5º de E. PrimariaENTROIDONo CEIP Cabada Vázquez celebramos o entroido con moita ilusión. Nas últimas semanas creamos disfraces, partindo do lema da nosa biblioteca escolar deste curso: "PRÓXIMA MISIÓN: SEN PLÁSTICOS", buscando materiais que se puideran reciclar e utilizamos a temática do mar. O alumnado e o profesorado participou de diferentes formas: cantando, bailando, regueifando despois dunha camiñata ata o pobo, para promocionar o noso PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO (PDC: XOGADE e Móvete +)
Ademais contamos coa colaboración das familias que nos acompañaron durante o desfile e nos deleitaron cunhas regueifas.
Foi un día especial que compartimos en familia toda a comunidade educativa.
TRABALLOS DO MARESTES SON AS PRESENTACIÓNS FEITAS POLO ALUMNADO DE 5º E 6º SOBRE OS SERES VIVOS MARIÑOS.
https://view.genial.ly/5e2ea92e35ef460490c50e69/presentation-as-algas ( categories: )
AMAR O MARO NOSO PROXECTO "AMAR O MAR" DEU COMENZO COA PROXECCIÓN DUN VÍDEO DE COUSTEAU, E COA VISITA DO MESTRE VÍCTOR LOMBA, QUE SE BRINDOU A COMPARTIR CONNOSCVO ÁS SÚAS EXPERIENCIAS SOBRE O MAR. A PARTIR DE AÍ, DEMOS COMENZO Á INVESTIGACIÓN POR PARTE DO ALUMNADO DE PREGUNTAS SOBRE O MAR E A VIDA NESTE, PARA ASÍ COMENZAR O TRABALLO NOS CONTEXTOS E A NOSA SAÍDA AO MUSEO DO MAR , EN VIGO, O QUE RESULTOU ALTAMENTE ENRIQUECEDOR
Aquí amosamos a marabillosa vida do mar pero tamén temos que amosar a triste realidade. Nas nosas mans está que estas dúas últimas mostras sexan tan só imaxes. ( categories: )
Os alimentosRematamos o proxecto dos alimentos. Antes de comenzalo os de 5º e 6º pudemos asistir a o programa "SABOREA ESTRADA", onde cociñamos a receita elexida entre as presentadas polo alumnado de 5º e 6º. Comprobamos que algúns alimentos teñen almidón, algúns de forma natural e outros porque se lle engade. ( categories: )
OBRADOIROS DE NADALPARA CELEBRAR O FINAL DE TRIMESTRE NADA MELLOR QUE PARTICIPAR EN DIFERENTES OBRADOIROS, COMO MANUALIDADES, BAILE, MÚSICA E COCIÑA. AQUÍ PODEDES VER O QUE NOS DIVERTIMOS NO DE COCIÑA . NON MÁIS PLÁSTICOSO noso proxecto do plástico comenzou coa visualización dun vídeo sobre o plástico e os seus efectos na vida dos seres vivos. PODEDES VER ALGUNHAS FOTOS DE DIFERENTES MOMENTOS NOS RECANTOS.
|