Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Infantil

Día da Familia

Hoxe é o Día da Familia, un dos elementos máis indispensables da nosa escola ás que lles estamos inmensamente agradecidas: sempre dispostas a axudar, a colaborar con nós, a participar en todo aquilo que propoñemos, a darnos ideas, a conversar e intercambiar impresións. Sen vós nada sería posible.

 

No cole tamén creamos pequenas familias: convivimos, traballamos xuntos e xuntas, tratamos de comprendernos, de falar e de escoitar, de compartir momentos...Aquí vos deixamos a nosa foto de "familia". Quixemos facela para recordar estes momentos compartidos ao longo de todo este ano e para tela presente do mesmo xeito que temos ás súas verdadeiras familias cada día connosco na escola.

 

 

 

AMBIENTE DE NATUREZA:ABRIL II

Variadas e atractivas foron as propostas quincenais do mes de abril:

 -Policubos para crear unha bolboreta.

 

-Ensartado de boliñas en serie  para facer unha pulseira.

-Taller de arranxos:camión de bombeiros doado por un neno de 6º de EI.

-Trazo de números con lixa e trazo en tablilla.

-Conteo dos ovos que puxo a galiña.

-Resaques metálicos:triángulo e os seus 3 vértices.

-Trasvases de sólidos con fabas pintas.

-Reto Lego:labirinto de canicas.

-Vida práctica:xeado de mandarina(pelado de mandarina e seguimento da receita.

-Xardín botánico:manipilando,follas,pétalos,estigmas e pistilos para a súa creación.

Areeiro: coadores e mangueiras.

DESFRUTAMOS DO NOSO PATIO

Chega a primavera e con ela o desfrute do noso patio: as merendas ao aire libre, os xogos no campo e o estreno da parede musical e da goma de equilibrios.

Que ben o pasamos!

 

Cultivamos o noso horto

Estas últimas semanas estivemos traballando no noso horto para comezar a plantar as primeiras colleitas: cebolas e leitugas. As primeiras parece que xa empezan a asomar así que iremos vendo como medran.

Todo isto queremos enmarcalo no noso proxecto Pegadas Verdes, relacionado co coidado do medio ambiente e a sostenibilidade. É por isto que non só nos dispuxemos a plantar, como unha forma de obter alimentos saudables de xeito sostible e tendo en conta as características da nosa zona xeográfica e as necesidades das plantas, senón que tamén aproveitamos obxectos reciclados, como as botellas de plástico, para crear unhas condicións óptimas para o crecemento das plantas e como medida de protección ante algunhas visitas, como as dos caracois, sen facerlles ningún dano.

 

Queremos agradecer infinitamente ás familias por axudarnos e colaborar con nós.

 

Veremos cal é o resultado, vos iremos contando!

 

AMBIENTE DE NATUREZA:ABRIL I

Para estas semanas as propostas seguiron traballando moito a motricidade fina,a creatividade,o conteo e a investigación sen esquecer a vida práctica que é moi importante.Adoitan responsabilidades nas diferentes actividades e adquiren conceptos matemáticos .

-Vida práctica :pelar e lavar patacas

-Trasvase de líquidos.

-Motricidade fina con argollas encaixables.

-Taller de arranxos:abrimos un ordenador e investigamos.

-Taller de carpintería co torno e a polea.

-Reto Lego:creamos un portalapis.

-Plantilla de orientación espacial para trasladar. 

-Conteo de números e asociación coa grafía . 

-Caixa de perlas Montessori. 

-Popit para buscar e marcar números dados. 

-Pezas imantadas:creamos un castelo

-Mesa de area:tubos de goma. 

-Manipulación  con precisión do pincel e  a cola para crear cadros de boliñas de papel pinocho. 

-Minimundo:obras con excavadoras, camións,pedriñas e area. 

A AUGA É UN TESOURO

Con motivo do PDI sobre sostenibilidade e coidado do medio ambiente, en Educación Infantil estivemos a traballar un aspecto moi importante: o aforro e coidado da auga, un ben que cada vez é máis escaso.

Por este motivo, decidimos levar a cabo un decálogo de boas prácticas sobre o que fomos aprendendo ao longo deste trimestre sobre o consumo responsable de auga co fin de garantir que o seu uso sexa adecuado e evitar a seca, un problema que medra día a día.

Distribuir contido