blogue deBlanco Rodríguez Rosa

Traballo proba para 2º

Podedes realizar este traballo e ao acabar darlle a terminado e enviarma

 

TRABALLO DE 2º PARA 1º SEMANA DO 3º TRIMESTRE

Ola rapaces, rapazas e familias!

Aquí vos deixamos algunha tarefa para esta semana. Xa sabemos que no é doado facelas así, pero seguro que estades aprendendo outras moitas cousas importantes tamén. Deixádevos axudar polas vosas familias e colaborade moito para pasar mellor o tempo e enchervos de experiencias que teredes que contarnos a volta.

Moitos biquiños! Facede as cousas amodiño para que vos saian mellor e vos sexan máis divertidas.

Ata pronto e non dubides en comunicarvos con nós.

As vosas profes!

 

RECITANDO POEMAS

Ola rapaces, rapazas e familias!

Aquí vos deixamos neste pequeno vídeo a  recopilación de poemas que nos fixestes chegar. Memorizar e recitar poemas e unha maneira divertida de entreterse e de mellorar a entoación e a pronuncia na lectura. Seguide así xa que un pracer escoitarvos! E se vos apetece podedes escribir algún comentario na entrada do blog para mater o contacto. Moitas grazas familias!

Un abrazo, as vosas mestras!

 

AUDIO-VÍDEO DE 2º CURSO E RECOMENDACIÓNS DE SEMANA

Ola familias!

Quedan nesta entrada dous audio-vídeos onde se recollen todos as lecturas do cómic EL LOBO Y EL CUERVO que os nosos alumnos e alumnas gravaron nas súas casas. Como se trata dun traballo de todos, queremos propoñervos que xoguedes a adiviñar que compañeiros ou compañeiras son os que están lendo, non tedes máis pistas ca súa voz. Ánimo e a xogar!

Ademais, queremos recodarvos que sigades facendo algunha cousiña neste tempo excepcional  de "vacacións" polo que vos achegamos unhas recomendacións nun arquivo adxunto. Un abrazo para todos e todas e lembrade "QUEDONACASA"

As vosas profes!

ACTIVIDADES ESCOLARES PARA 2º DE PRIMARIA (3º semana)

Ola familias! Vai dar comezo a terceira semana de confinamento e os vosos fillos e fillas e os nosos alumnos e alumnas, pola información que temos, estannos dando unha gran lección de madurez e responsabilidade. Un gran aplauso para eles!

Nós, sentímonos moi satisfeitas do traballo que fixestes gravando os vídeos e os audios, é un  pracer escoitalos!

Confiamos en que axiña todo volva a normalidade e voltemos ás aulas medrados en ánimo e fortaleza, mentras tento deixámosvos aquí as tarefas da 3º semana para ir facendo pouco a pouco e sen perder as gañas de aprender. Non dubidedes en poñervos en contacto con nós se o necesitades.

Grazas e unha aperta!

O ALUMNADO DE 2º DÁ LECCIÓNS SOBRE ANIMAIS: PEIXES, AVES, RÉPTILES e ANFIBIOS

Queda reflectida, nestes dous vídeos, unha actividade sobre os animais realizada polo alumnado de segundo de primaria en colaboración coas súas familias. Este traballo seviulles e serviunos, nestes días tan duros de confinamento, para aprender de xeito diferente, para estar entretidos e, sobre todo, para estar en constante comunicación cos nenos e nenas deste curso e tamén coas súas familias. Foi un pracer!

Esperamos que vos gusten e que pasedes un anaquiño divertido vendo o voso traballo e o dos vosos compañeiros e compañeiras. Seguimos en contacto!

ACTIVIDADES ESCOLARES PARA 1º E 2º DE PRIMARIA

Ola nenos, nenas e familias!

Nestes momentos do curso, tan excepcionais e diferentes, sentímonos na obriga de poñernos en contacto con vós para enviarvos algunha actividade escolar e, sobre todo, achegarvos alento e moito ánimo para superar esta situación de aillamento e conseguir o reto <<QuedoNaCasa>>

Un abrazo moi agarimoso!

 

As vosas mestras e mestres

EDUCACIÓN FÍSICA

Deixamos nesta entrada as actividades que recomendamos para E.Física.

Bo exercicio! Saúdos

ACTIVIDADES 1º DE PRIMARIA

Adxuntamos a esta entrada en dous PDF o traballo para o alumnado de 1º de primaria.

Coidádevos!

Un saúdo!

TRABALLO ESCOLAR PARA REALIZAR O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA CEIP PLURILINGÜE A PEDRA

No arquivo adxunto que acompaña a esta entrada  queda programado o traballo para o alumnado de 2º de primaria para realizar nesta primeira semana de corentena.

Ánimo e lembrade consultarnos todas as dúbidas  que teñades

nos seguintes correos.

 rosablanco@edu.xunta.es  ou mvalbu@edu.xunta.es

Saúdos!

 

 

Distribuir contido