Gallego

Cine e educación: experiencias de Galicia e Portugal

A proposta "Cine e educación: experiencias de Galicia e Portugal", que se desenvolverá en Compostela o venres 4 de abril, pretende visibilizar e difundir dinámicas consolidadas de pedagoxía do cine nas aulas galegas, da primaria á universidade; tender pontes entre ensino e audiovisual profesional, grazas á perspectiva de institucións como a Filmoteca de Galicia, o Consello da Cultura ou a Agadic; e facer un intercambio con prácticas de Portugal. 

Información ampliada e inscrición gratuíta nesta ligazón. O número de prazas é limitado (100 persoas) e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

 

Lugar: Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar, Praza do Obradoiro, s/n 15705 Santiago de Compostela)
 

 

 

Gallego
Portada

Conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down

O venres 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da síndrome de Down. Nacións Unidas aprobou en novembro de 2011 a declaración desta data, o 21 de marzo, como un símbolo en referencia á triplicación do cromosoma 21 que se traduce na condición xenética da síndrome de Down.
Desde a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional invitamos a todos os centros educativos de Galicia a dar visibilidade a esta alteración cromosómica.

No documento que se xunta recóllense diversos recursos para traballar nas aulas das distintas etapas educativas.

 

Gallego
Portada

Convocatoria de prazas de profesorado en seccións bilingües de español en Europa central, oriental e China

Publicouse no BOE o extracto de Resolución da convocatoria de prazas de profesorado en seccións bilingües de español en centros educativos de Bulgaria, China, Eslovaquia, Hungría, Polonia, República Checa, Rumanía e Rusia para o curso 2025/26. O prazo de presentación comeza o día 13 de marzo e finaliza o día 2 de abril de 2025. En total son 131 prazas para profesorado de secundaria, principalmente, e primaria. Na seguinte ligazón poderase consultar a información da convocatoria:

Profesorado en secciones bilingües de español en centros educativos de Europa central, oriental y China (2025-2026) | Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes

Desde a Unidade de Acción Educativa no Exterior vaise realizar unha sesión informativa en líña o próximo día 18 de marzo ás 17.00 horas  (hora peninsular). Facilítase a ligazón para asistir á sesión e o acceso ao formulario para que o profesorado interesado poida expor preguntas antes do webinario:

 https://linktr.ee/SeccionesBilingues 

 

Gallego
Portada
Portada2

XIII Día das Rapazas nas TIC

O próximo xoves, 24 de abril, o Centro de Supercomputación de Galicia, a Dirección Xeral de Igualdade e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia organizan o "Día das Rapazas nas TIC" (Girls in ICT Day), dirixido especiamente ao alumnado do último ciclo de centros de primaria e secundaria de Galicia. A información do movemento a nivel internacional poderase consultar nesta ligazón https://www.itu.int/women-and-girls/girls-in-ict/

Para celebralo, ese día no CESGA celebramos  COLOQUIO VIRTUAL DE TECNÓLOGAS GALEGAS CO ALUMNADO DOS CENTROS EDUCATIVOS

Trátase dun animado coloquio virtual dende o CESGA dirixido a centros educativos, no que participan 4 destacadas galegas emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, ás que o alumnado participante dos centros galegos de primaria e secundaria poderá preguntar todas aquelas inquedanzas e dúbidas sobre os seus eidos profesionais ou as súas motivacións persoais que as levaron a traballar neste eido. 

Este ano contamos cunha investigadora en física cuántica, unha docente, directora de área e investigadora en telecomunicacións, unha enxeñeira aeroespacial que participa desenvolvendo un coche monoplaza de carreiras e unha enxeñeira informática líder de proxectos internacionais e exitosa creadora de contidos en TikTok e outras RRSS.

As catro complementan cos seus perfis diversos unha realidade do mundo profesional na que as tecnoloxías xogan un papel moi importante e as veces non tan "evidente".

A apertura institucional e o coloquio comezará as 11.00 horas, cunha duración de 1 hora e media, ata ás 12.30 horas. (toda a información na seguinte ligazón: https://e-learning.cesga.es/ictgogirls/ ). Durante todo o coloquio poderase participar con preguntas e comentarios dirixidos ás relatoras en directo. A parte técnica non será ningún problema, porque so require o acceso a través dun navegador web.

Gallego
TIC

Conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down

O venres 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da síndrome de Down. Nacións Unidas aprobou en novembro de 2011 a declaración desta data, o 21 de marzo, como un símbolo en referencia á triplicación do cromosoma 21 que se traduce na condición xenética da síndrome de Down.
Desde a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional invitamos a todos os centros educativos de Galicia a dar visibilidade a esta alteración cromosómica.

No documento que se xunta recóllense diversos recursos para traballar nas aulas das distintas etapas educativas.

 

Gallego

AGAPEMA: convocatoria da "Olimpíada Matemática 2025"

A Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) convoca a Olimpíada Matemática 2025. Trátase dun concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 2º de ESO. Consta de diferentes fases, puidendo chegar ata a fase nacional. O alumnado participa de xeito individual.
A fase de zona celebrarase o 24 de abril e o alumnado finalista terá a fase final o 15 de maio.
Os prazos de inscrición e toda a información relativa a esta edición pódese atopar en: https://agapema.org/actividades/olimpiada-matematica/

Gallego
Portada

Xornadas GÁLIX de lectura inclusiva: "Desfacendo a RAIA XV"

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) desenvolve as xornadas de lectura inclusiva Desfacendo a Raia XV. Estarán presentes profesionais do mundo da docencia, audiolibros, creación, bibliotecas, edición, investigación LIX, asociacións e clubs de lectura, e especialistas en inclusión e lectura fácil como FADEMGA Plena inclusión Galicia. Acompañarannos, por exemplo, Ivana Gómez, Pepe Carreiro, Laia Vidal, Isabel Mociño, Manuel Darriba, María Pousa o Marcos Calveiro.

Lugar: Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación. Campus Norte (Avda. Xoán XXIII s/n - Santiago de Compostela)

Data:  14, 18 e 24 de marzo de 2025

Poderase ampliar a información no programa que se xunta.

 

Gallego

File: 

XX Concurso de Fotografía Xurxo Lobato

Convócase o XX Concurso de Fotografía Xurxo Lobato dirixido ao alumnado de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e de escolas de arte de Galicia (límite de idade ata 21 anos). De tema libre, cada persoa participante poderá presentar ata un máximo de tres fotografías, en branco e negro ou cor, sen marcas de auga e dixitalizadas para a súa presentación.

Data límite de entrega: antes do 31 de marzo de 2025.

A información complementaria sobre os requisitos, forma e lugar de presentación das obras, contía dos premios e demais pormenores do concurso poderase consultar nas bases que se xuntan.

 

Gallego
Portada

Fundación Eugenio Granell: Valle en Santiago

venres 7 de marzo, ás 12.00 horas a Fundación Eugenio Granell organiza o acto simbólico de colocación dunha bufanda vermella na escultura de Ramón María Valle-Inclán na Alameda de Santiago de Compostela.

Este acto desenvólvese desde o ano 2007 e pretende establecer unha conexión coa famosa colocación da bufanda branca na estatua de Valle-Inclán, no paseo de Recoletos, en Madrid, o día do teatro; pero neste caso para conmemorar o regreso real e simbólico de Valle a Compostela e a Galiza, a súa terra de orixe.

A Fundación Eugenio Granell entende que o seu compromiso coa creación non se circunscribe só ás artes plásticas, como tampouco seguen esta máxima o surrealismo, nin o propio Eugenio Granell, así está, dentro dos seus obxectivos, a tarefa de apoio e promoción á literatura.

Para a realización desta iniciativa cívica-cultural sumamos a colaboración do Museo Valle-Inclán, A Pobra do Caramiñal e do Foro Galicia e Valle-Inclán.

A ambas as institucións únelles o interese por destacar a importancia da cidade de Compostela como vila valleinclaniana e a relación que se establece entre o surrealismo e o esperpento. Artes xurdidas do empeño por reinterpretar a realidade contemporánea dos/as nosos/as artistas.

           

Gallego

File: 

Bolsas AVENIR 2025/26 para estudar en Francia

As bolsas AVENIR están dirixidas a estudantes de nacionalidade española ou franco-española que van estudar a Francia, ben no marco dunha mobilidade individual, ben no dunha dobre titulación entre dous centros de ensino superior español e francés ou ben no marco dunha mobilidad Erasmus+.
Toda a información na web do Institut français dEspagne: https://www.institutfrancais.es/educacion/convocatoria-becas-de-excelencia-avenir-2025

Data límite de entrega de solicitudes: 5 de maio de 2025.

 

Gallego