5º de E. Primaria

CEIP Cabada Vázquez CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O CEIP Cabada Vázquez intenta concienciar á comunidade educativa da prevención, detección e actuación en Contra a Violencia de Xénero,  por iso está a realizar diversas actividades relacionadas con esta temática como son: a creación de lemas que se colocaron nos chanzos da escaleira do colexio, crear e cantar unha canción en contra da violencia de xénero, contacontos, ...

CANCIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


 

LEMAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

 

ULA LÚA? CONTACONTOS CON CELTIA FIGUEIRAS

( categories: )

O HORTO

O venres 15 de novembro retomamos os traballos do horto, despois da limpeza dos bancais.

Traballamos a asociación de cultivos, o ciclo da materia orgánica,entre outras cousas. Plantamos allos e chícharos, e tamén vimos a distancia que tiñamos que deixar entre as sementes.

MÁIS CLARO AUGA

   

Aquí vos quedan as fotografías do proxecto rematado "MÁIS CLARO, AUGA".

No contexto científico recreamos ecosistemas, construímos depuradoras, fixemos filtros de auga .

No humanístico, traballamos os ríos da Estrada, os seus afluentes, .....

No matemático calculamos a auga que gastamos diariamente, averiguamos a lonxitude do Ulla e do Liñares, recorrémolo co beebot.

No lingüístico, colocamoslle os pés de foto da saída ao Ulla , onde vimos o estado da auga e averiguamos se tiña as condicións axeitadas para o seu uso.

Ao final do proxecto, entre todos fixemos un repaso do que aprendemos. Logo escribímolo, para poder levar as nosas casas e que vós poidades comprobar a cantidade de cousas que sabemos.

INICIAMOS OS PROXECTOS

Este curso, deu comenzo o noso traballo por proxectos.

Iniciamos  con un "BENVIDOS", onde traballamos as árbores do noso patio, o noso Patrimonio, os planos das dependencias do noso Centro e, as escalas , as nosas caractrísticas persoais,..... A continuación, levamos a cabo "Mais claro, auga", no que ainda estamos a traballar.

Imos a amosarvos algúns momentos do noso traballo.

Distribuir contido