Gallego

Agueiro

  • Agueiro: ferramenta corporativa de creación de portafolios dixitais educativos.

Para solicitar que o centro dispoña de Agueiro, a dirección do propio centro educativo deberá facer unha solicitude por medio dun correo electrónico dirixido ao enderezo agueiro@edu.xunta.gal e indicando os datos persoais da persoa (docente do centro) designada como responsable e administradora desta nova “Comunidade Educativa Virtual” dentro de Agueiro. Non se enviarán indicacións nin datos de acceso a contas persoais.

Gallego
agueiro

Directrices para o exercicio do teletraballo do profesorado galego

Summary: 

Servizos e recursos cos que pode contar o profesorado para o desenvolvemento da aprendizaxe a distancia
Gallego

Dende o CAFI poñemos a disposición do profesorado galego un documento que recolle algunhas pautas e recursos para o teletraballo do profesorado galego. Trátase dunha guía sinxela que responde ás seguintes preguntas: Como podo levar a cabo o ensino a distancia? De que ferramentas dispoño? E, por último, onde podo atopar axuda?

  • Como podo levar a cabo o ensino a distancia? En canto a este primeiro aspecto, proporciónanse unhas directrices básicas para a planificación e estrutura das xornadas do alumnado e as familias que pasan por tomar decisións a nivel de claustro, de ser posible, para non saturar ao alumnado e para non duplicar esforzos. Ademais, cómpre formular uns obxectivos claros, deseñar tarefas axeitadas e acompañar ao alumnado, dándolle feedback personalizado e establecendo estratexias para manter a súa motivación. No documento ofrécese tamén unha proposta de organización e estrutura dunha xornada na Rede.
     
  • De que ferramentas dispoño? As dúas seccións incluídas neste apartado ofrecen un abano de espazos virtuais así como ferramentas específicas para favorecer a comunicación entre os propios claustros e co alumnado, ademais de axudar a compartir ou crear materiais, fomentar a interacción e proporcionar retroalimentación. Alén das ferramentas institucionais, sinálanse outras aplicacións ou recursos libres ou gratuítos.
     
  • Onde podo atopar axuda? O persoal asesor faise dispoñible para proporcionar orientacións para o desenvolvemento da educación a distancia e resolver dúbidas sobre o emprego de ferramentas ou aplicacións. Pódese contactar co mesmo a través do enderezo electrónico cafi.educaciondixital@edu.xunta.gal
Directrices para o exercicio do teletraballo do profesorado galego

Formación do profesorado. Medidas covid - 19

Summary: 

En relación ás medidas establecidas dende a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros días, informamos do seguinte: - quedan aprazadas as actividades de formación presencial do profesorado - as actividades de formación na Rede continuarán a desenvolverse con normalidade.
Gallego

    Medidas covid-19

    S1901165 - Metodoloxías activas e a súa aplicación á aula

    Summary: 

    A formación en Metodoloxías activas e a súa aplicación á aula busca indagar nas novas correntes pedagóxicas que poñen o foco no alumnado como elemento activo nos procesos de ensino e aprendizaxe. A través de contido eminentemente práctico e dentro dunha experiencia inmersiva, os asistentes crean o seu propio contido innovador como docentes plenamente adaptados ás correntes do novo milenio.
    Gallego

    Os obxectivos principais desta formación son:
    1. Coñecer e reflexionar sobre as metodoloxías de innovación educativa e os seus beneficios na aula actual: Flipped Classroom, ABP, ABJ, Gamificación, etc.
    2. Adquirir ferramentas e competencias para a creación de contido interactivo e lúdico na aula.
    3. Favorecer o autoconocimiento dos asistentes, fomentando a creatividade e o desenvolvemento persoal.
    4. Fomentar o traballo colaborativo como ferramenta pedagóxica.
    5. Promover a participación activa dos asistentes.

    Temporalización: do 22/4/2020 ao 25/4/2020. Horario: pola tarde de 16:30-20:30. O sábado 25 de 10:00-14:00 / 16:00-20:00

    Lugar da actividade: aula 1.09 do CAFI

    Número de horas: 20 h

    Enlace FProfe: www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaBusquedaInscricionCursos.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=102407

    Referencia da actividade: S1901165

    Data: 

    22/04/2020 - 25/04/2020

    Lugar: 

    CAFI (Santiago de Compostela)

    Tema: 

    Sección: 

    S1902038 - Emprego de ferramentas maker: Torno- Fresadora CNC

    Summary: 

    Actividade presencial de 8 horas de formación para o manexo de ferramentas maker, neste caso o Torno- Fresadora CNC
    Gallego

    Código do curso: S1902038

    Relator: Benito Lourido

    Datas: 13 e 24 marzo

    Destinatarios: Bacharelato, Educación Secundaria Obligatoria,Educación primaria, Educación secundaria para persoas adultas.

    Obxectivos

    1.Empregar software específico de deseño para o torno fresadora CNC.

    2.Coñecer o funcionamento básico dun torno fresadora CNC.

    3.Realizar un proxecto sinxelo empregando a máquina ferramenta CNC.

    Contidos:

    1.Software de deseño para torno fresadora CNC ( Inkscape)

    2.Software específico do torno fresadora CNC.

    3.Manexo do torno fresadora CNC.

    Data: 

    13/03/2020 - 24/03/2020

    Lugar: 

    CAFI - Aula Nova (Santiago de Compostela)

    Tema: 

    Sección: 

    S1902040 - Emprego de ferramentas maker: Cortadora Láser

    Summary: 

    Actividade presencial de 8 horas de formación para o manexo de ferramentas maker, neste caso a Cortadora Láser
    Gallego

    Código do curso: S1902040

    Relator: José Manuel Alvarez

    Datas: 6 e 8 Mayo

    Destinatarios: Bacheralato, Educación Secundaria Obligatoria, Educación Primaria, Educación secundaria para persoas adultas

    Obxectivos:

    1.Empregar software específico de deseño para unha cortadora láser.

    2.Coñecer o funcionamento básico dunha cortadora láser.

    3.Realizar un proxecto sinxelo empregando a cortadora láser.

    Contidos:

    1.Software de deseño para cortadoras láser ( Inkscape)

    2.Software específico da cortadora láser (Lasercut).

    3.Manexo da cortadora láser.

    Data: 

    06/05/2020 - 08/05/2020