3º de E. Primaria

#Euquedonacasa (I stay at home) ARTS 3º 4º

Enviado por Mary o Xov, 30/04/2020 - 02:02

Reto, reto, retooooo

 

Co reto desta semana imos convertirnos en arquitectos e facer unha construcción con material de reciclaxe.

 

Elixide a proposta que máis vos guste

sico

click sobre a imaxe

 complexo

click sobre a imaxe

 

DÍA INTERNACIONAL DA DANZA

Hoxe é o "Día Internacional da Danza", así que vos deixo algunha ideas para que vos movades con moito ritmo:

Bailade moito e pasádeo moi ben!

 

Recomendacións do DO para esta semana

 

 

 

ESTA SEMANA O EQUIPO DE ORIENTACIÓN

 

 

INVÍTANOS A IR AO CINE!!

 

 

  

 

 

 

 

TAREFAS DO ALUMNADO

OLA RAPACES E RAPAZAS.

CLICA NA IMAXE PARA VER O TRABALLO PARA ESTA SEMANA (27-30 DE ABRIL)

 

MÚSICA 3º-4º PRIMARIA

 

MÚSICA

MUIÑEIRA DE PONTESAMPAIO

(Actividades do 23 ao 30 de abril)

 

Esta semana continuamos coas partes B, C e D da Muiñeira de Pontesampaio.

 

POÑEDE A VOSA IMAXINACIÓN A TRABALLAR!!! 

QUE TEDES NA CASA CO QUE PODEDES FACER MÚSICA?? UTENSILIOS DE COCIÑA, XOGUETES, LÁPICES, BOTELLAS, ...

 

Empregade o que queirades para facer os ritmos, incluso podedes caracterizarvos (seguro que tedes algún disfrace na casa, mesmo vos

podedes pintar a cara). Imos a pasalo moi ben e facer algo divertido.

Con todos os vídeos que mandedes farei a montaxe de todas as partes e subirase á páxina web do colexio para que toda a comunidade escolar

poda desfrutar da vosa interpretación.

 

COMO TEÑO QUE FACER??

 

1º Escoitar a parte B mirando a partitura do ritmo. EN TODAS AS PARTES ESCOITAREDES ANTES DA CANCIÓN OITO PULSOS QUE

NOS SERVEN DE GUÍA PARA SABER A VELOCIDADE.

2º Practicar a PARTE B, primeiro sen música e despois coa música empregando como instrumento musical o que se che ocorra.

3º Cando che saia, grava un vídeo e envíamo por correo electrónico.

4º Fai o mesmo coas partes C e D cambiando de obxectos para facer os ritmos.

 

 PARTE B

 

AUDIO PARTE B

 

PARTE C

 

AUDIO PARTE C

 

 PARTE D

 

AUDIO PARTE D

 

 

 

 

 

 

 

EDUCACIÓN FÍSICA 3º e 4º _ Muiñeira hip hop (Do 23 ao 30 de abril)

EDUCACIÓN FÍSICA _ MUIÑEIRA HIP HOP

(Actividades do 23 ao 30 de abril)

 

Esta semana imos aprender varios pasos para crear a “muiñeira hip hop” que estabamos a inventar na clase. Facédeo o mellor que poidades e enviádeme de volta os vídeos cos pasos que vos pido para facer unha montaxe coas vosas aportacións.

 

Para empezar comezamos quecendo un pouco todo o corpo. Sígueme!

https://youtu.be/GnImsMSsxXI

 

 

Agora xa estamos preparados para aprender os pasos:

1º paso:  https://youtu.be/7wliLhkPcZM

2º paso: https://youtu.be/HCAh7OKcpoE  (se o precisas podes aprendelo máis amodo seguindo este vídeo: https://youtu.be/UZfqGIaDsnQ )

3º paso: https://youtu.be/nCK5zaacyIM  (se o precisas podes aprendelo máis amodo seguindo este vídeo: https://youtu.be/vNlSIJTOqa8 )

 

Cando che saian ben os pasos envíame un vídeo con cada un. Usade o meu correo electrónico (se aínda non o tedes pedídello á titora. Quen teña o meu teléfono pode enviarmo por wathsapp).

 

Para terminar estiramos un pouco:

https://youtu.be/oEnaCyGf_4s

 

 

Saúdos, saúde e móvete moito!

Carmen.

Distribuir contido