Skip to Content

AULA VIRTUAL

BIBLIOTECA E EDLG

ALIMÉNTATE BEN

POÑENDO A HORTA

Hai uns días a avoa dun alumno regalounos plantíos de xudías, cabazas e cabaciños e grazas a súa iniciativaPUXEMOS A HORTA na escola. Primeiro preparamos o terreo coa axuda de Martín e Ramón, despois fixemos os regos e transplantamos as verduras e, por último, regamos no pé planta por planta.

A horta quedou bonita, agora toca coidala e esperar a que medren as cousiñas.

PREMEDE NA IMAXE PARA VER FOTOS DA ACTIVIDADE.


SEMENTAMOS OS DE TERCEIRO

Hoxe, o alumnado de terceiro sementamos leitugas, tomates e pipas para o proxecto das plantas que estamos a traballar neste trimestre. Tamén puxemos aguacates en auga para que lles crezan as raices e despois plantalos no patio.

Estreamos o carriño con rodas e botámoslle turba, as sementes e compost da composteira do cole. Despois regamos todo e... a esperar a ver se crece todo!!

O proxecto das plantas está a dar moito xogo e aprendemos unha morea de cousas, pasándoo ben!

 

 

 

SAÍDA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA AREEIRO 2022

 

Co gallo do noso proxecto sobre AS PLANTAS, organizamos unha saída moi completa para ver e tocar o que estamos a estudar!

Comenzamos no Pazo de Lourizán, camiñamos unha horiña polos seus bonitos xardíns e contemplamos as súas árbores de gran tamaño, así como tamén a gran variedade de plantas.

Tras un pequeno descanso e merendar, continuamos a noso roteiro, seguinte parada, a estación fitopatolóxica de Areeiro. Alí estaba Silvia a nosa guía. Con ela pasamos o resto da mañá... cantas curiosidades aprendemos! Que hai máis de 150 variedades de camelias, que se fai té con elas, vimos plantacións de kiwis, aguacates... 

Mirade neste vídeo o ben que o pasamos, todo o que sexa saír da aula é máis divertido!

 

REVITALÍZATE!!

Esta mañá indagamos sobre a vida no composteiro! Pero... quen vive aí?

A compostaxe é unha cuestión de conciencia, de fomentar hábitos nos nosos rapaces para que adquiran unha conciencia medio-ambiental e iso dende moi pequenos.

Armados dun pincel, dunha lupa e de microscopios rebuscamos no compost na procura de bichiños escondidos. Algúns eran suficientemente grandes para observalos a simple vista, pero necesitamos o microscopio para ver outros, moi pequeniños e fráxiles. Había que aguzar moito a vista e estar moi atentos a calquera movemento!

Atopamos unha morea de animaliños traballando cada quen á súa maneira para producir o abono tan necesario para as plantas.

Pasámolo pipa no noso rol de científicos!

Botádelle un ollo aos seguintes vídeos:

 

 

BATIDO DE AMORODO

Os trasniños de 5º de infantil estiveron degustando un delicioso batido de amorodos que fixeron eles mesmos.

Preme na imaxe para seguir todo o proceso de elaboración e degustación.

AS HORTAS ESCOLARES VAN MEDRANDO

O alumnado de 4º de infantil coida a súa horta con moito agarimo e xa empezan a ter as primeiras colleitas. Preme na imaxe.

Fixádevos ben como medran as hortalizas dos nenos/as de 6º de infantil. Premede na imaxe para velo.

Para que medren ben temos que regalas con moito coidado.

 

 

 

 

OS LARETAS FAN QUEIXO

Os nenos/as de 4º de infantil seguen traballando no seu proxecto sobre a granxa. Nesta ocasión elaboraron un riquísimo queixo fresco que todos/as probaron.

 

CHARLA SOBRE HIXIENE BUCAL

O alumnado de cuarto seguimos medrando en coñecementos sobre a saúde.

Esta semana recibimos na nosa clase a Cris, que recentemente, no día da Muller Traballadora, contounos na entrevista radiofónica que era hixienista bucal.

A nosa querida mestra de prácticas falounos de que eran as placas dentais, o sarro, as caries, a xenxivite ou a periodoncite. Explicounos como podemos previr estas enfermidades, ou como tratalas se xa as temos.

Estivemos todxs moi atentxs e  fixémoslle infinidade de preguntas.

Canto aprendemos destas exalumnas! Dende logo debemos celebrar este 50 aniversario! Porque destas aulas saíron persoas tan boas e competentes como a nosa admirada Cris!

CHARLA DA EXALUMNA TERE MILLÁN SOBRE A ABORDAXE DAS ENFERMIDADES

A volta das minivacacións de Entroido supuxo para nós a sorpresa de recibir a grata visita de Tere, exalumna deste colexio. Sabendo que estabamos empezando un proxecto sobre A SAÚDE   veunos falar de diferentes enfermidades e de como as podemos previr ou de como se deben tratar. 

Entendimos a importancia que o descubrimento das vacinas tiveron para erradicar diferentes epidemias. 

Tamén unha boa alimentación, unha hixiene axeitada e a práctica de exercicio físico é imprescindible para unha vida saudable.

Asemade falounos  sobre os antibióticos. Ao igual que as vacinas, estes medicamentos, supuxeron un gran avance na medicina. Quixo chamar a nosa atención cando nos contou que hai que tomalos seguindo as ordes da nosa doutora ou doutor, as horas xustas e non deixalos de tomar aínda que xa non teñamos síntomas d enfermidade. Contounos que só serven para as infeccións provocadas por bacterias. Hoxe en día existe o perigo de que o noso corpo se faga resistente aos antibióticos por abusar do seu uso.

Fixémoslle moitas preguntas:

Ao final, tamén a interrogamos  sobre a súa estadía como alumna deste centro.

Foi moi agradable recibir esta visita, nestes días previos a conmemoración do día da muller traballadora. GRAZAS TERE!

OS LARETAS FAN MANTEIGA

O alumnado de 4º de infantil, os LARETAS, están traballando neste trimestre nun proxecto moi interesante sobre a granxa. Entre as moitas actividades que levaron a cabo, aprenderon a facer MANTEIGA. Para iso seguiron unha receita e empregaron un batedor de man. Se queredes ver o resultado, premede nesta imaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut