CURSO 3ºA 3ºB

NADAL 2021

NADAL 2021

Estes derradeiros días estivemos festexando xa o inicio das vacacións de Nadal; decoramos as aulas, os diferentes murais do centro, vimos algunha película, xogamos máis tempo no patio... en resumo, estivemos de relax!

Hoxe por mor do Covid non puidemos facer os habituais obradoiros, porén fixemos uns máis pequenos por niveis. Nas aulas de terceiro empezamos cun obradoiro de plástica no que elaboramos unha postal navideña. Despois fixeron un obradoiro de movemento moi divertido coa profe Gore. 

Este é un pequeno resumo destes días!

 

MOI FELICES FESTAS E BO NADAL A TODXS!

O UNIVERSO

O UNIVERSO

 

Non adoito repetir un proxecto pero este LIBRO DE LAPELAS sobre o universo, encántame! O NOSO UNIVERSO.

Como cada inicio de proxecto facemos unha sesión anotando todo o que sabemos e o que queremos saber.

Durante meses estivemos investigando a través de lecturas en lingua castelá e lingua galega todos os planetas. Tamén vimos un montón de vídeos sobre cada planeta, anotando as súas características e curiosidades e na biblioteca escoitamos e vimos un pequeno planetario móbil. Por outra banda, na aula de informática en parellas tamén indagamos sobre o planeta que nos tocaba e  realizamos un montón de KAHOOTS sobre o universo para ir repasando a modo de xogo todo o que iamos aprendendo.

Da biblioteca do centro collimos un montón de libros para a nosa aula, tamén o alumnado trouxo libros da súa casa. Así compartimos diversas lecturas e aprendemos un montón de curiosidades.

Con cada lectura traballamos o vocabulario máis importante, aprendemos a subliñar aquela información máis relevante para posteriormente facer preguntas. Desta forma aprendemos a seleccionar os datos.

Para plasmar boa parte do que fomos aprendendo con este proxecto elaboramos este libro de lapelas. 

Así foi o proceso do ben que o pasamos.

 

PARABÉNS POLO TRABALLO!! 

1º TRIMESTRE SUPERADOOO!! ;) 

PROXECTO O CORPO HUMANO

 O CORPO HUMANO

Neste trimestre estivemos traballando o corpo humano. Como sempre tras realizar a asamblea do que sabemos e do que queremos saber, acabamos indagando sobre os distintos contidos do noso corpo. A través de pesquisas individuais e en grupo realizamos diferentes tipos de tarefas na aula. Sempre sendo eles os verdadeiros protagonistas da súa aprendizaxe. Aprender facendo é a mellor maneira de aprender! 

Traballaron en equipo para estudar os ósos, os músculos, os sentidos...

Na aula de informática estiveron indagando sobre os distintos aparatos que cada equipo tiña que traballar. Despois na aula poñían en común o que atoparan. Len en diferentes páxinas, seleccionan a informarmación máis relevante, escoitan vídeos, buscan nos libros da aula e da biblioteca e xogan co aprendido. Porque aprender xogando e facendo é sen dúbida o máis motivador! 

Este é un pequeno resumo de todo o proceso, mirade que ben o pasamos!

 

 

E agora ben a mellor parte, despois de todo o aprendido teñen que expoñer oralmente ao resto dos seus compañeirxs. Así aprendemos todxs de todxs. Este ano por mor da pandemia non podemos ir a expoñer a outras aulas, esperemos que poidamos recuperar a "normalidade" pronto. Sempre era unha activade voluntaria e acababan indo todxs, ata xs máis tímidxs!

Para ser o primeiro proxecto de 3º, teño que dicirvos que sodes UNS E UNHAS CRACKSSS!!!!

PARABÉNS POLO TRABALLO REALIZADO, ESTOU ENCANTADAAAAA XA O SABEDES!!

Tras ensaiar toda a semana, este é o voso resultado:

 

PARABÉNS!! :)

 

 

 

O TEMPO EN BUEU

Esta semana tocounos ir todos os días a recoller os datos meteorolóxicos á caseta! Encántanos esta actividade e este ano tivemos sorte porque non houbo temporal. É unha oportunidade para repasar todo o vocabulario do tempo en galego!

Xa estamos desexando que nos volva a tocar.

NOVEMBRO COA CIENCIA

NOVEMBRO COA CIENCIA

Durante o mes de novembro realizamos diferentes experimentos, botade unha ollada do ben que o pasamos!

Co gallo do noso proxecto anual, o 50 ANIVERSARIO do noso centro, tivemos a gran sorte de contar cunha exalumna e enriba científica. Viñeron visitarnos dúas OCEANÓGRAFAS ESPE E CECI! 

Durante dúas sesións estiveron realizando diversas actividades moi dinámicas, nas que o alumnadx participou moi contentx e ilusionadx elaborando con papiroflexia distintos tipos de plancto, así como tamén puideron observarlos a través dun microoscopio e ver como se movían. 

Grazas por vir e sacar do cofre dos recordos os teus inicios no Ceip A Pedra. Espe falaba con morriña daqueles marabillosos anos da man dun dos mestres que marcou a súa infancia, ARTURO que grazas a el espertou esa curiosidade por aprender, e que segue facendo día a día con entusiasmo. 

FOI UN PRACER ESCOITARVOS!

 

FIC BUEU 3º

O xoves 16 de setembro, os cursos de 3ºA e 3ºB fomos convidados á sesión infantil do FIC BUEU. Estabamos entusiasmados coa idea de ver eses curtos e non nos decepcionaron! Ao chegar de volta ao cole, votamos polo noso curto favorito e gañaron Bruna e Earth.

 

Pasámolo de cine!

PROXECTO A AUGA

Neste trimestre estivemos traballando sobre A AUGA NA TERRA. Para isto, cada un dos nenos e nenas foi elaborando o seu propio LIBRO DE LAPELAS, onde plasmaron toda a información recopilada mediante vídeos, libros, lecturas, esquemas... O resultado quedoulles ben vistoso!

 

O MAIO DE 4º

Para conmemorar a entrada do mes de maio, o alumnado de 4º recolectou plantas e flores para construir entre todos e todas O NOSO MAIO. 

Ademais, compuxemos unha copla para acompañar á nosa particular produción. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE O RESULTADO!

 

 COPLA DO MAIO 

Chega a primavera

E facemos maios

No colexio A PEDRA

Os nenos de  4º

 

Os nenos de 4º

Trouxeron fiuncho

Colectaron plantas

En cada recuncho

 

 En cada recuncho

Cantando e bailando

A pesar do virus

BUEU FESTEXANDO!

 

 Bueu festexando

En plena pandemia

Os rumores chegan

De Beluso a Cela

 

De Beluso a Cela

Que ben o pasamos

Facendo as alfombras

E non confinados!

 

E non confinados

Xa nos despedimos

Co final da copla

TENDE SENTIDIÑO!

 

RECEITAS 4º

No 2º trimestre estivemos traballando na aula os textos instructivos e fixemos varias receitas, que mellor maneira de afianzar o aprendido na aula que practicando como facelas no comedor.

Cada equipo pensou que receita podían elaborar, entre todos decidiron que cociñar, organizaron os ingredentes que tiñan que traer e nos fixeron unha verdadeira clase de MASTERCHEF.

Dá gusto velos traballar, mirade que ben o fixeron e o ben que o pasamos.

PARABÉNS ARTISTAS!!

 

 

CUPCAKES

 

 

BATIDO DE AMORODOS

 

MAGDALENAS CON PEPITAS DE CHOCOLATE

 

PIZZA

GALLETAS

SALCHICHAS MOMIA

 

 

DÍA MUNDIAL DA METEOROLOXÍA

O 23 de marzo celébrase o DÍA MUNDIAL DA METEOROLOXÍA. Aproveitando que no noso centro contamos coa nosa propia estación meteorolóxica, grazas ao programa METEOESCOLAS, o alumnado de 4ºA elaborou o seu propio libro de aula con palabras galegas relacionadas co tempo. 

Agardamos que vos guste!

Distribuir contido