CURSO 5ºA 5ºB

FESTIVAL DE NADAL 2023

Aquí tendes o Festival de Nadal celebrado nos últimos días de clase. Despois do traballo musical de todo o trimestre, este foi o resultado final. Grazas á profe Elsa pola organización, e ás demais persoas que participaron.

Agardamos que vos guste!!!

 

 

SEXTO GAÑAMOS O 1º PREMIO DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

O luns 8 de maio gozamos do noso premio, unha visita á Illa de Ons, cunha viaxe en barco e unha interesantísisma camiñata guiada de 2 km por parte dos guías do  Parque Nacional.

 

 

 

 

 FOI UN DÍA XENIAL!!

 

 

Actividades interesantes que levamos realizando ao longo do curso en 6º

Antes do Nadal a Asociación Érguete deunos unhas charlas sobre as condutas aditivas ás substancias tóxicas e durante o mes de maio serán sobre as adicións ás novas tecnoloxías.

O 8 de novembro recibimos, nas aulas de 6º, a membros do equipo

directivo do Xoán Carballeira que nos deron unha charla sobre como funciona o Instituto.

O 9 de novembro celebramos o Magosto e o 8 de novembro visitamos o Clube de Remo con Goretti, a profe de Educación Física, e probamos as diferentes actividades que alí se realizan.

O 23 de novembro, Pedro Meira Rodríguez, arquitecto e gañador, xunto co seu equipo de máster, da Novena edición do Premio Playstation, co xogo Balam (Bounce Hell, un orixinal título de estilo bullet hell, acadou facerse co galardón ao Mellor Xogo do Ano) deunos unha interesantísima charla sobre como se crean os videoxogos.

O 1 de decembro realizamos unha divertida actividade de Igualdade de Xénero proposta polo CIM.

O 21 de decembro tivemos un interesante obradoiro sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas no que se falou do cormorán e de diferentes especies acuáticas e terrestres das Illas.

Aprendemos tamén a facer un “Bocata Saudable” empregando alimentos enlatados.

O 23 de xaneiro realizamos unha visita ao Instituto Xoán Carballeira onde fomos moi ben recibidos por membros do profesorado, equipo directivo e antigos alumnos que nos ensinaron o centro en pequenos grupos.

O 7 de febreiro, Mariña, Ofelia, Carmen Castro e Noa fixeron unha lectura e interpretación do conto “un máis” á rapazada de 4 e 5 anos de Infantil.

O 13 de febreiro fomos, de público en directo, a un programa de

radio da Cadea Ser no Instituto Xoán Carballeira e gañamos unhas

empanadas que os nenos e nenas saborearon nun recreo.

O venres 17 de febreiro celebramos o Entroido cos traxes

realizados no cole. Fomos de pezas de Xadrez.

O 6 de marzo coñecemos e practicamos Gospel da man de Diana que nos ensinou a facer quecementos coa voz e despois divertímonos moito cantando. Moitas grazas!!

Practicamos os xogos polo Día 8 de marzo, o día 10 de marzo, “Xogos pola Igualdade” organizados polo Concello en colaboración coa Asociación Juan XXIII.

E este trimestre xa vén rebosante doutras moitas e

interesantes actividades!!

Un saúdo que axiña continuamos!

REXISTRAMOS O TEMPO METEOROLÓXICO NO COLE

Durante dúas semanas, dende o vinte de febreiro ata o tres de marzo, o alumnado de 6º de Primaria rexistramos as temperaturas e precipitacións que observamos na caseta meteorolóxica.

Nestas semanas recollemos recortes de xornal coas fases da lúa e a porcentaxe (que traballaremos en Matemáticas) da súa visibilidade na noite anterior.

Lembrade, tamén, que xa podemos poñerlle as trampas ás velutinas como o ano pasado.

Agora pasámoslle a testemuña a 5º.

Ata a próxima!

VIVIMOS A PREHISTORIA

Ao principio de curso aproveitamos para facer un repaso da Prehistoria e tivemos a gran sorte de contar con dúas charlas de excepción e unha excursión a Campo Lameiro.

Na primeira charla, Ramón dounos unha explicación sobre “petroglifos”. Tamén nos contou como Martín e máis el reproduciron algúns deles no noso patio do colexio.

 Grazas Ramón por dedicarnos o teu tempo!

 Na segunda charla, contamos con Ángel Vieites Rúa, estudante de Historia pola Universidade de Vigo en Ourense e que foi alumno deste cole, para falarnos dos “estereotipos sobre a muller na Prehistoria”.

 Moitas grazas Ángel, continúa así e moito ánimo!

Para rematar, fixemos unha visita ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro onde aprendemos como rexistrar os petroglifos.


OS REFUGALLOS RECOLLIDOS NA PRAIA TRANSFÓRMANSE EN ARTE

Esta semana, o alumnado de 6o participamos nunha actividade organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que forma parte o Concello, e a Fundación Vicente Ferrer. Pódese ler a noticia do xornal na seguinte ligazón:

https://www.xornaldebueu.com/post/escolares-do-ceip-a-pedra-transforman-en-arte-os-refugallos-do-mar

 

 

 

 

 

 

“Trash Art”, “Artivismo” ou “Arte con lixo”... é un movemento artístico que consiste en dar vida aos desperdicios ou desfeitos do día a día. Co ánimo de facer unha denuncia social hacia o consumismo e á cantidade de refugallos que botamos ao medioambiente, decidimos participar na súa recollida o luns 17 de outubro, na Praia da Banda do Río de Bueu.

 

O mércores 18 de outubro, con todos estes residuos limpos e clasificados e con materiais naturais como: pegamento feito con fariña e azucre, pinturas feitas con curri e azafrán ou tintes feitos con flores e follas de árbores... a rapazada fixo unhas estupendas obras artísticas.

 

 

Cun bo ambiente de cooperación e experimentación realizaron as obras que foron expostas na Sala Amalia Domínguez Búa!

ALGUNHAS ACTIVIDADES INTERESANTES QUE CONTINUAMOS REALIZANDO

 

       Volvemos coller a testemuña da caixa meteorolóxica. O

cal foi estupendo para traballar o tema dos climas, porque

fixemos a práctica de recoller a información dos elementos

climáticos como: as temperaturas interior e exterior

(máxima e mínima), a cantidade de precipitacións

rexistradas, a presión atmosférica...

 

 

  

 

 

     Elaboramos climogramas de diferentes lugares de España

e Galicia. Tamén realizamos exposicións de traballos de

búsqueda de información sobre como se forman e que tipos

hai de precipitacións, ventos e nubes.

 

 

 

 

 

 

  

 

    A finais de marzo, puxémoslle as trampas ás vespas

velutinas:

    Por cada cinco litros de auga mesturamos 1kg

de azucre e media pastilla de lévedo, que os/as

rapaces/as foron repartindo en cada botella. Algunhas

destas botellas levámolas á escola de Infantil e Ramón

axudounos a colocalas.

 

 

 

 

 

                                                       Moitas grazas Ramón!

 

 

 

 

 

ACTIVIDADES INTERESANTES DO TRIMESTRE

 

Ao longo deste trimestre, o alumnado de 5º, tamén

realizou algunhas actividades interesantes entre as

que caben destacar:

 

 *Un curso de radio no que 5ºA preparou curiosidades

sobre os temas de Ciencias que estaban traballando

na aula e 5ºB entrevistas a compañeiras e

compañeiros traballadas nas linguas.

 

 A ligazón onde se poden escoitar é:

  https://www.ivoox.com/podcast-a-voz-da-pedra-2021-2022_sq_f11395637_1.html

 

 

 

 

*Volvemos recoller a testemuña da caseta

meteorolóxica que nos pasaron os sextos e que

rematamos o venres 4 de marzo.

Dela falaremos noutra entrada, xa que, o número de

fotos e o tempo de realización do blog é moi limitado.

 

                Un saudo de Montse e Silvia,

 

                                                    Vémonos axiña!

 

 

 

 

 

 

 

BANCO DA AMIZADE 5ºB

 

O alumnado de 5ºB aparece nas fotos, durante o recreo,

 

despois de realizar na aula a súa actividade de reflexión

 

sobre os beneficios de ter un “Banco Da Amizade”

 

permanente nos recreos.

 

Chegaron á conclusión de que é positivo ter un banco así no

 

caso de precisaren axuda ou se non soubesen como pedila

 

ou, incluso, se visen alí a algún compañeir@ poderían

 

acompañal@.

 

O alumnado tamén renomeou o Banco con outros nomes,

 

tales como:

 

“Banco de cores ou da felicidade”, “Banco sen Bulling”,

 

“Banco da axuda”, “Banco do Compañeirismo”, “Banco da

 

Solidariedade”...

 

 

 

 

Distribuir contido