Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 24-25

Premendo nas fotografías atoparedes a listaxe de material escolar e libros de texto de cara ao vindeiro curso 24-25. 

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

Deixámosvos o horario e a documentación precisa para a formalización de matrícula do alumnado de nova incorporación ao centro.

Atoparedes o ANEXO III-I como adxunto a esta publicación ou poderedes recollelo no centro no momento da matrícula. 

 

Entrega de documentación de axudas para libros de texto, material escolar e fondo solidario

 

Deixamos a continuación a publicación da Orde no DOG na que se recolle todo o relativo a estas axudas e á documentación a entregar:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0003_es.pdf

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2024-2025

NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN: 

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro e que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio de educación. 

CALENDARIO:

 

 


 

 

 

CENTRO DE ADSCRICIÓN DO CEIP PLURILINGÜE DE CENTIEIRAS: CPI A Xunqueira

ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO: Concello de Fene 

SERVICIOS COMPLEMENTARIOS QUE OFRECE O CENTRO: 

  • Transporte escolar
  • Comedor xestionado pola ANPA 
  • Servizo de madrugadores xestionado pola ANPA
  • Actividades extraescolares xestionadas pola ANPA

INFORMACIÓN A TER EN CONTA: 

  • Todo o alumnado poderá presentar a súa solicitude de admisión pedindo ata 6 centros por orde de preferencia. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar ou poderase realizar a través da SEDE ELECTRÓNICA (ED550B).
  • Na solicitude de admisión a persoa poderá obtar, de ser o caso, expresamente por un posto reservado a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. 
  • Despois de presentar unha solicitude de admisión para renunciar deberá facerse expresamente indicándoo na casilla correspondente da nova solicitude.
  • A existencia dunha solicitude de admisión en prazo e sen renunciar expresamente á anterior poderá ser causa de pérdida do dereito a participar no procedemento.
  • A solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno e alumna e terá caracter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.
  • A admisión e matriculación nun centro docente implicará respectar o seu proxecto educativo. 
  • Poderase consultar a información relativa ao proceso de matrícula(estado de tramitación, previsión de postos...) na aplicación admisión alumnado. (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado)

APRENDENDO A REMAR NA AUGA

Saúdos, familias!

Hoxe tivemos o pracer de rematar a actividade de remo promovida polo Clube de Mar de Mugardos. Lembrádevos que foron tres as tarefas organizadas: visita ao centro cos remoergómetros (como primeira toma de contacto); despois fomos ao IES de Mugardos a unha competición de remoergómetros entre nós e todos os colexios do concello de Mugardos, para rematar hoxe coa verdadeira posta en práctica no medio acuático.

Había moitos nervios pola inseguridade que supón un medio ao cal non estamos acostumados. Unha vez dadas as explicacións pertinentes e colocados os chalecos, dispoñémonos por quendas de 8 persoas, a ir montando na barca facendo unha pequena ruta polo mar. Finalmente a experiencia foi moi positiva e todo saíu xenial. Esperamos poder repetir en vindeiras ocasións.

Quero agradecer enormente a Jorge, o entrenador do Clube do Mar de Mugardos, o seu interese en vir ao colexio a presentarnos este deporte tan descoñecido entre o alumnado así como o resto de actividades organizadas.

Deixámosvos unha mostra pequena do día de hoxe.

TENIS NA ESCOLA!!!

Saúdos, familias!

Un ano máis, solicitouse desde o colexio, o programa educativo "Tenis en la Escuela" promovido pola Federación Galega de Tenis. Nesta ocasión tocounos a cesión do material (raquetas e pelotas de tenis) durante as primeiras semanas de xuño.

Queremos agradecer de novo á escola de tenis "Justo al revés", co propio Justo mailo compañeiro Juan Carlos, por ter interés en vir a darlles e ensinarlles ao alumnado unhas sesións de tenis de xeito totalmente voluntario. Seguirémolo solicitando no seguinte curso académico.

MILLA INTERXERACIONAL CONCELLO DE FENE

Ola, familias!

A continuación plásmase unha pequena mostra dos/das atletas que temos no colexio.  Foron partícipes o pasado mes de maio, a cando máis nenos/as, na 1ª Carreira Popular Interxeracional organizada polo concello de Fene. Alí déronse cita moitos rapaces/as desde os 3 anos até a idade máis lonxeva. Discorreron nun tramo adaptado ás idades de cada grupo pola zona do pavillón de San Valentín. Ao remate déronlles a todos e todas os/as participantes cadansúa medalla. Ben orgullosos estaban, velaí a mostra.

Parabéns a todos e todas por querer participar!!!

Traballo do terceiro ciclo sobre os ODS

Entrade en cada obxectivo para ver o vídeo correspondente do alumnado de 5º e 6º de primaria. Agardamos que os desfrutedes e aprendades sobre os obxectivos de desenvolvemento sostible cos nosos nenos e nenas.

Maios e Letras Galegas 2024

O pasado xoves 16 de maio celebramos na escola a festa dos Maios e o Día das Letras Galegas.

Tivemos a sorte de contar coa axuda dunha chea de familias que viñeron colaborar para axudarnos a confeccionar os nosos tres maios.


Traballamos e tamén desfrutamos xuntas e xuntos. Ao final, entre todas e todos creamos tres maios preciosos e cheos de cor que levamos para a pista cuberta da escola para continuar alí coa celebración.

 

O alumnado de sexto fixo unha lectura sobre a vida de Luísa Villalta e tamén recitou dous dos seus poemas.

Todas xuntas e xuntos, alumnado, profesorado e familias, cantamos o noso xa tradicional "Seresín, seresán". Ademais, este ano, escollemos tamén a canción "Cruel Filosofía", de A Banda da Loba, xa que a letra pertence á autora homenaxeada, Luísa Villalta.

 

 

Foi unha xornada preciosa, festexando a primavera e a nosa literatura! Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos dar as grazas a todas as familias que se implicaron e colaboraron con nós, facendo este día tan bonito e especial.

Que vivan os Maios e as Letras Galegas!!!

Luísa Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2024

Achégase o Día das Letras Galegas e deixámosvos uns enlaces a distintos contidos e actividades en liña para achegarvos un pouco máis a esta marabillosa autora. Agardamos que os desfrutedes!

Seminario Galán

Primavera das Letras

 

CONTACONTOS: Morto de fame

O pasado xoves 9 de maio o alumndo de 1º e 2º recibimos a visita de David Rodríguez, deseñador gráfico, activista político e escritor de contos de adultos e tamén infantís como o de "Superavoa". 

David fixo unha pequena homenaxe ao "Hematocrítico" contándonos o seu conto de "Morto de fame" e para rematar interpretou coa súa guitarra unha canción moi pegadiza sobre o propio conto. 

XORNADA INTERCENTROS DE REMO

Ola, familias!

Déixovos por aquí unhas imaxes que reflexan o grao de implicación, esforzo e diversión dos vosos fillos e fillas na xornada de convivencia e deporte que levamos a cabo o pasado mércores día 8 de maio de 2023, no pavillón do Instituto de Mugardos. Unha xornada organizada polo Clube de Remo de Mugardos entre todos os colexios do mesmo concello e coa invitación do noso centro educativo. O importante non eran os resultados, senón máis ben a experiencia dun novo deporte que por diversas circunstancias seguramente é moi descoñecido para a meirande parte do alumnado.

Agora tocaría unha última experiencia sobre este deporte, unha proba verdadeira en trainera e no medio acuático. Esperamos poder levala a cabo aí cara o final de curso aproveitando o bo tempo e o remate do curso académico. Ogallá sexa posible!!!

Apertas varias!

 

 

OBRADOIROS DE CREACIÓN DE TEARES

Ao longo de este mes de abril as mestras Ana e Carmen levaron a cabo diferentes obradoiros nos que ensinaron ás nenas e nenos dos diferentes cursos a tecer. Ademais fabricaron uns pequenos teares con cartón para que cada nena e neno constrúa o seu propio pousavasos.

 

 

 

Distribuir contido