CURSO 3ºA 3ºB

OS ANIMAIS NA RADIO

 

O alumnado de 3ºA no segundo trimestre fixeron unhas presentacións dixitais sobre os animais. Durante este trimestre foron á radio a gravalas. 

Escoitade o ben que o fixeron e o ben que o pasaron!

 

 

 

 

 

PROXECTO ACTIVIDADES PRODUTIVAS 3ºB

 

O derradeiro proxecto deste curso en ciencias sociais foi

AS ACTIVIDADES PRODUTIVAS.

Traballamos técnicas de estudo, realizando esquemas e seleccionando a información máis relevante, como sempre a través de lecturas e vídeos.

Cada parella escolleu unha empresa galega, COREN, CITROEN, ADEGA AQUITANIA, ROSA DE LOS VIENTOS, CELULOSAS, FÁBRICA DE MOBLES GARCÍA LORENZO e ESTRELLA GALICIA entre outras. Indagaron sobre o número de traballadores e a súa ubicación. Traballamos o vocabulario novo de importación e exportación dos produtos elaborados. Varias parellas non atoparon a información en internet e chamaron por teléfono para facerlles unha pequena entrevista sobre os datos que lles faltaban. Todos resposderon moi amablemente as súas preguntas. Foi moi divertido para eles poñerse en contacto coa súa empresa.

 Con toda a información recollida dos tres sectores, fixeron un power point, pero esta vez moito máis completo, así traballamos as TIC, tan importantes hoxe en día.

Este foi o resultado, cada vez o pasan mellor facendo estes traballos. Están super motivadxs!

PARABÉNS CRACKS!! 

Esta semana hai varias parellas que voluntariamente queren ir a expoñer a outras aulas. É fantástico afianzar o aprendido e mostrar todo o que aprenderon. Parabéns porque o facedes moi moi ben!!

 

 

 

A ESCOLA PÚBLICA EN BUEU. CHARLA DE ARTURO SÁNCHEZ CIDRÁS

Este blog fíxose eco durante  este curso de todas as actividades desenvolvidas arredor do 50 aniversario do nosos colexio.

 

Pero, como todo na vida, o mellor déixase para o final. Este martes, 31 de maio, O MESTRE DE MESTRES, Arturo Sánchez Cidrás, veu ao noso cole para transmitirnos o froito dunha rigorosa investigación sobre a escola pública en Bueu.

Esta investigación pronto verá a luz de forma gráfica grazas á publicación dun libro, do que amosamos imaxe da portada en primicia (co permiso do autor).

Estamos desexando poder lelo!

 

Imos tratar de facer un resumo da charla. Arturo contounos que antes de edificarse os colexios A Pedra de Bueu, Montemogos de Beluso e  Torre de Cela, a nosa vila estaba chea de pequenas escolas, nas que adoitaban estar separados os nenos das nenas.

 

Explicounos, por exemplo,  que non tiñan aseos e que se o alumnado tiña que facer a súas necesidades, ían de campo, aínda que as modernas xa poesían uns baños como os que está na foto.

Relatou que non tiñan cadernos porque o papel era moi caro, así que usaban pizarras na que se escribían cun pizarrín.  Máis tarde empezouse a escribir en papel con lapis de carbón ou con tinta e tinteiros, para o que eran imprescindibles as plumas de ganso. 

 

Arturo falounos da miseria na que se vivía e que, moitxs nenxs, non podían ir a escola porque tiñan que traballar. A maioría  ían descalzos. As escolas estaban ateigadas de rapazada de todas idades. Nunha escola podía haber máis de 100 alumnxs, que eran atendixs por un só mestre ou mestra. 

 O profesorado estaba moi mal pagado, e as mulleres cobraban moito menos que os homes. A educación que recibían as nenas tamén era diferente á dos nenos.

Non había vacacións. Había escola todos os días, os domingos ían as persoas adultas. Co tempo empezouse a descansar os xoves pola tarde.

Fíxonos concienciar da sorte que temos de ter a escola que temos.

Non temos palabras para agradecerche Arturo que compartas os teus coñecementos con nós! E sobre todo que o fagas con tanta amabilidade.

Debes saber que medramos xuntos e moi ben Na Pedra grazas en gran parte a ti!

QUERÉMOSTE MOITO!

 

 

 

 

ENTREVISTA ELENA

 

 

 

Dentro do noso proxecto do 50 aniversario, seguimos coas entrevistas e hoxe foi a quenda da nosa compañeira Elena. Amiga, nai, mestra, directora e agora avoa, eso sí son títulos!

 

Un grupo de cinco nenxs fíxolle esta bonita e emotiva entrevista. Esperamos que vos guste!

 

 

 

 

 

Na aula puidemos coñecela un pouquiño mellor. Contounos que naceu en Montevideo, que estudou nun colexio de nenas con moitas compañeiras, que sempre foi unha nena moi inqueda que lle encantaba ler e aprender. Dende moi nena quixo ser mestra, e menuda mestra! 

 

Como despedida deixounos un consello; estudar o que vos faga felices, porque ir traballar e ser feliz non ten prezo!

MIL GRAZAS, ESTA É A TÚA CASA!

Querémoste moito xa o sabes!

LETRAS GALEGAS

O venres 13 de maio, despois do recreo, xuntámonos no patio cuberto toda primaria para conmemorar cun pequeno acto o día das Letras Galegas, en honor a Florencio DELGADO GURRIARÁN.

O programa foi o seguinte:

1º.-  Lectura de poemas de Florencio Delgado Gurriarán

  • 1ºA  –  O río Farelos
  • 1ºB e 2º  – Muiñada
  • 3º e 4º - Choiva
  • 5º - Domadora de serpes
  • 6º - Salve

Esta foi a actuación de 3º e 4º, recitando a poesía "CHOIVA"

 

 

2º. - Canción do 50 aniversario tamén en lingua de signos.

 


3º.-  Alumnado de 5º interpreta “Son do ar” coa frauta.


4º.-  Alumnado de 6º interpreta “Ondiñas veñen” coa frauta.


5º.-  Himno galego.

MIGALLAS TEATRO VISITA O NOSO CENTRO

 

Grazas ao concurso de "Búscase talento" que celebrou a Deputación de Pontevedra, un dos nosos alumnos, Goro de 3ºA foi premiado con varios agasallos e un deles foi unha representación teatral para os dous cursos de 3º. Pasamos unha sesión moi divertida con MIGALLAS TEATRO, como sempre fixéronnos gozar dos contos, da música e do galego, porque sempre aprendemos algunha palabra nova, que bonito idioma temos! 

Ollade que ben o pasamos!

MOITAS GRAZAS, DEICA OUTRA!

SEMENTAMOS OS DE TERCEIRO

Hoxe, o alumnado de terceiro sementamos leitugas, tomates e pipas para o proxecto das plantas que estamos a traballar neste trimestre. Tamén puxemos aguacates en auga para que lles crezan as raices e despois plantalos no patio.

Estreamos o carriño con rodas e botámoslle turba, as sementes e compost da composteira do cole. Despois regamos todo e... a esperar a ver se crece todo!!

O proxecto das plantas está a dar moito xogo e aprendemos unha morea de cousas, pasándoo ben!

 

 

 

SAÍDA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA AREEIRO 2022

 

Co gallo do noso proxecto sobre AS PLANTAS, organizamos unha saída moi completa para ver e tocar o que estamos a estudar!

Comenzamos no Pazo de Lourizán, camiñamos unha horiña polos seus bonitos xardíns e contemplamos as súas árbores de gran tamaño, así como tamén a gran variedade de plantas.

Tras un pequeno descanso e merendar, continuamos a noso roteiro, seguinte parada, a estación fitopatolóxica de Areeiro. Alí estaba Silvia a nosa guía. Con ela pasamos o resto da mañá... cantas curiosidades aprendemos! Que hai máis de 150 variedades de camelias, que se fai té con elas, vimos plantacións de kiwis, aguacates... 

Mirade neste vídeo o ben que o pasamos, todo o que sexa saír da aula é máis divertido!

 

REVITALÍZATE!!

Esta mañá indagamos sobre a vida no composteiro! Pero... quen vive aí?

A compostaxe é unha cuestión de conciencia, de fomentar hábitos nos nosos rapaces para que adquiran unha conciencia medio-ambiental e iso dende moi pequenos.

Armados dun pincel, dunha lupa e de microscopios rebuscamos no compost na procura de bichiños escondidos. Algúns eran suficientemente grandes para observalos a simple vista, pero necesitamos o microscopio para ver outros, moi pequeniños e fráxiles. Había que aguzar moito a vista e estar moi atentos a calquera movemento!

Atopamos unha morea de animaliños traballando cada quen á súa maneira para producir o abono tan necesario para as plantas.

Pasámolo pipa no noso rol de científicos!

Botádelle un ollo aos seguintes vídeos:

 

 

BÚSQUEDA DO TESOURO

O venres 8 de abril, despois do recreo, a profe Geli preparounos unha búsqueda do tesouro por equipos. Puxémonos un sombreiro cada un e... xa estabamos listos para a aventura!

Tivemos que atopar as pistas por todo o cole que nos conduciron directamente ao tesouro, deliciosos CHOCOLATES!! Mmmmm... co lambóns que somos!!

Encantounos a actividade, moitas grazas, profe Geli!!

 

 

Distribuir contido