blogue deBlanco Rodríguez Rosa

TRABALLO PARA A TITORÍA DE 2º A SEMANA 8-12DE XUÑO

Ola familias, rapaces e rapazas!

Déixovos aquí o traballo correspondente a esta semana, xa son as últimas tarefas deste excepcional curso e as estades facendo moi ben. Ademais, infórmovos de que un día da semana do 15-19 de xuño viredes ao cole por grupiños pequenos para recoller as vosas cousas e poder vernos e despedirnos.

Unha aperta!

TRABALLO PARA A TITORÍA DE 2º A SEMANA 1-5 DE XUÑO

 

Ola familias, rapaces e rapazas!

Déixovos aquí o traballo desta semana, é moi pouquiña cousa, sei que xa estades un pouco cansados e cansadas, pero queda só o último sprint de segundo así que collede moita forza na praia para facer as actividades desta semana.

Unha aperta!

 

TRABALLO PARA A TITORÍA DE 2º A SEMANA 25-29 DE MAIO

Ola familias, rapaces e rapazas!

Déixovos aquí o traballo desta semana, é un pouqiño menos, pero non quero que vos desanimedes senón que collades moita enerxía nesas saídas que facedes para logo realizar os  traballos con alegría, sobre todo a lectura, non a descoidedes nunca.

Unha aperta!

TRABALLO PARA A TITORÍA DE 2º A, SEMANA 18-22 DE MAIO

Ola familias, rapaces e rapazas!

Aquí vos deixo o tarballo desta semana. Anímovos moito a seguir esforzándovos porque pouquiño a pouco xa estamos superando este virus que, de forma inoportuna e a destempo, nos sacou da escola.

Un biquiño!

O profesorado de 2º de primaria

VIAXANDO POLO MUNDO COA IMAXINACIÓN

Estimadas familias, rapaces e rapazas!

Deixámosvos nesta entrada os vosos traballos das viaxes imaxinarias que realizastes polo mundo adiante. Gozade das vosas presentacións e tamén das dos vosos compañeiros e compañeiras.

Se premedes na imaxe de "VIAXANDO POLO MUNDO" veredes a presentación do alumnado de 2º A e se premedes na imaxe de "VIAXANDO DENDE A CASA" veredes a presentación do alumnado de 2ºB.

Unha aperta das vosas profes!

 INVESTIGANDO PAÍSES

 

TRABALLO PARA A TITORÍA DE 2ºA SEMANA 11-15 DE MAIO

Ola familias, rapaces e rapazas!

Informámosvos de que esta semana é a das LETRAS GALEGAS, o vindeiro domingo é o 17 de maio. Para celebrarlo, propoñémosvos algunhas tarefas para homenaxear a  RICARDO CARVALHO CALERO  e  coñecer un chisco da súa vida e da súa obra, mesmo tedes un xogo para realizar en familia e seguro que vos gusta!

Deixámosvos nesta entrada o traballo da titoría e o das especialidades e ademais unha biografía de CARVALHO CALERO para que a teñades de man e a leades. Non cómpre que a imprimades.

Moita ánimo! Xa estamos avanzando.

O profesorado de 2º A

 

TRABALLO PARA A TITORÍA DE 2º A SEMANA 4-8 DE MAIO

Bos días rapaces, rapazas e familias!

Outra semana máis nos seguimos comunicando por este medio, pero cada día estamos máis preto de gañar a batalla ao virus que nos ten na casa sen poder ir a escola. Esta maneira de traballar é moi diferente á do cole, así e todo, tedes que mantervos animados e motivados para realizar estas tarefas que vos propoñemos. Os profes estamos moi contentos de saber de vós e dos vosos avances. Un saúdo!

Este é o enlace para poder ver os vídeos que realizastes de ciencias, están xenial!

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipapedra/?q=taxonomy/term/260

 

VÍDEOS DE INVESTIGACIÓN 2ºA E 2ºB

Rapaces, rapazas e familias desenvolvestes, en xeral, un gran labor de  investigación e creación sobre plantas, medios de transporte, medios de comunicación e vivenda. As profes, con todas as vosas creacións,  elaboramos uns vídeos conxuntos para que vexades e aprendades tanto dos vosos traballos como do dos vosos compañeiros e compañeiras. Gozade do voso esforzo!

PLANTAS 2ºB

PLANTAS 2ºA

MEDIOS DE COMUNICACIÓN

MEDIOS DE TRANSPORTE

OFICIOS

VIVENDA

TRABALLO PARA A TITORÍA DE 2º A

Ola rapaces, rapazas e familias!

Deixámosvos aquí o traballo da semana. Ánimo que os estades facendo moi ben!

Ao profesorado tamén nos é difícil esta situación e falando entre nós, chegamos a conclusión de queriamos achegarvos as tarefas dun xeito máis doado para que non vos perderades buscando polo blog. Entonces, a partires de agora, cada titoría colga na mesma entrada todas as tarefas recomendadas para a semana, tanto as dos especialistas como as  da titora.

Lémbrovos que tamén hai un enlace na web do cole que leva a todas as entradas da TITORÍA 2º A

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipapedra/<ACTIVIDADES COVID> TITORÍA 2ªA

Seguimos en contacto  e a por a segunda fase do confinamento, xa podedes saír a pasear un chisco.

Unha aperta!

 

ACTIVIDADES PARA 2º, SEGUNDA SEMANA-3º AVALIACIÓN

Ola rapaces, rapazas e familias! Seguimos en contacto nesta escola virtual, aínda que teña que ser por medio dalgunha tarefa. É moi difícil para todos, pero queremos pedirvos que fagades as tarefas amodiño e sen enfadarse.Tamén vos pedimos que  nos enviedes as actividades de ENTREGA, gústanos velas! Temos  que estar todos, non pode faltar ninguén!

Ánimo familias!

Un abrazo!

Distribuir contido