Gallego

Novo MOOC do INTEF sobre competencia dixital

Summary: 

Ensinar e avaliar a competencia dixital
Gallego

O INTEF anuncia a convocatoria dun novo curso masivo aberto en Rede (MOOC) sobre como "Ensinar e avaliar a competencia dixital", destinado a docentes de niveis non universitarios. Este curso ofrece unha oportunidade de reflexión colectiva e formación sobre como integrar o ensino da competencia dixital na aula. Para máis información consultade a seguinte páxina: ENSINAR E AVALIAR A COMPETENCIA DIXITAL

MOOC competencia dixital

Xornadas escolaTic 2015

Summary: 

Os vindeiros días 17 e 18 de abril terá lugar no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a segunda edición de escolaTIC: conferencias, experiencias, obradoiros... dirixidos a todo o profesorado da nosa comunidade.
Gallego

Os vindeiros días 17 e 18 de abril terá lugar no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a segunda edición de escolaTIC: conferencias, experiencias, obradoiros... dirixidos a todo o profesorado da nosa comunidade.
Contaremos con figuras nacionais de grande relevancia no ámbito educativo, como son César Poyatos, Linda Castañeda e Andrea Giráldez, así como experiencias de integración da tecnoloxía en centros da nosa comunidade.


Ampliado prazo de inscrición ata o 9 de abril. 

Inscrición en www.edu.xunta.gal/fprofe .

Código da actividade: G1402009.

Podedes facer clic aquí para ampliar a información sobre o evento.
Ademais, se levades a cabo na aula algunha experiencia educativa innovadora que implique o uso das TIC ou un enfoque metodolóxico distinto e queredes compartilo con todos/as os/as participantes das xornadas, podedes cubrir a ficha modelo que atoparás na sección "Novas" da páxina web do evento. Levádea ás Xornadas e poderedes colgala e compartila no espazo que habilitaremos a tal efecto. Animádevos!

escolaTic 2015

S1402032 Xornadas Xosé Calviño. Os retos do sector audiovisual e as súas novas necesidades formativas

Summary: 

Xornadas sobre o sector audiovisual e as novas necesidades formativas que se celebrarán no IES Xelmírez I os días 10, 11 e 12 de marzo de 2015.
Gallego

Xornadas Xosé Calviño

Os retos do sector audiovisual e as súas novas necesidades formativas

Referencia: S1402032

Datas de celebración: 10, 11 e 12 de marzo de 2015
Lugar de celebración: IES Xelmírez I (Santiago de Compostela)
Prazas:  65

Horas totais: 12

Data límite de inscrición en Fprofe: 06/03/15

Programa da Xornada

Obxectivos:

- Coñecer os cambios xerados no sector audiovisual a través das novas actitudes dos consumidores.

- Ofrecer unha mirada xeral da influencia que xerou e están xerando as TIC no sector.

- Identificar de forma xenérica as necesidades educativas e laborais no sector audiovisual.

 

Imaxe: Digital camera, PublicDomainArchive, CCO Public Domain

Xornadas Xose Calvino
Xornadas Xosé Calvino

File: 

Comeza o curso Historia da Arte. Propostas didácticas e actualización científica

Summary: 

O día 24 de febreiro comezou a actividade de formación HISTORIA DA ARTE. PROPOSTAS DIDÁCTICAS E ACTUALIZACIÓN CIENTÍFICA que se desenvolverá ata o vindeiro 14 de abril na Facultade de Xeografía e Historia (Santiago).
Gallego

O curso, impartido por membros do Grupo Iacobus, grupo de investigación en Historia da Arte, ten como obxectivos fundamentais reflexionar sobre a situación da Historia da Arte nos deseños curriculares e presentar novas propostas didácticas, actualizar coñecementos en relación coas novas correntes metodolóxicas de investigación, interpretación e análise da obra de arte e introducir as tecnoloxías da información e da comunicación nas propostas didácticas de historia da arte.

Como relatores figuran destacados investigadores no eido da Historia da Arte, como José Manuel García Iglesias (Catedrático -- USC), Juan Monterroso Montero (Decano da Facultade de Xeografía e Historia -- USC),  Ana Goy Diz (Profesora USC), Leopoldo Fernández Gasalla (IES Rosalía de Castro, Santiago), Begoña Fernández Rodríguez (Profesora USC), Rosa Cacheda Barreiro (Profesora Univ. Vigo), Carme López Calderón (Grupo Iacobus), Carla Fernández Martínez (Grupo Iacobus), Miriam Elena Cortés López (Grupo Iacobus) e Beatriz López Arosa. Participará, asimesmo, Santiago Berdullas Silva, cofundador de Kappowsky, empresa de software para smartphones. A actividade inclúe dúas visitas dirixidas: unha, ao casco vello de Santiago; outra, ao Museo das Peregrinacións.   

San Martiño Pinario
San Martiño Pinario

Convocatoria de Estadías Formativas 2015

Summary: 

Ata o vindeiro día 2 de marzo estará aberta a preinscrición ás Estadías Formativas 2015 para todo o profesorado de FP e das artes plásticas e deseño.
Gallego

Ata o vindeiro día 2 de marzo, está aberto o prazo de preinscrición da modalidade formativa  Estadías Formativas en Empresas. Esta convocatoria está dirixida unicamente ao profesorado funcionario de Formación Profesional inicial, e de Ensinanzas Artísticas e Deseño.

O profesorado substituto non pode participar nesta modalidade formativa. Os interinos si.

As Estadías Formativas, brindan ao profesorado a oportunidade de actualizar os seus coñecementos e da realidade do seu sector, colaborando cunha empresa do seu ámbito profesional. Existen tres tipos:

Temporalización

O período de realización das estadías comprende dende o 15 de abril de 2015 ata o 11 de setembro, sen incluír o mes de agosto (agás casos excepcionais). Nese intervalo, o profesorado debe consensuar coa empresa o seu horario, dentro dos seguintes límites:

  • A duración mínima das estadías é un total de 40 horas e a duración máxima 160 horas.
  • Como mínimo as sesións diarias deben ser de 4 horas interrompidas e o máximo é de 8 horas.
  • Deben facerse como mínimo dúas sesións por semana.
  • A temporalización proposta non debe interferir coa das actividades lectivas. Deben facerse fóra do horario lectivo.

Solicitude

O profesorado interesado debe solicitar a súa participación a través de fprofe, no apartado GT,SP,PFAC,PFFP. Cada interesado/a deberá solicitala súa preinscrición poñendo a modalidade na que está interesado, o CFR ou CAFI da súa área xeográfica, e premendo no botón Presentar.

É importante decatarse que o botón de gravar só serve para almacenar unha copia de borrador, pero non se completa a solicitude de preinscrición ata premer en Presentar.

Preinscricion das estadias en fprofe

Posteriormente e sempre tras o remate do prazo de preinscrición a persoa interesada, deberá entregar no CFR ou CAFI correspondente, a solicitude de inscrición segundo o seguinte modelo.

  1. O prazo para facer a preinscrición é ata o próximo día 2 de marzo (incluído).

  2. O prazo para entregar a inscrición no CFR ou CAFI correspondente é ata o próximo día 16 de marzo (incluído).

  3. Nos últimos días do mes de marzo publicarase no apartado de Estadías formativas da páxina web da Subdirección xeral de FP, a listaxe de solicitudes seleccionadas para realizar as estadías e o importe da axuda concedida para a mesma.

  4. Por último, os asesores de formación de profesorado, porase en contacto cos beneficiarios/as para ofrecerlles asesoramento.

Certificación

Ao termo de cada estadía, o profesorado participante deberá entregar ao asesor/a de formación que o asesore e a través de fprofe:

  • unha memoria final, resumindo a súa experiencia.
  • unha actividade de aplicación directa na aula, na que aplique o aprendido no ensino dalgún módulo con atribución para a súa especialidade.
  • Os xustificantes dos gastos de desprazamento: billetes, tíckets, etc.

Tras o remate da presente convocatoria de estadías formativas, a Comisión de selección avaliará a documentación e informes presentados, e decidirá o número de horas de formación que deberán certificarse por cada estadía, cun máximo de 3 horas de formación por cada 10 horas de estadía. Por exemplo, para o caso dunha estadía de 160 horas, como máximo poderán certificarse 160·0.3 = 48 horas.

Máis información en: http://www.edu.xunta.gal/fp/estadias-formativas-en-empresa

Estadias_Formativas_2015

G1401011: Electrónica básica e redes multiplexadas

Gallego

Data de comezo:  28/1/2015

Data de finalización: 14/3/2015

Lugar de celebración: Platega2

Número de horas totais: 37

Ligazón a FPROFE:  https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61020

Ligazón á Aula Virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=95

Data: 

28/01/2015 - 14/03/2015

Sección: 

G1401012: Fundamentos de equipos de son, amplificación e adaptación das etapas de saída

Gallego

Data de comezo: 2/2/2015

Data de finalización: 8/3/2015

Lugar de celebración: Platega2

Número de horas totais: 20

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61021

Ligazón á Aula Virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=66

Data: 

02/02/2015 - 08/03/2015

Sección: 

G1401012 Fundamentos de equipos de son, amplificación e adaptación das etapas de saída

Summary: 

Segunda edición desta actividade formativa en rede, que está destinada ao profesorado da familia profesional de Transporte e mantemento de vehículos. Forma parte da oferta formativa do plan anual de formación do profesorado de FP para o segundo trimestre.
Gallego

Esta actividade formativa en rede, forma parte da oferta formativa do plan anual de formación do profesorado de FP para o segundo trimestre, destinada ao profesorado da familia profesional de Transporte e mantemento de vehículos. No caso de quedaren vacantes, logo de realizada a selección de participantes entre o profesorado da familia profesional de  Transporte e mantemento de vehículos, terá acceso á actividade o profesorado da familia profesional de Electricidade e electrónica. Xurde da demanda do profesorado desta familia, de coñecer os fundamentos teóricos da acústica como medio para poder entender mellor o acondicionamento sonoro de vehículos, e os parámetros de instalación e axuste dos equipos de son.

Fundamentos de equipos de son

No curso abordaranse os coñecementos teóricos básicos do son dende o punto de vista da acústica, os parámetros do equipamento de son para automóbil, a realización dos cálculos necesarios para poder levar a cabo a instalación, así como os métodos de mantemento a empregar.

O titor responsable do curso, profesor da especialidade equipos electrónicos no IES Universidade Laboral, ten unha dilatada experiencia na docencia desta materia.

Data de comezo: 2/2/2015

Data de finalización: 8/3/2015

Lugar de celebración: Platega2

Número de horas totais: 20

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61021

Ligazón á Aula Virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=66

equipos de son

G1401009 Servizos de redes locais con máquinas virtuais

Summary: 

Curso do Plan Anual 2014-15 para profesorado de FP
Gallego

Ao igual que en anos anteriores, volverase a desenvolver a actividade “ Simulación de redes locais con máquinas virtuais”, curso de 30 horas en rede programado para o profesorado das familias de Informática e comunicación e Electricidade e Electrónica.

A actividade estenderase durante 7 semanas dende o día 2 de febreiro ata o 15 de marzo. Durante ese tempo deberanse completar as tarefas que os titores propoñan. Como axuda estarán dispoñibles a través do email e dos foros para contestar dúbidas e resolver problemas, e ademais haberá documentación de axuda colgada na mesma aula virtual. Para recibir a certificación correspondente, debe facerse correctamente o mínimo das tarefas que os titores establezan.
Como é un curso en rede, cada participante pode conectarse á aula virtual no tempo e horario que considere oportuno: o importante é entregar as tarefas correctas no  tempo que establecido.

Enlace Fprofe:

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61018

maquinas virtuais

A lectura e escritura en educación infantil e primaria

Summary: 

DATAS: 4, 5, 11, e 12 de Febreiro
Gallego

S1402005 CURSO PRESENCIAL A LECTURA E A ESCRITURA EN EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

Ten como destinatarios profesorado de Infantil e Primaria.

Entre os obxectivos que se pretenden acadar están: analizar as investigacións sobre o ensino e aprendizaxe da lingua escrita; coñecer pautas metodolóxicas que favorezan o desenvolvemento de habilidades e destrezas relacionadas co uso da linguaxe; e adquirir a capacidade para desenvolver hábitos de lectura e escritura no alumnado.

Destacar os seguintes contidos que se van a abordar nas catro sesións:

-A lingua escrita dende un enfoque constructivista.

-Desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística.

-Técnicas para a mellora da expresión e compresión oral e escrita.

Relatores:

-M ª José Pousa Rodríguez: Mestra de infantil e Primaria que leva impartindo cursos durante varios anos nos centros de formación do profesorado, con temática relacionadas con: competencia en comunicación Lingüísta, lectoescritura, avaliación por competencias, Arte, Animación de contos ...e unha ampla traxectoria profesional nestas temáticas desde unha enfoque teórico e práctico.

-Grupo de Traballo de docentes de infantil, primaria, audición e linguaxe e pedagoxía terapéutica que levan varios anos traballando o achegamento á lectoescritura dende un enfoque constructivista e que veñen a compartir connosco a súa andaina e experiencia de aula

LUGAR DE CELEBRACIÓN: EGAP (Santiago de Compostela) (Aula 5)

DATAS: 4, 5, 11, e 12 de Febreiro

Horario de : 18:00 a 21:00 horas

Nª de horas totais: 12 horas

lectura e escritura en infantil e primaria