Magosto, Nadal, Entroido, Deporte Escolar, Saídas, Festivais, Actividades

Inauguración da Exposición

O xoves, día 5 de marzo inaugúrase a exposición con todo o profesorado do centro.

E o venres, día 6, visitan a exposición os directores e alcaldes dos concellos que colaboran e participan de xeito activo, para que todo isto sexa posible:

A continuación unha pequena mostra dos stands, onde apreciaredes as diferentes temáticas que se expoñen:

A Memoria dos Obxectos na Galicia entre os anos 1936 e 1975

O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo está a levar adiante o proxecto: "A memoria dos obxectos na Galiza entre os anos 1936 e 1975". IDEA DO NOSO COMPAÑEIRO MONCHO PÉREZ, estará aberta a partires do día 2 de marzo.

Contamos co apoio e colaboración de todos os centros da comarca, particulares que doan obxectos en concepto de préstamo, e das achegas económicas de establecementos comerciais, dos Concellos de O Carballiño, Beariz e Maside e tamén da Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galicia.

OBXECTIVOS

Facer memoria, a través dos obxectos, documentos gráficos e escritos, despertando emocións e sentimentos en xeracións anteriores ao recordar os obxectos que formaron parte da súa vida.

Apreciar que a riqueza do léxico que integra a nosa lingua segue viva e muda nestas fontes etnográficas e, deste xeito, enriqueceremos o noso vocabulario, facendo que esas palabras sexan audibeis ao manipular os obxectos, e ao mesmo tempo as xentes veranse reflectidas no seu pasado máis o menos inmediato.

CONTIDOS

Están recollidos en stands de diferentes temáticas:

  • Recreación dunha xastrería, apeiros de labranza, colmado, café-bar, pousada, barbería, escola, igrexa, biblioteca, salón recreativo, carpintería, xoguetería, sala de cine e quiosco de prensa.
  • Bibliografía da época e recursos didácticos: audiovisuais, impresos e manipulativos.
  • Fotografías, postais e láminas que amosan a paisaxe e a sociedade de Ourense. O Carballiño e outras localidades galegas.
  • Carteis de cine, moedas, billetes, selos, discos de pizarra e vinilo, ferramentas, máquinas de escribir, Santos das casas, colección de caixas de mixtos, cámaras fotográficas, tocadiscos,...

CENTROS QUE PARTICIPAN

Os colexios de Vila de Arenteiro, Sagrado Corazón, IES Nº1, IES Chamoso Lamas. Ceip de Beariz e Ceip Terras de Maside, ademáis do noso centro.

Saída a Ourense: "Os Narigudos"

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria, acudiron ao Auditorio de Ourense a unha actividade organizada pola Fundación de Abanca, o mércores día 25 de febreiro:"Os Narigudos" de Tanxarina Títeres.

Un teatro de monicreques: Na illa dos Narigudos, todo son problemas por mor dos enormes narices dos seus habitantes. Bartolo é escollido para ir procurar a solución á casa do Chan Tanda, o home máis sabio do mundo. Máis a vida está chea de tentacións. E se puidese trocar o seu nariz por un máis pequeno? A obra fai reflexionar sobre a solidariedade e a importancia de valorarnos como somos.

Campionato de Badminton

O mércores 25 de febreiro, celebrouse a final comarcal de bádminton da Comarca do Carballiño, organizado pola Agrupación Deportiva Arenteiro e coordinada por Cristina, nas instalacións do IES Nº 1 do Carballiño.

O noso centro tivo 12 representantes nas categorías alevín masculino e feminino.

Participaron, ademáis do noso centro, os colexios de Boborás, O Irixo e Vila do Arenteiro. Foi unha xornada moi intensa na que, ademáis de competir, convivimos cos nosos compañeiros dos outros centros.

Conquerimos 3 medallas:

Na categoría Alevín masculino:

  • 1º posto para Daniel Fariñas Ameijeiras.
  • 3º posto para David Martínez Rivera.

Na categoría Alevín feminino:

  • 2º posto para Noa Casas Hernández.

Para visionar máis fotos preme na seguinte ligazón

OUTRAS FOTOS DO CAMPIONATO

O Entroido 2015

O venres día 13 celebramos o entroido no cole. Os disfraces ocuparon as aulas: tanto profesorado como alumnado.

  

Final Provincial de Campo a Través

O sábado 31 de xaneiro celebrouse a Final Provincial de Campo a Través, en Ribadavia. O noso Centro participou con cinco equipos: infantil masculino, alevín masculino e feminino e benxamín masculino e feminino:

Un día de Deporte e un gran compañeirismo! Noraboa a todos os participantes polo seu esforzo.

Día da Paz 2015

O venres 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz. Este ano cada titoría decorou unha camiseta coas que fixemos unha exposición na entrada do Centro.

Tamén un grupo de alumnos e alumnas representou unha coreografía no pavillón, coa asistencia de todos os nenos e nenas do edificio da Uceira.

  

 

Final Comarcal de Campo a Través

O martes 27 de xaneiro celebrouse no Puzo do Lago a final Comarcal de Campo a Través. Participaron ademáis doutros, todos os centros da vila e da comarca.

Noraboa a todos os participantes, e dun xeito moi especial aos gañadores!

SPINDERELLA: Interactive Theatre in English

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria acudiron o mércores día 21 de xaneiro, a unha sesión de Teatro Interactivo en inglés, no Auditorio de Ourense. A obra titulábase "Spinderella" e foi representada por Blue Mango Theatre:

A MODERN MUSICAL VERSION OF CINDERELLA ...

Cindy has always dreamed of being a famous pop star, but the only time she can sing is when she is doing the housework for her older sister, Becky. When Cindy’s fairy godfather “The Karaoke King” arranges for her to go to the singing competition, it looks like her dreams might come true. But not if Becky can help it….

This entertaining comedy is a modern version of the classic Cinderella story, and includes the following themes; healthy eating, active living and following your dreams.

Ademáis para complementar a saída, visitaron o Claustro de San Francisco. Unha mañá moi aproveitada!

 

 

Festival de Nadal 2014

O xoves día 18 de decembro celebramos o Festival de Nadal no Centro, que estivo organizado do seguinte xeito:

EDIFICIO CALVO SOTELO (xoves 18 ás 15:30 h.)

  • É Nadal (power point)
  • Panxoliña: la orquesta original (4 anos)
  • Poema: Papá Noel despistado (4 anos)
  • Canción: o inverno (3 anos)
  • Los cuentos van a Belén (5 anos)
  • Chistes (5 anos)
  • Panxoliña: los colores vamos al portal (todos)
  • Visita de Papá Noel, organizada polas familias.

EDIFICIO CAMPO FEIRA (xoves 18 ás 15:30 h.)

Popurri (todos xuntos):

  • Campanita del lugar.
  • Imos a Belén.
  • Los peces en el río.
  • 25 de Nadal.
  • Dádenolo aguinaldo.
  • Un feliz Nadal.
  • Visita de Papá Noel, organizada polas familias.

EDIFICIO UCEIRA

ED. INFANTIL ás 10:15 h.

  •  Villancico: la vaca haciendo mu (3 anos).
  • Dramatización: buscando Papá Noel a árbore de Nadal (4 anos).
  • Canción: en Navidad (5 anos)
  • Canción aquella estrella de allá (todos)

5º e 6º de ED. PRIMARIA ás 11:00 h. 

  • Poesía: el pantalón de Papá Noel 5º A.
  • Villancico: los peces en el río 6º A.
  • Baile: adrenalina 6º A.
  • Baile: bad 6º B.
  • Canción: si no te quisiera 6º C.
  • Rap 6º C.
  • Canción: si me voy 6º C.
  • Canción: la, la, la, 6º C.
  • Villancico: hoy he visto una estrella (6º todos).

1º, 2º e 3º B de ED. PRIMARIA ás 12:15 h.

  • Canción: Dominick the donkey 1º A.
  • Baile: let it snow 1º B.
  • Canción: the little snowman 1º C.
  • Panxoliña: Rinio 2º A.
  • Teatro: as pousadeiras de Papá Noel 2º B.
  • Canción: solo con tres letras 2º B.
  • Teatro: as boneca de Rosiña 2º C.
  • Canción y poema: lluvia 3º B.
Distribuir contido