Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

AMBIENTE DE ARTE (MAIO)

Propostas varias as que durante este mes de maio nos acompañaron no ambiente de arte e coas que desfrutamos desenvolvendo o noso espírito máis creativo e artístico: modelaxe en plastilina de animais, trazado de siluetas de flores e follas guiándonos polas sombras reflectidas polo retroproxector, debuxos coa lámpada máxica, seguimento de titoriais gráficos para o debuxo de distintos elementos primaverais, trazos e creación de esculturas sobre area na mesa de luz, pintura de flores, construcións coas pezas do kapla….

Xunto con elas, durante este mes, na nosa zona de arquitectura estivemos a descubrir distintos monumentos famosos como a Torre Eiffel, a Torre de Pisa ou a Estatua da Liberdade. Algúns xa eran coñecidos para eles, outros non tanto, pero rápido os identificamos e aprendemos moitas cousas deles grazas o xogo coas tarxetas tres partes. E mesmo nos animamos a reproducir algúns coas pezas de construcción variadas que temos na clase ( ladrillos, madeiras, rolos de cartón, …).

A zona do hospital, da biblioteca e dos desfraces, por suposto, seguen a ocupar un lugar importante dentro deste ambiente.