Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Infantil
AMBIENTE DE NATUREZA:MAIO
Propostas varias as que durante este mes de maio nos acompañaron no ambiente de natureza e ciencia e coas que desfrutamos desenvolvendo o noso espírito máis científico .
Entre as propostas a elexir a de facer limonada seguindo os pasos foi a triunfadora, sen quedar atrás o trasvase cos pés,cortar xudías para cociñar,medir co metro e ver se era certo ou falso os centímetros que poñía a etiqueta, o cubo de Rubik , restas con "Juanito el bandolero" e conteo de canicas na auga..
Seguimos coas tarxetas tres partes dos medios de transporte ,hai quen asocia imaxe só e quen asocia os nomes, cada quen no seu nivel evolutivo.
Este mes de maio ademáis estreamos a "floristería",onde preparan e venden plantas facendo trasvase de terra nas macetas e ampliando vocabulario dos nomes de flores.
Foi un mes divertido e alegre cheo de experiencias de vida práctica sobre todo.
PDI PINGAS CIENTÍFICAS:AUGA,ONDE ESTÁS?(2)
Para este proxecto temos unha mesa de observación da auga cas súas características, algunhas veces quedamos mirando as burbullas que fai a auga cando a trasvasamos da botella a un vaso ,é unha marabilla. Observamos tamén os estados da auga, cun xeo, un vaso de auga e un nebulizador.Quedaron asombradas e asombrados co vapor !
Xogamos coas tarxetas de clasificación do aire, auga e terra e superamos o reto de encher unha botella con auga tinguida utilizando o funil(cantos vasos precisamos para encher unha botella de litro e medio?).
AMBIENTE DE ARTE (MAIO)
Propostas varias as que durante este mes de maio nos acompañaron no ambiente de arte e coas que desfrutamos desenvolvendo o noso espírito máis creativo e artístico: modelaxe en plastilina de animais, trazado de siluetas de flores e follas guiándonos polas sombras reflectidas polo retroproxector, debuxos coa lámpada máxica, seguimento de titoriais gráficos para o debuxo de distintos elementos primaverais, trazos e creación de esculturas sobre area na mesa de luz, pintura de flores, construcións coas pezas do kapla….
Xunto con elas, durante este mes, na nosa zona de arquitectura estivemos a descubrir distintos monumentos famosos como a Torre Eiffel, a Torre de Pisa ou a Estatua da Liberdade. Algúns xa eran coñecidos para eles, outros non tanto, pero rápido os identificamos e aprendemos moitas cousas deles grazas o xogo coas tarxetas tres partes. E mesmo nos animamos a reproducir algúns coas pezas de construcción variadas que temos na clase ( ladrillos, madeiras, rolos de cartón, …).
A zona do hospital, da biblioteca e dos desfraces, por suposto, seguen a ocupar un lugar importante dentro deste ambiente.
VISITA DE MIKA
Hai uns días as nenas e nenos de educación infantil tivemos unha visita moi especial, a de Mika, a cadela de Andrea da clase de 5 anos. A trouxo Silvia, a nai de Andrea, para facer unha demostración de todas as cousas que sabe facer: bailar, saudar, saltar, deitarse cando lle mandan...
Pero isto non foi todo, Silvia contounos a historia de Mika dende que chegou de cachorra a súa casa ata o seu paso pola escola de cans.
Fixeron unha pequena exhibición de "axility".
Finalmente as nenas e nenos puideron facer de adestradoras e adestradores guiando a Mika polo circuito.
A verdade que esta Mika é toda unha artista! Moitas grazas a Silvia pola visita e a actividade tan fermosa.
AMBIENTES DAS VERBAS (abril)
Neste video podedes ver algunhas das propostas nas que traballamos durante o mes de abril no ambiente das verbas.
Creación de flores con diferentes grafos e plastificados, tamizado de area, creación de nomes a partir de letras de flores, buscamos obxectos que comecen por... descubrimos os nosos nomes pintando sobre pintura branca, fixemos bolboretas seguindo patróns, xogamos a ruleta para crear palabras, fixemos os nosos propios árbores de primavera, clasificamos macarróns según as suas cores, e comezamos a traballar con vocabulario de primavera, ademais de cambios de roupa e baños dos bebés, pero sen dúbida a cocinita e a biblioteca son un éxito total, quizais os mas concurridos no día a día.
BAUTISMO NAVAL
Neste terceiro trimestre, dentro do PDI de centro "Pingas de ciencia", temos como tema central, a auga. Despois de coñecer as súas principais características e propiedades centrámonos na flotación dos obxectos. E para iso levamos a cabo unha exhibición naval. Cada nena e neno trouxo da casa un barquiño elaborado con material reciclado. Presentaron o seu barco o os materiais reciclados que utilizaron para que floten, como podedes ver había barcos de todo tipo: pequenos, grandes, lanchas, buques, barcos piratas, etc. Ademais de estar realizados con esponxas, botellas de plástico, mazorcas, corchos, botellas de leite... E comezou a acción. ¿Flotarán ou afundiranse?
Aquí tedes algunhas fotos que amosan o gran traballo que fixeron as nosas nenas e os nosos nenos xa que, todos os barcos flotaban!!
PDI: EXPERIMENTOS AUGA 1ª PARTE
O xoves foi unha xornada especial, pois contamos coa visita de Óscar, o papá de Eva, a nosa compi de 6º de EI.
Entre os dous ensináronnos a facer distintos experimentos relacionados coa agua.
Comenzaron demostrándonos o efecto espello que fai a agua vendo como cambiaba de dirección a frecha debuxada no papel cando a colocaba detrás do vaso con agua.
Tamén nos amosaron como inflúe o sal na flotación dos obxectos. Para iso encheron dous vasos con auga (un con auga doce e outro con auga salgada) e metemos en cada vaso un ovo para ver cal flotaba e cal quedaba afundido.
Outro dos experimentos que nos realizaron foi co que nos demostraron que a agua quente non se mistura coa quente. Enchemos dous vasos de auga, un con auga ben fría e outro con auga ben quente. Para recoñecer ben cal era cada vaso ao de agua fría botámoslle unhas gotas de colorante azul e ao de auga quente de vermello. Feito isto xuntamos os vasos, colocando un enriba do outro e tachán… a auga quente non se misturaba coa fría. Pero non se trataba de maxia, todo ten unha explicación científica que Óscar nos explicou moi ben.
O último dos experimentos consistiu en encher un vaso con auga, poñerlle un papel enriba e darlle a volta de tal xeito que a auga non caese.
A verdade que foi unha sesión moi enriquecedora coa que desfrutamos moito á vez que aprendimos moitas cousas novas sobre a auga.
Moitas grazas pola vosa colaboración familia, foi unha actividade estupenda!!
PDI:EXPERIMENTOS AUGA 2º PARTE
Esplendoroso día, coa participación de Manolo o pai de Eire de 5º de E.I coa presentación de dous experimentos. Empezou coa explicación das diferenzas das densidades dos líquidos ,incorporando auga, aceite, xel e mel nun tarro e facendo hipóteses sobre o que ía a pasar,que líquido vai ao fondo? ou cal pesa máis?
Despois realizou a inmersión dun submarino caseiro, ensinándolles como leva o lastre no fondo e como conseguir cun globo no interior do submarino facer a emersión. Todo estaba perfectamente organizado e poideron velo e palpalo, aínda que houbo quen lle dixo: "faltan tipulantes".
Foi unha sesión realmente interesante, así nolo fixo desfrutar Manolo.,impresionounos.Rematamos a sesión representando con debuxos o experimento que máis lles gustou.
Cada vez sabemos máis sobre a auga!.Grazas familia, estas cariñas falan soas!
VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL
Continuamos co PDI e en infantil imos enfocar este terceiro trimestre á auga. Para comezar fixemos unha visita ao museo de historia natural de Ferrol, onde observamos moitos animais mariños. Unha vez alí aproveitamos para visitar os maios de Canido, as Meninas e ata un parque!
COMPOSICIÓNS FLORAIS
Coa primavera chegan as flores e as nenas e nenos de educación infantil aprenden a facer diferentes composicións florais, aquí tedes unha mostra dos seus traballos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »
