3º de E. PrimariaEDUCACIÓN FÍSICA 3º e 4º _ Muiñeira hip hop (Do 23 ao 30 de abril)EDUCACIÓN FÍSICA _ MUIÑEIRA HIP HOP (Actividades do 23 ao 30 de abril)
Esta semana imos aprender varios pasos para crear a “muiñeira hip hop” que estabamos a inventar na clase. Facédeo o mellor que poidades e enviádeme de volta os vídeos cos pasos que vos pido para facer unha montaxe coas vosas aportacións.
Para empezar comezamos quecendo un pouco todo o corpo. Sígueme!
Agora xa estamos preparados para aprender os pasos: 1º paso: https://youtu.be/7wliLhkPcZM 2º paso: https://youtu.be/HCAh7OKcpoE (se o precisas podes aprendelo máis amodo seguindo este vídeo: https://youtu.be/UZfqGIaDsnQ ) 3º paso: https://youtu.be/nCK5zaacyIM (se o precisas podes aprendelo máis amodo seguindo este vídeo: https://youtu.be/vNlSIJTOqa8 )
Cando che saian ben os pasos envíame un vídeo con cada un. Usade o meu correo electrónico (se aínda non o tedes pedídello á titora. Quen teña o meu teléfono pode enviarmo por wathsapp).
Para terminar estiramos un pouco:
Saúdos, saúde e móvete moito! Carmen. #Euquedonacasa (I stay at home) 3rd/ 4th EnglishEnviado por Mary o Mér, 22/04/2020 - 23:32
( categories: )
#Euquedonacasa (I stay at home) EnglishEnviado por Mary o Lun, 20/04/2020 - 14:08
Stories A Editorial Macmillan ofrece de luns a venres unha serie de contos dramatizados, contados en directo as 11:00 en aberto para todos, e algún deles estarán na páxina activos para poder velos as veces que queirades.
Deíxovos o enlace para que vos conectedes cando vos veña ben.
O de hoxe é: (clica sobre a imaxe)
No seguinte enlace tedes a mesma historia lida en alto ao tempo que podedes ler do propio libro, parando as veces que o precisedes.
Espero que vos guste.Take care!!( categories: )
MOVÉMONOS COA MÚSICA IIRETO 3º e 4º: MÚSICA – EDUCACIÓN FÍSICA
Para esta semana temos un novo reto, no que combinamos as áreas de Música e Educación Física. Antes de empezar le as instrucións e logo practica.
1º Comezamos quecendo un pouco. Imita o vídeo: https://youtu.be/O1bzuFFUq44
2º Temos que facer o ritmo correspondente á parte A da Muiñeira de Pontesampaio, que aprendemos a semana pasada. Para isto precisamos unha raqueta e unha pelota. Mirade o vídeo para entender mellor a actividade: https://youtu.be/tmYHBFJtIes
Escoitade varias veces o audio antes de comezar a practicar. https://www.dropbox.com/s/yaekgnbg8tqixc0/AUD-20200415-WA0009.mp3?dl=0 Hai unha introdución de 8 pulsos antes de empezar a realizar a actividade.
Tedes ata o 23 de abril para enviarlle á profe Carmen un vídeo como o da profe Irene. Se aínda non o tes, pídelle o correo a túa titora.
AUDIO PARTE A
3º Para rematar a sesión estiramos. Sigue o vídeo: https://youtu.be/yKDnOyKvzg8
INFORMACIÓN "Muiñeira de Pontesampaio"
Grupo MILLADOIRO Milladoiro é un grupo musical galego de folk, creado no ano 1979. Está considerado como o máis internacional dos grupos galegos, e un dos máis importantes investigadores de novas sonoridades para o folk galego. Para máis información do grupo e ver algún vídeo visita a páxina:
Saúdos, saúde e moito ánimo!!!
Irene e Carmen.
|