Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Infantil
A MAXIA DO XOGO. OS RETOS DE MARIO BROS (II)
Seguimos cos retos de Mario Bros para traballar co PDI deste ano: A maxia do xogo.
Nestas dúas semanas levamos a cabo os seguintes retos: No ambiente de arte debuxamos ás nosas personaxes: Mario, Yoshi e Peach, seguindo unhas pequenas indicacións para conseguilo. O resultado foi moi bo!
No ambiente de verbas fixemos unha actividade para encerrar a Toad. Empregando depresores de madeira tiñamos que procurar representar o modelo que se nos proporcionada na tarxeta e así deixar a Toad aí agochado.
Finalmente, no ambiente de natureza tivemos que para construir a pista de coches de Mario. Cada un e cada unha construíuna como quixo e quedaron percorridos moi diferentes e divertidos.
Xa case conseguimos a nosa bandeira!
AMBIENTE DE NATUREZA:NOVEMBRO II
Xa na última metade de novembro realizamos estas propostas no ambiente de natureza:observación dos bichos pau, trazo e escritura de números, construcción de pistas de coches ,sumas con canicas, embudo e escurridor no areeiro,construcción con regletas dunha torre respondendo a cantos pisos pode ter a túa torre?, orientación espacial no plano seguindo un modelo, debuxo e escrita de mandarina e laranxa falando das características de cada unha,tornillería e coma sempre o noso taller funcionando en todo momento.
AMBIENTE DE NATUREZA: NOVEMBRO I
Propostas no ambiente de verbas ,xogo simbólico na sombrerería" Fene",descorazonar mazás e quitar semillas(ou comer a mazá coma fixeron nalgún caso), ler libros, facer series numéricas con sacos de area e números para responder a pregunta, Cantos sacos precisas para facer unha espeiral?.Contrucción do castelo de Mario Bros con pezas de Numicom o que conlevou conteo de pezas, sumas con contas de cores para facer unha varita máxica, xogo co areeiro, montaxe dunha persiana coas lamas, precisión e boa motricidade fina para colocar os números nas pólas da árbore. E sempre traballo no noso taller que non para de funcionar.
O máis grande destes ambiente é o acompañamento de maiores e peques xuntos!
NOVEMBRO NO AMBIENTE DE ARTE
E nun momentiño pasou por diante o mes de novembro. Xa case rematamos o primeiro trimestre!
Ao longo deste mes tivemos diferentes propostas no ambiente de arte. Algunhas delas son as que temos habitualmente, como os disfraces, os xogos de mesa ou a nosa lavandería, que nos ten encantadas e encantados, e outras foron cambiando. Aproveitando que aínda nos quedaba moito outono por diante empregamos o que nos da a natureza nesta estación: follas, paus, castañas... Puxémonos mans á obra e decoramos as follas, fixemos animais de plastilina que decoramos con eses elementos, pintamos bodegóns e decoramos unha cabaza.
Ademais tamén fixemos actividades para recoñecer a silueta de follas de diferentes árbores, para debuxar a metade que faltaba ou para vestir ás árbores que estaban espidas.
Na mesa de luz seguimos trazamos camiños e no caballete coñecimos a Kandinsky e algunhas das súas obras.
Non pode faltar o noso espazo da calma, onde relaxarse, debuxar ou desfrutar dun marabilloso conto.
Ademais como xa vos contamos estamos superando uns retos para alcanzar a bandeira de Mario Bros, así que tamén tivemos que facer as propostas encomendadas para conseguilo. Polo momento foron dúas: construír o castillo cos ladrillos e debuxar ás personaxes seguindo indicacións! Isto vai xenial.
OUTONO NO AMBIENTE DE VERBAS segunda parte
Seguimos co outono no ambiente das verbas.
Na mesa sensorial encontramos distintos materiais para deixar voar a nosa imaxinación recreando distintos escenarios con materiais e colores típicos de outono.
Na parte de lecto escritura tíñamos que observar distintas imaxes e escribir o que víamos. Tamén completamos un encrucillado de outono con letras de madeira, escribindo así vocabulario típico destas datas.
Na parte de motricidade fina aprendemos a coser follas e cogomelos. Fixémolo xenial! Tamén seguimos camiños de castanas, colamos maiz e recortamos ourizos.
Na vida práctica aseamos os bebés e cambiamos cueiros, fixemos comidas, merendas e ceas, dobramos roupa, as colocamos nas perchas pero sobre todo, limpamos moito os cristais da aula.
E coma sempre, desfrutamos da nosa biblioteca.
A MAXIA DO XOGO. OS RETOS DE MARIO BROS
Con motivo do PDI do noso centro A maxia do xogo, dende infantil decidimos abordar este trimestre cunha proposta baseada no videoxogo de MARIO BROS.
Cada clase escolleu a personaxe que os ía representar mediante votación: as nenas e nenos de 3 anos elixiron á princesa Peach, os de 4 ao dino Yoshi e os de 5 ao fontaneiro Mario Bros. Ademais, entre todos construímos unha escaleira, semellante á que aparece no xogo, que nos vai a permitir atrapar a bandeira a medida que vaiamos subindo chanzos. Esta ten un total de 9 pasos, un por cada reto dos que lles plantexamos para abordar en cada ambiente.
Polo momento todos e todas acadaron os tres primeiros retos: construír o castelo no ambiente de arte, cravar as puntas no ambiente de natureza e escribir os nomes das personaxes no ambiente de verbas. Xa estamos listas e listos para os seguintes!
IMOS DE EXCURSIÓN AO TEATRO
Onte saímos de excursión á mostra de teatro do Auditorio Municipal de Narón a ver a obra titulada Carabela.
Nesta representación falábasenos sobre un tema moi importante: a contaminación dos mares por mor dos plásticos que botamos nel continuamente. Foi unha obra moi fermosa e cunhas personaxes que nos encantaron.
A viaxe en autobús tamén nos resultou moi divertida: vimos moitas casas, a nosa ría e cruzamos dúas pontes!
Pasámolo xenial
SAMAÍN NO AMBIENTE DE VERBAS
¡Chegou o samaín o ambiente de verbas!
Levamos a cabo actividades terroríficas e pasámolo de medo!!
Para traballar a lectoescritura fixemos uns tarros de medos, onde tíñamos que escribir o que nos da medo e metelos así nos tarros para que esos medos se vaian.
Na mesa sensorial nos encuntramos cunha morea de teas de araña, escondidas entre elas ratas, mans de esqueletos, ollos, arañas, etc.
As tíñamos que coller coas pinzas para así liberalos das teas, traballando a motricidade fina. Tamén seguimos as series con pinzas terroríficas.
Na mesa de transvases poidemos encher cabazas de arroz, fabas negras, cabazas, morcegos, gorros de bruxas e un montón de pequenos obxectos relacionados co samaín.
Encantounos facer pulseiras terroríficas cos coras cores relacionadas con estas datas, repasamos a grafomotricidade pintando nas cabazas distintas formas que ían saíndo nos dados.
A nosa cama convertiuse nun refuxio moi divertido.
ENCHEMOS DE FLORES O CENTRO DE SAÚDE
Hoxe nos convertimos en auténticas e auténticos floristas!
Coa axuda da floristería Garrote de Pontedeume confeccionamos uns centros florais para levar ao Centro de Saúde de Fene, onde nos estaban esperando.
O proceso foi o seguinte: primeiro nos dividimos en tres grupos e cada un foi a un ambiente. No ambiente de arte decoramos os botes onde irían os ramos; no de verbas preparamos as tarxetas que incluímos en cada un dos botes e finalmente, no ambiente de natureza puxemos as flores a punto para confeccionar os nosos centros florais.
Unha vez feito isto, baixamos ao patio onde fomos facendo os ramos con moitísimas combinacións diferentes. Quedaron moi bonitos.
A continuación puxemos rumbo ao centro de saúde, onde nos estaban esperando. Alí fomos levando a cada consulta e sala de espera un centro floral para encher todo de cores.
Pasámolo xenial e cremos que deixamos todo moi fermoso!
CHEGA O SAMAÍN AO AMBIENTE DE ARTE!
Esta semana vivimos nun cole encantado, cheo de propostas terroríficamente divertidas.
No ambiente de arte apareceu un gran cubo negro que ao entrar agochaba algunhas sorpresas. Foi un espazo moi, moi visitado.
Ademais, fixemos monstros sopladores empregando palliñas, pintura con auga e uns olliños. Quedaron verdaderas monstruosidades terroríficas.
Por outra banda, sacamos a meiga que levamos dentro e elaboramos as nosas pócemas máxicas, mmmmm.
Na mesa de experiencias tivemos que rescatar a Pepa e os seus amigos da tea de araña na que estaban atrapadas. Non foi tarefa sinxela.
Outros xogos foron por exemplo o bingo de Samain ou a proposta das chinchetas e as siluetas de medo.
Non nos queremos esquecer de que esta semana tivemos tamén a visita de Macy, coa que fixemos as nosas propias arañas.
Pasámolo de medo!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
