Skip to Content

Blogues

HOXE FOMOS AO FIC!!

HOXE FOMOS AO FIC!!!

 

Esta mañá foi especial!!

 

A pesar de que a chuvia estivo a piques de estragarnos a festa; Anita, a directora do cole, salvounos do desastre!! Chamou a CERQUEIRO, e un autobús viunos rescatar para que puidésemos chegar a tempo de gozar das pelis que nos estaban agardando no Centro Social do Mar!!!

 

A semana pasada xa traballaramos na clase sobre varias cuestións relacionadas co FIC como:

              .- Explicar que sabiamos do FIC

 

.-Imaxinar que mira o ollo misterioso que aparece no cartel de FIC deste ano.

 

.-Adiviñar de que tratarían as curtametraxes que habiamos ver hoxe.

 

Estes son os fotogramas; a ver que vos parecen a vós!

 

Antes de marchar, fixemos a foto. MIRADE QUE GUAPXS ESTAMOS!!!

 

    

 

Cando saímos do cine, como xa comezaban a despexarse as nubes, puidemos regresar andando.

 

Ao chegar, lavamos as mans, merendamos a baixamos ao recreo.

 

De volta nas aulas, votamos as pelis que máis nos gustaran.

 

 

As tres que máis puntuación acadaron foron:

 

1º.- POLISÓN (a do barco pirata)

 

2º.- A SOPA DE FRANZY

 

3º.-O MEU AMIGO O TIGRE

Encántanos ir ao FIC!!!

 

QUERÉMOSLLES DICIR

 

“MOITAS GRAZAS!!!”

 

A TODAS AS PERSOAS QUE TRABALLAN TANTO

 

PARA PODER ORGANIZALO

 

E, MOI ESPECIALMENTE,

 

Á NOSA QUERIDA  PROFE MARÍA!!!

 

BENVIDXS A PRIMARIA!!

Xa pasou unha semaniña desde que comezamos e non queremos deixar pasar máis tempo sen darvos a benvida de deixarvos colgada a presentación de diapositivas que empregamos na reunión de familias que tivemos o día 7.

 Sentídevos BENVIDXS AO COLE GRANDE!!

 

 

 PARA VER A PRESENTACIÓN DE DIAPOSITIVAS PREMEDE NA IMAXE e CLICADE AS TECLAS "CONTROL"+ "FUNCIÓN" +"F5" .

 

 

 

 

TAEKWONDO

Esta última semana de setembro tivemos a visita de Belén Asensio entrenadora Nacional de 5ºDAN é dobre campiona Mundial e de Europa. Coa axuda de Jessica organizounos unhas sesións para darnos a coñecer algo máis do deporte que elas practican, o Taekwondo. Fomos baixando por cursos ao ximnasio e alí primeiro comezamos cun pequeno quecemento e logo explicounos como realizar as patadas, que tipo de materiais empregan e normas básicas como o saludo( Kionñe) a posición de combate( Chumbi) grito (kiap)... A continuación fixemos xogos de iniciación por parellas e para rematar a sesión fomos pasando de un en un para medir a potencia das nosas patadas cun mit electrónico. A verdade é que aprendimos algo máis dun deporte olímpico basado nun arte marcial de orixen coreano, o Takwondo. Grazas pola vosa visita e o voso tempo. Ata a próxima.

 

FIC 2023

Que boa maneira de comezar un novo curso! O pasado xoves 21 de setembro baixamos ao centro social para ver as curtas do MINIFIC.

Proxectáronse cinco:

  • Despreocupadamente
  • Chimborazo
  • Ser irmás
  • O cativo e o elefante
  • Boom

Ao saír fixémonos unha foto no photocall da organización.

Encantáronnos todas, pero cando chegamos á clase votamos. Estes foron os resultados.

Ademais de desfrutar das curtas tamén fomos solidarios e colaboramos co banco de alimentos levando produtos de hixiene íntima. Que orgullosxs estabamos!

 

Durante toda esta semana seguimos traballando na aula con divertidas actividades relacionadas co FIC. 

MOITAS GRAZAS POR INVITARNOS!

 

FIC BUEU

 O xoves 21 de setembro a rapazada de terceiro fomos convidados coma todos os anos ao Festival Internacional de Cinema de Bueu.

Coma sempre, é unha excursión que nos encanta!!

Antes de ver os curtos traballamos en clase os diferentes valores que íamos ver, para poder identificalos ese día.

Á volta, fixemos unha votación e o gañador foi "BOOM", un curto divertidísimo que nos encantou a todxs!

ATA O ANO QUE VEN!!

SAÍDA AO FIC

Curtas para pensar, sentir e rir. Iniciamos as primeiras actividades do curso coa saída ao FIC. Unha vez máis o alumnado e o profesorado levámonos unha experiencia enriquecedora e sensible.