Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Infantil

AS BOLSAS DE XOGOS VIAXAN ÁS CASAS

A semana pasada saíron para as casas as bolsas de xogos, que contiñan algún xogo de mesa adaptado á idade de cada nivel. Ao igual que pasaba no trimestre pasado co xogo "A cabeza magnética", estas bolsas permanecen algúns dias nas casas para que as nenas e nenos xoguen coas súas familias, o pasen ben e descubran novos xogos de mesa que quizais non coñecían. Despois volven á escola para que as leve a ou o seguinte.

No caso de 4º de infantil o xogo escollido foi Monza, un xogo sinxelo pero moi divertido no que debemos ir avanzando co noso coche segundo a cor que saia no dado. Quen chegará á meta?

En 5º de infantil optamos por A cabana. Neste xogo as tarxetas nos indican como debe ser a torre que debemos construír para facer unha cabana coas pezas coas que contamos. Conseguiremos que se manteña en pé?

Finalmente, en 6º de infantil, o xogo chámase Abejitas zum-zum. É un xogo de memoria no que debemos conseguir o maior número de colmeas sen que o oso veña roubalas. Coidado, ten moita fame!

Os xogos nos permiten desenvolver moitas habilidades, traballar conceptos e adquirir competencias dun xeito lúdico e moi atractivo. Axúdannos a aprender a perder e tamén a gañar, a pasar tempo xogando en grupo e a desfrutar de tempos de calidade.

Esperamos que os desfrutedes moito!

AMBIENTE DE CIENCIA E NATUREZA XANEIRO I

Diferentes propostas estiveron presentes neste mes de xaneiro fomentando capacidades para ser competentes na vida. Algunhas delas foron facer unha bobina de fío, coser, puzzles,conxuntos de elementos,cantidades ordear caixas e os elementos que contiñan,facer decenas,atornillar e destornillar para facer un percheiro,xogo simbólico na carpintería ,areeiro ,construcción coa torre rosa e a escaleira marrón e pezas Lupo, os compoñentes dunha familia(pai,filla, avoa.....),cuadrante do 50,minimundo do oso polar...todas elas con moito contido aprendendo máis do que podemos intuir.

 

 

NADAL NO AMBIENTE DE NATUREZA

Estas foron as propostas de nadal levadas a cabo no ambiente de natureza:meter postais no sobre e introducir no buzón, elaboración dun porta velas,regletas para facer a árbore de nadal, gorros de duendes,escritura de palabras da temática,descubrir obxectos navideños e rexistralos por escrito,enrrolar e desenrolar un pergamino para ler a mensaxe ,coser bolas para a árbore e o que non podía faltar foi xogar coa neve e montar unha árbore decorativa.

 

 

 

Empezar en 0:00 OPCIONES DE INSERCIÓN Mostrar los controles del reproductor. Activar el modo de privacidad aumentada. Referencia de la API Código de muestra para desarrolladores Si insertas vídeos de YouTube en tu sitio web, confirmas que aceptas los Términos del Servicio de la API de YouTube Copiar

I CARREIRA DE MARIO MOTO

Hoxe tivo lugar a I carreira de Mario Moto para celebrar que acadamos a bandeira dos 9 retos propostos para este trimestre co fin de traballar o PDI "A maxia do xogo".

Foi unha carreira sensacional, pasámolo moi ben.

 

 

NADAL NO AMBIENTE DE VERBAS

As propostas do ambiente de verbas durante o mes de decembro foron todas relacionadas co nadal.

Na mesa sensorial encontramos un mini mundo navideño para deixar voar a nosa imaxinación, 

na mesa de transvases encontramos adornos navideños escondidos que tíñamos que encontrar. 

Fixemos postais navideñas para felicitar estas festas, creamos árbores de nadal con papel de seda, 

repasamos o contorno dos renos poñéndolles chinchetas, buscamos as pinzas navideñas para facer as series que encontramos nas tarxetas, 

con gomas recreamos imaxes de nadal (botas, renos, árbores). 

Estas son sempre datas moi especiais nas que desfrutamos moito creando, xogando, imaxinando e sobre todo compartindo. 

 

DECEMBRO NO AMBIENTE DE ARTE

Para pechar este trimestre vos contamos o que fixemos no mes de decembro no ambiente de arte.

Estivemos creando algúns adornos navideños como os bastóns de caramelo cos limpiapipas ou os pompóns para decorar a escola.

Ademais, fixemos a nosa propia árbore de nadal con papel de cores, ceras blandas e acuarela.

Non nos esquecimos de decorar a árbore, de xogar a diferentes xogos como as parellas ou o bingo de nadal e de atopar as cores desta época do ano en diferentes imaxes.

Tivemos tamén a oportunidade de superar os retos que tiñamos preparados para acadar a bandeira de Mario Bros e de xogar aos minimundos, coa mesa de luz, ler contos ou facer equilibrios coa táboa curva.

Pasámolo moi ben. En xaneiro máis e mellor!

 

A MAXIA DO XOGO. OS RETOS DE MARIO BROS (III)

Chegamos ao final! 

Xa acadamos os 9 retos que nos propuxo Mario Bros e agora imos a pola bandeira para conseguir o reto final.

Estes días desenvolvimos as seguintes actividades: No ambiente de arte construimos cos policubos diferentes figuras do xogo como a tubería, a M de Mario ou a parede de ladrillo.

No ambiente de verbas fixemos unha sopa de letras na que tiñamos que buscar os nomes das nosas personaxes.

No ambiente da natureza tivemos obradoiro de costura, tivemos que coser a simbólica M de Mario. 

Xa falta moi pouco!

A MAXIA DO XOGO. OS RETOS DE MARIO BROS (II)

Seguimos cos retos de Mario Bros para traballar co PDI deste ano: A maxia do xogo.

Nestas dúas semanas levamos a cabo os seguintes retos: No ambiente de arte debuxamos ás nosas personaxes: Mario, Yoshi e Peach, seguindo unhas pequenas indicacións para conseguilo. O resultado foi moi bo!

No ambiente de verbas fixemos unha actividade para encerrar a Toad. Empregando depresores de madeira tiñamos que procurar representar o modelo que se nos proporcionada na tarxeta e así deixar a Toad aí agochado.

Finalmente, no ambiente de natureza tivemos que para construir a pista de coches de Mario. Cada un e cada unha construíuna como quixo e quedaron percorridos moi diferentes e divertidos.

Xa case conseguimos a nosa bandeira! 

AMBIENTE DE NATUREZA:NOVEMBRO II

Xa na última metade de novembro realizamos estas propostas no ambiente de natureza:observación dos bichos pau, trazo e escritura de números, construcción de pistas de coches ,sumas con canicas, embudo e escurridor no areeiro,construcción con regletas dunha torre respondendo a cantos pisos pode ter a túa torre?, orientación espacial no plano seguindo un modelo, debuxo e escrita de mandarina e laranxa falando das características de cada unha,tornillería e coma sempre o noso taller funcionando en todo momento. 

 

AMBIENTE DE NATUREZA: NOVEMBRO I

Propostas no ambiente de verbas ,xogo simbólico na sombrerería" Fene",descorazonar mazás e quitar semillas(ou comer a mazá coma fixeron nalgún caso), ler libros, facer series numéricas con sacos de area e números para responder a pregunta, Cantos sacos precisas para facer unha espeiral?.Contrucción do castelo de Mario Bros con pezas de Numicom o que conlevou conteo de pezas, sumas con contas de cores para facer unha varita máxica, xogo co areeiro, montaxe dunha persiana coas lamas, precisión e boa motricidade fina para colocar os números nas pólas da árbore. E sempre traballo no noso taller que non para de  funcionar.

O máis grande destes ambiente é o acompañamento de maiores e peques xuntos!

 

 

Distribuir contido