1º de E. Primaria

CANTANTO DE BAILANDO APRENDEMOS O ABECEDARIO

 

CANTANDO E BAILANDO APRENDEMOS O ABECEDARIO

 

A canción de MAGÍN BLANCO “O abecedario” complementa o libro O abecedario, con ilustracións de Óscar Villán, publicado pola Mesa pola Normalización Lingüística.

A música é unha ferramenta fundamental pois con ela motivamos na comprensión e memorización dunha forma divertida. Conseguiremos desenvolver o sentido do ritmo, fomentar a imaxinación e a capacidade creativa, aumentar o vocabulario e favorecer que expresen as emocións.

A letra da canción de O abecedario é unha boa ferramenta para ensinarlles aos nenos e nenas o abecedario galego así como para estimular a linguaxe oral e ao mesmo tempo entretelos. Cantar é un excelente recurso didáctico para os nenos e nenas. Favorece o desenvolvemento da atención, concentración, memoria, imitación, comunicación e socialización.

 

 

 

 

ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN FÍSICA 1º E 2º (do 3 ao 17 de abril)

ACTIVIDADES DE EF (pincha no enlace)

 

TRABALLOS DO ALUMNADO

 


 

Reto coa raqueta e a pelota: https://youtu.be/iAS5cK1vXlY
 
 
 
 
Xogo dos animais:  https://youtu.be/Xq3_Y3y_tns

 


 


ENTROIDO

No CEIP Cabada Vázquez celebramos o entroido con moita ilusión. Nas últimas semanas creamos disfraces, partindo do lema da nosa biblioteca escolar deste curso: "PRÓXIMA MISIÓN: SEN PLÁSTICOS", buscando materiais que se puideran reciclar e utilizamos a temática do mar.

O alumnado e o profesorado participou de diferentes formas: cantando, bailando, regueifando despois dunha camiñata ata o pobo, para promocionar o noso PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO (PDC: XOGADE e Móvete +)

 

 

 

 

Ademais contamos coa colaboración das familias que nos acompañaron durante o desfile e nos deleitaron cunhas regueifas.

 

Foi un día especial que compartimos en familia toda a comunidade educativa.

 

OBRADOIROS DE NADAL

 PARA CELEBRAR O FINAL DE TRIMESTRE NADA MELLOR QUE PARTICIPAR EN DIFERENTES OBRADOIROS, COMO MANUALIDADES, BAILE, MÚSICA E COCIÑA.

AQUÍ PODEDES VER O QUE NOS DIVERTIMOS NO DE COCIÑA .

   
   
   
   
   
   
   
 
   

EDUCACIÓN EMOCIONAL

Dentro dos novos proxectos do CEIP CABADA VÁZQUEZ está o traballo da Educación Emocional.

Ao longo deste trimestra realizamos diversas actividades para desenvolver a nosa intelixencia emocional.

No seguinte vídeo facemos un resumo das actividades plásticas.

 

 

Bo Nadal Candela!!

Os teus compañeiros e compañeiras de 1º do Ceip Cabada Vázquez

deséxanche UNHAS BOAS FESTAS E UN FELIZ 2019!!

( categories: )
Distribuir contido