Magosto, Nadal, Entroido, Deporte Escolar, Saídas, Festivais, Actividades

Charla sobre a Vespa Velutina

O venres día 6 de abril os nenos de 6º de Ed. Primaria asistiron a unha charla organizada polo Concello sobre a VESPA VELUTINA, a vespa asiática que ameaza as abellas locais. Os nenos e nenas aprenderon a preparar trampas caseiras para atrapalas e deste xeito reducir a súa propagación.

Entroido 2018

Celebramos no colexio o Entroido cun desfile no patio do Edificio Uceira.

 

 

 Tan importante foi o noso desfile que tivo repercusión periodística

O CARBALLIÑO ESTACIÓN ESPACIAL DO ENTROIDO

Día da Paz 2018

Con motivo do Día da Paz 2018, no Ceip Plurilingüe Calvo Sotelo creamos un vídeo LIPDUB desde Ed. Infantil ata 6º de Primaria.

 

 "CELEBRA LA VIDA"

(Premer na imaxe para ver o vídeo. Debido a cantidade de visitar para velo hai que descargalo)

Tamén saimos todos ao patio para conmemorar este día.

Teatro en inglés: "Zapping"

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, acudíu o día 22 de xaneiro ao espectáculo de teatro en inglés "Zapping" onde ademais de pasalo moi ben, aprenderon interactuando cos actores sobre os planetas do Sistema Solar.

 

 

Magosto 2017

O venres día 10, celebramos no cole o Magosto, con diferentes actividades:

  • Deseño de carteis por aulas.
  • Deseño individual de bolsos para gardar as castañas.
  • Xogos no patio: xogo do baile das castañas, carreira de castañas, equilibrio con castañas, zorregada, o pano, come castañas, as varas, etc.
  • Degustación de riquísimas castañas asadas.

 

Halloween 2017

O martes día 31 de outubro celebramos no cole o día de Halloween. O cole adornouse para tal ocasión. Fixéronse moitas actividades relacionadas coa temática: decoráronse as portas de cada titoría, trouxeron alimentos terroríficos, exposición de cabazas, disfraces, truco ou trato polas portas do colexio,...

 

  

Entroido 2017

Este curso celebramos o ENTROIDO cun desfile no patio do Colexio. Os disfraces fixéronse sobre o tema: Xogos e Deportes.

Que emocionante!

(Premer na imaxe para ver máis fotos)

Xornada de Educación Vial

Os días 21 e 22 de marzo celebráronse no centro xornadas de Educación Vial impartidas por persoal de tráfico para 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria.

Contacontos: "O cociñeiro Martiño"

O luns día 6 de febreiro, os alumnos e alumnas de Ed. Infantil, 1º e 2º de Primaria disfrutaron coa historia do "Cociñeiro Martiño" que relatou Iago López.

Contacontos: " As miñas lendas"

Na tarde do Día da Paz, os alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria, disfrutaron con Raquel Queizás, dunha sesión de contacontos: "As miñas lendas".

 

Non esquezades participar no concurso da biblioteca co debuxo máis orixinal, sobre algunha destas lendas.

Distribuir contido