Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Infantil

AMBIENTE DE ARTE (ABRIL)

Queredes coñecer algunhas das propostas nas que traballamos durante o mes de abril no ambiente de arte?

Creación de flores modelando plastilina pero tamén con tiras de papel (para o que recortaron, dobraron, pegaron e decoraron con seriacións varias), pintura libre no caballete empregando a técnica da estampación, reproducción de figuras e trazos en fariña, construcións con vasos e pratos de distintos monumentos artísticos reais como pirámides ou a Torre de Pisa pero tamén de deseño propio; debuxos no retroproxector con rotuladores de xiz, composicións con teas atendendo á súa cor, xogo libre no minimundo da primavera e como non, xogo simbólico no tan prezado espazo do hospital.

Coma sempre, imaxinación e creatividade en estado puro!

AMBIENTE NATUREZA:ABRIL

Propostas varias como trazo dos números en papel de lixa, ensartar, series con tubos de ensaio, policubos para conteo, puzzles, tarxetas tres partes de animais mitolóxicos,conteo de decenas de pétalos para flor de plastilina, parafusar e desprafusar cintas de vídeo e percheiros,representación de números con pezas de mosaicos,ruleta de escritura e vocabulario de animais ,formar parelas de animáis,barras vermellas , pegar e despegar os números seguindo a serie ata o 10 ou ata o 20,e sempre o noso taller de ferramentas co torno e polea funcionando.Sen esquecer xogos de mesa  como dominó de números e de tiradas de dados para localizar tarxetas  polos atributos como o CATCH IT!

 

VISITA A CASA DA CULTURA

O alumnado de educación infantil realizou unha visita á casa da cultura para celebrar o DÍA DO LIBRO. Alí visitaron a biblioteca e a explosición da pintora Carmen Prado.

 

FIN DE TRIMESTRE, O VENTO E O AIRE

Para rematar o trimestre e o proxecto do aire e o vento o alumnado de educación infantil contou coa visita de varias familias. Por un lado Ulises amosoulles o seu parapente e explicoulles o funcionamento dunha manga de vento, por outro varias familias explicaron como funcionan os instrumentos de vento, finalmente tivemos un concerto! e ata celebramos un aniversario! Grazas familias, foi xenial.

 

AMBIENTE DE NATUREZA

No ambiente de natureza pasa de todo, tanto facemos novelos de la coma abrimos cintas de vídeo e investigamos como son por dentro(algún ata cambiou a película porque  non quería Verano Azul  e envolveu Star Wars da súa propia invención).Interesáronse moito tamén polo arranxo informático como podedes ver.

Creación de vermes de seda coa numeración do 1 ao 10 e tamén do 10 ao 100(de 10 en 10) e parellas de cartas seguindo a numeración/evolución dos dinosaurios.As pócemas de series de contas de cores rexistrando por escrito os nomes das cores e asociación do numero coa grafía foron entre outras as propostas deste mes de marzo (moitísimas veces non hai tempo real de facer fotos,acompañalas e guialos é máis importante e non deixa tempo de nada máis).

O máis exitoso foi a Pastelería onde elaborararon tartas de aniversario e cup cakes de fresa, nata ,chocolate ,etc...segundo a demanda e as encargas que anotaban .Por suposto levou consigo a elaboración das candeas co numero de anos e a compra-venta co manexo dos céntimos de euro.

Animádevos a encargar a vosa tarta de aniversario,anos e sabor son datos importantes para a encarga e que vola poidan levar a casa!

 

 

 

AMBIENTE VERBAS (MARZO)

Velaquí algunhas das propostas que, ao longo do mes de marzo, ocuparon o noso tempo no ambiente de verbas. 

Traballamos a motricidade fina con actividades onde tiñan que cortar coa pinza dos dedos para facer un verme, a grafomotricidade seguindo determinados patróns, clasificamos distintos tipos de letras, formamos palabras dependendo da imaxe que nos tocara, traballamos con habas e arroz, encántanos contar contos na biblioteca, aprendimos a poñerlles os cueiros as nosas e nosos bebés, montamos unha perruquería nun chiscar de ollos, e sempre, recollemos todo ao rematar ¡Queda todo ben limpiño!.

 

 

AMBIENTE DE ARTE (MARZO)

Velaquí algunhas das propostas que, ao longo do mes de marzo, ocuparon o noso tempo no ambiente de arte. Desde actividades relacionados co proxecto do aire que as nenas e nenos de infantil estiveron a traballar neste segundo trimestre, como creación de esculturas con papeis e pintura de dedos, debuxos no espello, recreación de pirámides con palliñas e crebadendentes, reproducións na mesa de luz coas figuras xeométricas, coñecemento e representación da obra “Flores” de Andy Warhol, deseño de bolboretas, … Propostas entre as que non podían faltar o xogo simbólico no espazo do hospital e dos desfraces que tanto gusta!

EXHIBICIÓN DE VOO

O alumnado de educación infantil realizou unha exhibición de voo no patio do centro. Nela comprobaron o bo funcionamento dos seus avións.

TALLER DE COLARES PARA TAPABOCAS

O xoves 24 de marzo o alumnado de educación infantil participou nun taller de colares para tapabocas que viñeron a facer dúas mamás, Celia e Silvia. Todas e todos estaban encantados cos seus colares, moitas grazas mamás!!

 

 

O ambiente das verbas no ENTROIDO.

Foi unha semana ben divertida a do entroido, fixemos máscaras, colares e pulseiras de entroido, traballando así a motricidade fina, escribimos palabras típicas destas datas, decoramos antifaz con plastilina, e todo isto, sen deixar de lado a esencia do noso ambiente, o xogo simbólico coa cociña e os nosos bebés, a nosa cama que nos translada a momentos de paz e tranquilidade, a biblioteca donde desfrutamos cos nosos libros e a mesa sensorial e de transvases que sempre temos sorpresas que nos encanta descrubrir.

TEMPO DE ENTROIDO!

 

Distribuir contido