Skip to Content

logos á dereita

Nadal, Entroido, Saídas, Fin de curso, Actividades

8M 2023

Conmemoración do Día da Paz

Conmemoramos o Día Escolar  da  Paz e a Non Violencia a través de varias actuacións musicais. O alumnado de Educación Infantil  realizou unha percusión de ritmos africanos, Si ma ma ka.

Os nenos e nenas de 1°,2° e 3° interpretaron a súa propia versión de "Imagine", de John Lennon e, para rematar, o alumnado de 4°,5° e 6°  formou  a palabra  PAZ.

UN DÍA SEN MOCHILA-POLOS CREATIVOS

Polos creativos propúxonos un reto: unha tarefa centrada no ODS número 12: "Produción e consumo responsable". O 14 de abril tratábase de amosar creatividade, iniciativa e conciencia ecolóxica, empregando material de refugallo e en colaboración coas familias. Resultado? Todo un éxito. Grazas a toda a comunidade educativa.

FAI CLIC AO TEU BOCATA

Obradoiros "FAI CLIC AO TEU BOCATA"

O noso centro está a participar estas semanas no programa creado pola Consellería do Mar (dentro do Plan Proxecta) cun dobre obxectivo: promover o consumo de conservas do mar de Galicia e tentar equilibrar as súas dietas alimentarias.

 

 

HALLOWEEN 2022-2023

Grazas aos nenos/as de 6º EP por bailar para todos os compañeiros/as de Primaria. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut