Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Infantil

SAÍDA A EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "CAN DE PALLEIRO"

 

Hoxe tivo lugar a primeira saída á Casa da Cultura de Fene para visitar a exposición fotográfica " Club Raza Can de Palleiro".Raza autóctona galega , e como dí o novelista e periodista galego Ramón Pernas:".. nada máis galego que o Can de Palleiro.

Polo camiño atopamos con varios cans e cadelas; preguntamos pola súa  raza pero ningún era can de Palleiro polo que  teremos que seguir preguntando.

Almudena foi a nosa guía pola exposición e quedounos moi claro cales son as características máis salientables deste can coma a das  orellas puntiagudas e levantadas.Xa de volta na escola realizamos debuxos de cans de Palleiro que levaron a casa para contar a saída ás familias.

 

Parvas saudables

Aquí vos deixamos o novo calendario de parvas saudables!

O equipo de Educación Infantil

VOS DAMOS A BENVIDA

Ola!

Xa estamos de volta coas pilas cargadas do verán, esperamos que vós tamén.

Gustaríanos convocarvos para unha reunión o martes día 6 de setembro ás 12:00 para contarvos un pouco como vai a ser este novo curso no que nos embarcamos.

Contamos con vós!

Equipo de educación infantil.

PDI CIENCIA:RETOS CIENTÍFICOS 5º E.I.

Podemos felicitar a este grupo polas gravacións que fixeron dos retos científicos enmarcados no PDI da Ciencia. Primeiramente ensaiaron na aula os retos para ver se saían ou non e cando foron expertas e expertos decidímonos a gravar na  aula croma. Alí votamos unhas risas coas tomas falsas, respirábase moita emoción e interés pola tarefa aínda que había unha pouca vergoña por iso farémolo máis veces.

Con estas experiencias fortalecemos  a oralidade a seguridade para comunicar e o enriquecemento da súa identidade.

FORON ACTRICES E ACTORES ACTIVOS!

 

O AMBIENTE DE VERBAS (XUÑO)

Estas son algunhas das propostas do ambiente de verbas no verán. Fixemos uns móviles decorado con témperas, colgando imaxes típicas do verán que estaban decoradas con diferentes tipos de grafismos, tamén fixemos unhas postais de verán utilizando a grafía das olas do mar e compoñendo os nosos propios barcos e o sol con diferentes tipos de papeis. Por outro lado, na mesa sensorial colocamos como proposta unhas imaxes imcompletas as cales tíñamos que completar con pompóns colocándoos cosas pinzas, fixemos os nosos propios soles de diferentes cores, completamos letras con obxectos pequenos e coma sempre dobramos roupa, coidamos os nosos bebés, descansamos e sobre todo disfrutamos. 

 

 

AMBIENTE DE ARTE (XUÑO)

No mes de xuño no ambiente de arte apareceu, no lugar do hospital, un novo espazo no que o xogo simbólico e a vida práctica estivo moi presente, o do DORMITORIO.

Promover a autonomía nas nenas e nenos é vital para o seu desenvolvemento madurativo e para fortalecer valores tan importantes como a autoestima. Unha das mellores ferramentas que temos para facelo é involucralos nos labores da casa, e unha das tarefas máis significativas (tanto para eles como para nós), é a de facer a cama. Un pequeno fito que pode supoñer un gran paso no seu camiño para converterse en persoas conscientes das súas responsabilidades.

E que mellor xeito de facelo que a partir do xogo?

Facer a cama, poñer a bata e zapatillas, meterse na cama, xogar na habitación cos xoguetes, ler un conto, prender e apagar a lámpada,… foron algunhas das actividades que desenvolveron neste espazo xunto coa súa imaxinación, fantasía, xogo simbólico, …..

Xunto con esta outras propostas do ambiente deste mes foron: o pintado de pedras, o deseño e decoración de debuxos con grafos creativos, a costura de deseño de roupa para a nosa boneca, experimentación de pintura con distintos materiais (coche, cepillos de dentes, rolos de cartón), construcións cos ladrillos, creación de esculturas e xoias con limpiapipas e abalorios e de caras con cartolinas de cores, entre outros.

 

O AMBIENTE DE VERBAS (MAIO)

Aquí podemos ver propuestas variadas que nos acompañaron durante o mes de maio no ambiente das verbas. 

Entre as distintas propostas a elexir poidemos encontrar unha mesa sensorial con distintos obxectos que podemos encontrar en primavera para poder facer as nosas propias creacións con eles fomentando así a creatividade. Na parte de lectoescritura tivemos un dictado primaveral con pedras de imaxes que foi moi divertido. Na mesa de tranvases encontrámonos con flores de primavera que podíamos seleccionar por cores, chear vasos, ou simplemente tocar e tocar. Na pizarra escribimos partindo da palabra “primavera” nomes, accións ou cousas que nos recordaran a primavera. Os nenos e nenas de 3 anos decoraron as súas iniciais con flores recollidas no patio.

No apartado de grafomotricidade creamos as nosas propias flores seguindo uns puntos de referencias, as recortamos e as decoramos.

Na parte de motricidade fina fixemos colares con obxectos de primavera coma flores, bolboretas, abellas, nas que tíñamos que estar moi atentos para poder colocar o hilo dentro de cada obxecto. Tamén colocamos pinzas de flores de cores donde correspondía cada cor.

Pero coma sempre, o que triunfa é a cociña e os bebés. Encántanos cociñar, lavar os bebés, cambiarlle os cueiros e a roupa e despois, descansar un pouco na cama. É o momento de relax do día!

O máis importante: desfrutar e desfrutar.

 

 

 

 

VISITA AO ARSENAL DE FERROL

O día 27 de maio o alumnado de educación infantil realizou unha saída ao Arsenal de Ferrol. Alí visitaron unha fragata e fixeron o Bautismo de mar saíndo a navegar pola ría de Ferrol. Tamén tiveron a oportunidade de coñecer algúns materiais que se empregan na marina e ver a través de gafas de realidade aumentada.

 

Distribuir contido