O TEMPO MADE IN BUEU

RECUNCHO METEOESCOLAS

Durante o curso 20/21 estivemos rexistrando os datos no recuncho METEOESCOLAS da Biblioteca. Alí acodía o alumnado a anotar os datos recollidos na caseta no termómetro, barómetro, pluviómetro...

Tamén podían levar en empréstito libros relacionados co tempo para as bibliotecas da aula ou para ler nas casas. Este espazo vai enchéndose de fondos bibliográficos pouco a pouco e xa temos unha boa bibliografía meteorolóxica.

Despedimos xa este curso que nos aportou tanto, meteorolóxicamente falando e quedamos á espera de solicitar este programa no vindeiro curso. Bo e soleado verán!

What's the weather like?

Durante este ano, como tódolos anos desde a Area de Inglés estivemos traballando cos nosos alumnos o vocabulario do tempo atmosférico relacionado co mes do ano e coa súa estación correspondente. En todas as clases se traballa este tema ao inicio de cada clase e ao longo do curso escolar para que os alumnos aprendan e utilicen todo este vocabulario vencellado co tempo de xeito práctico e lúdico coas profes e tamén con Eliot, o auxiliar lingüístico. Aquí amosamos algúns exemplos desas interaccións.

PREGUNTAS CURIOSAS PARA RESPOSTAS SORPRENDENTES SOBRE O CLIMA

O alumnado de quinto de primaria, preparando os guións para a radio escolar, decidiron investigar sobre algúns fenómenos meteorolóxicos, facendo preguntas moi interesantes. 

Seguro que vos sorprenden e aprendedes cousas novas.

 

 

OS PELOUROS E O TEMPO

Este ano, na aula dos Pelouros, traballamos o tempo dentro do contexto da asemblea que facemos cada mañá ó chegar ao colexio.

Cada semana era un nen@ o protagonista. Entre a súa rutina de pasar lista estaba tamén a de traballar o calendario poñendo a data: día, mes, estación, ano... e ademais tamén era o encargado de poñer o símbolo do tempo que facía ese día.

Con estes nen@s tan cativos e dende un enfoque global repetíamos cada día unha cantinela "Ventaíña da clase, cómo está o tempo hoxe?..."

Logo colocábamos o símbolo que representaba o tempo atmosférico que facía.

Tamén relacionado coa lóxica matemática, rexistramos unha sinxela estatística tomando nota de cantos días de sol, choiva ou nubrado había en cada mes.

O CAMBIO CLIMÁTICO E AS SÚAS CONSECUENCIAS

A partir de diferentes imaxes relacionadas co cambio climático e do documental “A Terra” , os alumnos e alumnas de 5º de primaria participaron nun debate sobre O cambio climático e as súas consecuencias”

Cada un dos alumnos/as opinaron e expuxeron as súas ideas, defendendo cada un as súas opinións sobre o tema e escoitando atentamente as opinións dos demais.

Este debate fíxonos recapacitar e sensibilizarnos aínda máis sobre a importancia dos nosos actos. É moito o dano que a actividade humana produciu e produce no noso Planeta, e todos nós temos a responsabilidade de paralo.

 Algunhas imaxes utilizadas foron as seguintes:

O CLIMA NO MUNDO

   O alumnado de 5º traballou sobre os diferentes tipos de clima que hai no mundo e sobre o tempo atmosférico. Para iso, fixemos unha fermosa viaxe polo noso planeta para descubrir xuntos os grandes misterios que gardan o tempo e o clima. Posteriormente elaboramos e interpretamos diferentes climogramas.

 

 

 

AGASALLOS DE METEOESCOLAS

Un día chegou á escola un paquete moooooi grande! Que será? Preguntaban os nenos e nenas moi intrigados...

Ata que a final do curso descubrimos o que era: un montón de agasallos para nós por participar no proxecto METEOESCOLAS!!!

Había cantidade de cousas: bolsas, portabocadillos e botellas reutilizables, contos, bolis, yoyós... e ata unha cunca co debuxo dos ODS. Que casualidade, xusto este ano que estivemos aprendendo tantas cousas sobre os ODS no proxecto COMPROMETÉMONOS CO NOSO PLANETA!!!

Para poder levar todas esas cousas, as profes encargaron unhas mochilas preciosas co logo do proxecto deste curso e o último día de clase nos entregaron todos os agasallos.

Grazas a Meteoescolas por esta sorpresa estupenda e... COMPROMETÉMONOS CO NOSO PLANETA!!!

REFRÁNS DO TEMPO

Durante este curso o alumnado de 1º investigou e aprendeu refráns relacionados co tempo, comprobando se efectivamente se cumprían ou non. Con eles, fixeron un mural que decorou o noso corredor.

Foi divertido aprender a sabedoría popular!

2º E O TEMPO

 En segundo de primaria realizamos varias actividades relacionadas co tempo:

 -Cada día anotamos a data co símbolo correspondiente do tempo que vai e a lúa.

-Fixemos debuxos sobre o ciclo da auga e visualizamos os vídeos:

 O CICLO DA AUGA - YouTube

 El ciclo del agua | Camaleón - YouTube

 -Tamén  traballamos os estados da auga e visualizamos o vídeo de Happy learning:

 LOS ESTADOS DE LA MATERIA Y SUS CAMBIOS. Sólido, líquido y gaseoso | Vídeos Educativos para niños - YouTube

 -Fixeron adiviñas sobre o tempo.

-Realizamos un mural con refráns relacionados co tempo.

-Cantamos cancións sobre as estacións e os días da semana en lingua de signos:

 04 Las cuatro estaciones bimodal - YouTube

 CANCIÓN: Los días de la semana. BIMODAL Y PICTOGRAMAS - YouTube

 -Repasamos sinais de tráfico relacionadas co tempo e fixemos algúns debuxos.

-Fixeron problemas, debuxos e muráis en equipo de cadros famosos relacionados co tempo ou as estacións. Por exemplo: “Solsticio de verano” de Van Gogh, “Niñas en el mar” de Sorolla,“Mujer con parasol” o “La urraca”de Monet, “Bodegón uvas y nueces” de Sisley (para traballar os froitos do outono) …

-No Nadal fixeron bonecos de neve decorativos e unha postal con paisaxe invernal, na que empregaron material de reciclaxe .

Tamén fixeron unha paisaxe invernal con plastilina na que participaron tamén os de primeiro.

 

-Participaron nun vídeo que trata sobre vocabulario galego (baseado no programa “Dígocho eu”) e no que incluían palabras relacionadas co tempo: Folerpas, boneco de neve, luvas …

 WhatsApp Video 2021 01 11 at 20 16 54 - YouTube

-Traballamos varios contos que teñen relación coa climatoloxía, por exemplo:   

 “Bajo una seta”-Bajo una Seta. Cuento Infantil para Educar la Solidaridad - Bing video

 “Los nietos del señor tiempo”

 Cuentos de Primavera

 Principal » Cuentos Cortos » Los nietos del señor tiempo

FOI UN CURSO MOI METEOROLÓXICO!

OBSERVANDO O TEMPO CON 6º

Ao longo deste curso, o alumnado de 6º de primaria foi o encargado de rexistrar os datos da estación meteorolóxica do colexio.

Durante catro semanas, recolleron diferentes datos climatolóxicos como a temperatura, a humidade, a presión, as precipitacións, etc… que posteriormente foron empregados por Meteogalicia.

Que ben o pasaron investigando sobre a meteoroloxía e o clima da nosa contorna!

 

 

Distribuir contido