA FIN DE CURSO

O martes 22 de xuño rematou o curso académico 2020-21 e entre outras cousas, a ANPA quixo celebralo con nós. Dirixímonos cara o pavillón onde deron lectura a un manifesto moi emotivo ao redor do que foi este curso escolar. Ao mesmo tempo, fixeron entrega dun premio para o/a gañador/a dun concurso organizado por eles/as, onde tiñan que realizar un debuxo para empregalo a propia ANPA como o seu logo. Finalmente a gañadora foi Daniela, unha alumna de 6ºA á cal lle encanta debuxar, e faino fenomenal!!!

Posteriormente fixeron entrega dunha medalla e duns pequenos agasaios a todo o alumnado polo ben que o fixeron neste ano tan complicado. A continuación pasamos todos e todas por un photocall montado pola ANPA, co lema do PDI traballado este ano, EMOTICENTI. Alí os/as protagonistas sentíronse verdadeiras estrelas, ou non o son??? Por suposto que SÍ!!!

PARABÉNS a todos e a todas os/as que formamos parte desta comunidade educativa: alumnado, familias, ANPA, profesorado, conserxe e servizo de limpeza.

Deixámosvos un ENLACE para ter acceso ás imaxes sacadas dese día.

Moi bo verán a todos/as!!!

Equipo docente do CEIP Plurilingüe de Centieiras

Ruta en KAYAKS pola ría de Ares

 

O pasado luns, 15 de xuño de 2021, os grupos de 5º, 6ºA e 6ºB de educación primaria, levamos a cabo unha xornada lúdico-deportiva nos arredores da praia da Madalena, no concello de Cabanas.

Poidemos desfrutar dunha serie de actividades deportivas grazas ao Clube CabanasKDM, que foi o encargado de dirixir as actividades. O tempo atmosférico foi estupendo para que os rapaces, rapazas e profesorado que acompañaron a saída, desfrutaran o máximo deste día.

Alí realizaron diversas actividades entre as que se atopan: ruta en kayaks pola ría, andaina de senderismo pola cosa até a pequena praia de Chamoso, diversos xogos na area, e tempo libre para poder darse un pequeno chapuzón. Posteriormente dispuxémonos a xantar até que o autobús nos recolleu para tornar ao colexio aí das 17h.

Unha experiencia fantástica para repetir todos os anos!!!

Deixámosvos un ENLACE para poder visualizar o realizado neste día.

Distribuir contido