Gallego

Actualización do repositorio de contidos de espazoAbalar con 124 novos recursos educativos dixitais

O repositorio de espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta educativa, nesta ocasión con 124 novos contidos en formato dixital, que se incorporan aos existentes, en varios idiomas e para os seguintes niveis educativos: educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.

Os contidos proceden fundamentalmente de 2 liñas de actuación: por un lado, 87 novos contidos creados no eido das licenzas por formación dos tres últimos cursos académicos.E por outra parte, a actualización de 31 recursos, nos que se modernizou a tecnoloxía empregada, entre eles, varios cursos completos para aulas virtuais.

Aquelas persoas que elaboran material educativo e estean interesadas en ceder este material para o seu uso no reposito de contidos dixitais espazoAbalar, teñen a súa disposición un procedemento no que se explican os pasos a seguir.

 

 

Gallego
Recursos

DIXIT: dispoñibles novos recursos dixitais para a comunidade educativa galega

O proxecto Dixit acaba de poñer a disposición da comunidade educativa 16 contidos dixitais (7 novos e 9 actualizacións) para as materias de Física y Química, Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Xeografía e Historia e Ciencias Sociais.

Estes contidos son o resultado da terceira fase da iniciativa DIXIT e foron probados nas aulas, como paso previo á posta a disposición gratuíta para toda a comunidade educativa.

Na materia de Física y Química, publícase o contido “Visita a la Central Nuclear” que permite ao alumnado poñerse aos mandos dunha central e subministrar a enerxía necesaria para unha cidade, aprendendo mediante a experimentación o proceso de xeración e distribución de enerxía segundo a necesidade enerxética.

Dentro da área de Matemáticas, na iniciativa de Laboratorio xeométrico, actualízase o contido “Iniciación a los cuerpos geométricos” e publícanse dous novos recursos: “Áreas de cuerpos geométricos”, para aprender a calcular áreas das figuras xeométricas e coñecer a fondo as súas formas, construíndo peza a peza os seus despregamentos, e “Visión holográfica” na que se propón ao alumnado a construción dunha pirámide holográfica a través da cal poderá visualizar contido interactivo en hologramas 3D das figuras xeométricas e as animacións dos seus despregamentos. Esta primeira versión inclúe a visualización das pirámides, e completarase en próximas versións con novas figuras.

Nas materias de Bioloxía e Xeoloxía, incorpórase a “Guía da Ciencia Cidadá na aula”, que ofrece as pautas para integrar na aula proxectos de ciencia cidadá e converte ao alumnado en verdadeiros científicos/as achegando valor en investigacións científicas reais ao tempo que aprenden a materia de bioloxía. Ademais actualízanse seis snack experiment: A terra é redonda, Presión atmosférica, Tensión superficial, Fotosíntese, e Os nosos océanos. Trátase dunha colección de demostracións interactivas de distintos experimentos curtos realizados con materiais caseiros cos que o alumnado poderá presentar hipóteses, practicar e alcanzar conclusións a través da súa propia experiencia. Utilízase como ferramenta principal o vídeo cuxas secuencias se mostran en función da interacción do usuario. Dispoñibles en castelán, galego e inglés, subtitulados e traducidos á linguaxe de signos para garantir accesibilidade e atención á diversidade.

Na materia de Xeografía e Historia, actualízase o contido “A túa misión espacial”, e publícase a súa continuación: “A túa misión á terra”, que permite observar a Terra desde o espazo para aprender as coordenadas, fusos horarios e moitas curiosidades sobre o noso planeta.

Publícase tamén un novo recurso: “Invasión Zombie” no que o alumando terá que aprender e interpretar climogramas de distintos lugares do planeta e buscar zonas para instalar refuxios viables para poder salvar á humanidade dunha invasión zombie.

Na materia de Ciencias Sociais publícase o primeiro contido da iniciatica de Misión Sistema Solar, “As Orixes do Universo”, no que o alumnado viaxará polo universo e descubrirá as teorías da súa orixe da man de Stephen Hawking.

O obxectivo de DIXIT é aproveitar as capacidades técnicas e innovadoras dos sectores tecnolóxico e audiovisual e os coñecementos pedagóxicos do profesorado galego, tendo en conta as súas necesidades, para incrementar a oferta de recursos dixitais dispoñibles para a comunidade educativa galega. Todos os contidos da iniciativa Dixit están publicados:

   No espazo temático Dixit de espazoAbalar:

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/dixit/

   No repositorio de contidos de  espazoAbalar:

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazos/recursos

   Na plataforma EVA (E-Dixgal):

https://eva.edu.xunta.gal/

 

 

Gallego
Dixit

Videotitoriais sobre os servizos dixitais educativos para docentes e familias: abalarMóbil, Agueiro, Webs Dinámicas e videoconferencias Webex

 

Co fin de facilitar á comunidade educativa o uso dos distintos servizos dixitais, están dispoñibles 12 videotitoriais nos que se amosa de xeito sinxelo como comezar a usar cinco servizos dixitais educativos:

 

Dous sobre a aplicación para as familias abalarMóbil

 

Un sobre o uso da ferramenta de e-portfolio e comunidades educativas dixitais Agueiro

 

Tres sobre o uso das videoconferencias eduXunta Webex, por parte do profesorado e do alumnado

 

Un sobre o uso da mensaxería na comunicación coas familias por parte do profesorado a través de espazoAbalar

 

Cinco sobre as funcionalidades básicas das Aulas Virtuais dos centros educativos:

 

Os videotitoriais están dispoñibles na canle Youtube de espazoAbalar e no Espazo de servizos dixitais educativos dentro das seccións App de comunicación abalarMóbil, Ferramenta de portfolio Agueiro, Servizo de videoconferencia Webex, Servizo de comunicación espazoAbalar e Aulas Virtuais.

Estes recursos veñen a reforzar todos os materiais e manuais empregados nos procesos de formación do profesorado e que están publicados no Espazo de servizos dixitais educativos do espazoAbalar e na Aula Abalar Aberta.

 

Gallego

Móvete connosco na casa

O sedentarismo é unha pandemia cuxos efectos se incrementan nestes tempos de confinamento. 

A actividade física e as técnicas de relaxación poden ser ferramentas útiles para axudar a manter a calma e seguir protexendo a saúde durante o tempo de confinamento.

Por iso é fundamental que, nas idades máis temperás onde se adquiren os hábitos, o noso alumnado continúe con rutinas de traballo físico que incidan sobre os compoñentes da condición física para a saúde (Resistencia  Cardio-respiratoria, Forza-resistencia muscular, flexibilidade e composición corporal), combinadas coas habilidades  motrices e  coordinativas.

Perante esta situación, a Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través dun grupo de especialistas en educación física e das súas familias deseñou unha programación semanal que permite ao alumnado traballar algúns destes aspectos.

Estes vídeos constan dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa para o alumnado de educación primaria.

Na situación actual, o exercicio físico debe ser un dos maiores aliados para combater a tensión e a frustración dos e das pequenas. A idea é facelo sempre a través do lúdico e o xogo. Que aprendan xogando e xerarlles estímulo.

 

Gallego

DIXIT: dispoñibles os primeiros recursos dixitais para a comunidade educativa galega

O Repositorio de Contidos de  EspazoAbalar e a  plataforma EVA veñen de incorporar os primeiros contidos da iniciativa DIXIT:  unha contorna virtual composta por  Regletas  Cuisionare para a aprendizaxe de Matemáticas e cinco  Snack  Experiments para coñecer e aplicar o método científico na área de Bioloxía e Xeoloxía. Estes contidos son o resultado da primeira fase de DIXIT e foron probados nas aulas a finais de curso, como  paso previo á posta a disposición gratuíta para toda a comunidade educativa

Na materia de Matemáticas os contidos DIXIT,  permiten  traballar os bloques temáticos de sumas e restas, ademais dun módulo de manipulación libre que permita ao alumnado comprender conceptos abstractos. Desde o punto de vista técnico, este material ofrece simulación interactiva para a aprendizaxe a través da manipulación de figuras 3D para realizar diferentes operacións matemáticas lóxica, indución, estimación, aproximación. Os/as alumnos/as poden manexar estas figuras (arrastralas, rotalas, etc) na área de traballo, para realizar as operacións que se expoñan nas actividades.

Por outra parte, tamén se publica a primeira serie de cinco Snack  Experiments, unha iniciativa da área de Bioloxía e Xeoloxía. Trátase dunha colección de demostracións interactivas de distintos experimentos curtos realizados con materiais caseiros cos que o alumnado poderá presentar hipóteses, practicar e alcanzar conclusións a través da súa propia experiencia. Utilízase como ferramenta principal o vídeo cuxas secuencias se mostran en función da interacción do usuario. Dispoñibles en castelán e galego, subtitulados e traducidos á linguaxe de signos para garantir accesibilidade e atención á diversidade. Os temas destes snacks son: Que pasa nos nosos océanos?, A fotosíntese, Presión atmosférica, Tensión superficial e A terra é redonda.

O obxectivo de DIXIT é aproveitar as capacidades técnicas e innovadoras dos sectores tecnolóxico e audiovisual e os coñecementos pedagóxicos do profesorado galego, tendo en conta as súas necesidades, para incrementar a oferta de recursos dixitais dispoñibles para a comunidade educativa galega.

Está prevista a creación de novos contidos para estas e outras materias que empregarán as tecnoloxías máis avanzadas, como poden ser: o laboratorio xeométrico 3D (que permite visualizar e traballar con distintos corpos xeométricos, no que cada alumno pode explorar os obxectos variando os seus parámetros físicos), o laboratorio redes tróficas con compoñentes de gamificación incorporados, o laboratorio mostraxe ecosistema dunar (no que o alumnado poderá percorrer de forma virtual un ecosistema, explorando os seus distintos compoñentes, e aprendendo a caracterizalos, baseado nunha contorna inmersiva 3D con vídeos de 360º), un simulador de conversa de idiomas aproveitando tecnoloxías 3D (recoñecemento de voz, IA,...), etc.

Gallego
DIXIT: dispoñibles os primeiros recursos dixitais para a comunidade educativa galega

Establecemento dos requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio das profesións de Profesor de Educación Secundaria Obligatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas

Orde EDU/3498/2011, de 16 de decembro, pola que se modifica a Orde ECI/3858/2007, de 27 de decembro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio das profesións de Profesor de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas.

 

 

Gallego
MEC

Tema: 

X Certame de Microvídeos IES San Clemente

O IES San Clemente de Santiago de Compostela, a través da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, convocan o X Certame de Microvídeos co obxecto de promocionar o uso do galego. Organízase en dúas seccións: sección xeral de microvídeos (de temática libre) e sección especial #escollemosgalego (dirixida a microvídeos pensados para as redes sociais), e tres categorías de participación:

A. Estudantes de secundaria de calquera lugar do mundo.

B. Persoas de calquera idade de calquera lugar do mundo.

C. Estudantes do IES San Clemente, en calquera das súas modalidades.

prazo de admisión das propostas finalizará o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Outorgaranse dous premios por cada categoría e sección:

  • 1º premio: vale de 100 €
  • 2º premio: vale de 75 €

As bases do concurso e a información ampliada poderanse consultar nesta ligazón

Gallego
Portada

Iniciación á robótica e programación desde unha perspectiva de xénero

O Instituto das Mulleres e o Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado lanzan a acción formativa "Iniciación á robótica e programación desde unha perspectiva de xénero". Trátase dun MOOC (Massive Online Open Course) dirixido preferentemente a profesorado de educación primaria (os materiais están elaborados para esta etapa educativa) co obxecto de fomentar a participación das nenas en áreas STEAM, favorecer o desenvolvemento de habilidades tecnolóxicas desde idades temperás e asegurar a equidade educativa de cara ao futuro.

A educación obrigatoria ao ser inclusiva e universal representa unha oportunidade para integrar a robótica e a programación con perspectiva de xénero, e ofrece a posibilidade de acelerar este proceso mediante a abordaxe desde diferentes ámbitos e a implicación de todos os axentes educativos e comunitarios.

A acción formativa consta dos seguintes módulos:

  1. Mulleres en STEAM e pensamento computacional.
  2. Actividades desenchufadas.
  3. Scracht.
  4. Intelixencia artificial.
  5. Robots de chan e placas de robótica.

O curso comezará o día 6 de maio e estará aberto ata o 12 de xuño de 2025.

A inscrición é gratuíta e xa está aberta para calquera persoa interesada, independente da súa situación xeográfica e perfil profesional, e prolongarase durante o período de duración do curso. A inscrición e a información ampliada sobre o curso está dispoñible a través desta ligazón.

Gallego
Portada

Miniserie documental da RAG: "Se canto é porque quero"

A Real Academia Galega (RAG) difunde a súa produción da miniserie documental das Letras Galegas 2025 Se canto é porque quero. Xa pode verse en academia.gal e na canle de Youtube institucional. A proposta audiovisual dedicada ás cantareiras e á poesía popular oral destaca a riqueza dun tesouro cultural creado colectivamente polo pobo, especialmente por mulleres como as sete nas que a RAG personifica a celebración do vindeiro 17 de maio, e partindo do pasado reivindica o futuro dunha tradición chea de vida que están a reinterpretar as novas xeracións. 

A RAG irá publicando nas vindeiras semanas máis contidos divulgativos arredor do Día das Letras Galegas na sección da súa web centrada na gran festa da cultura galega (https://academia.gal/letras-galegas/2025/cantareiras). Incorporará tamén novas actividades interactivas á web de Primavera das Letras.

 

Carteis das cantareiras

 

Gallego
Portada

VI Certame de Fotografía Mulleres na Sombra

Para conmemorar o Día Internacional da Muller (8 de marzo) e como este ano o Día das Letras Galegas (17 de maio) dedícase ás cantareiras, o Obradoiro da Igualdade do IES San Clemente convoca o IV Certame de Fotografía “MULLERES NA SOMBRA” cunha temática moi especial e harmoniosa.

 

1. Poderá participar todo o alumnado de centros públicos.

2. As fotografías deberán ser orixinais, inéditas e terán que visibilizar o papel e a participación actual das mulleres na música, na transmisión oral ou na expresión cultural galega. Pode ser a través de retratos, escenas de festa e comunidade, símbolos ou mesmo composicións abstractas que evoquen ritmo e harmonía.

3. As fotografías deberán ter un título e vir acompañadas dunha frase que explique ou complete o seu significado.

4. Non se poderán empregar imaxes ou nomes que identifiquen marcas comerciais nin persoas das que non se dispoña de autorización para a difusión da súa imaxe.

5. As fotografías deberán enviarse por correo electrónico a igualdade@iessanclemente.net indicando o título, a frase que a acompaña e os datos persoais da persoa participante.

6. O prazo de participación estará aberto até o 17 de maio do 2025 ás 23:59 horas. Non se admitirán fotografías recibidas con posterioridade a esa data.

7. Premiarase a calidade artística, a orixinalidade e a pertinencia do significado contido no material achegado.

8. As fotografías que non cumpran os criterios determinados nestas bases non serán consideradas e tampouco aquelas cuxo tema non sexa o sinalado nestas bases ou que podan resultar ofensivas.

9. Concederanse tres premios en metálico:

  •  1º Premio: 60€.
  •  2º Premio: 40€.
  •  3º Premio: 30€.

Os traballos premiados publicaranse na web e redes sociais do instituto e desde o Obradoiro da Igualdade poñerémonos en contacto coas persoas gañadoras para entregar os premios.

10. O xurado será o Obradoiro da Igualdade, podendo contar coa colaboración doutros membros da comunidade educativa do centro.

11. O veredicto do xurado será inapelable.

12. A participación no certame supón a aceptación destas bases.

 Para máis información premer na seguinte ligazón

Gallego
Obradoiro