Gallego

Fundación Eugenio Granel: exposición de fotografías de Juan Barreto

A Fundación Eugenio Granell desenvolve a exposición de fotografía “Juan Barreto. Fotografías intervidas”. A inauguración terá lugar o xoves 20 de febreiro, ás 18.00h nas salas 4 e 5 do primeiro andar do Museo na Praza do Toural, s/n, 15705 Santiago de Compostela, e poderase visitar ata o día 20 de abril de 2025. 

 

Gallego

File: 

Programa “Fly The Future” dirixido aos centros de educación secundaria de Lugo

A Xunta de Galicia, en colaboración con Avincis e co Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), ofrecen aos centros educativos da provincia de Lugo a actividade "Fly the future", que ten por obxecto espertar entre o alumnado de secundaria a vocación polas carreiras universitarias STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas).

A actividade materialízase nunha visita ao Centro Internacional de Investigación de Sistemas Autónomos Avanzados co que conta Avincis no Parque Industrial de Rozas en Castro de Rei (Lugo) e ao Centro de Investigación Aeroportada de Rozas da man do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA). A actividade é totalmente gratuíta para os centros.

 

Lugar: Aeródromo de Rozas - 27271 Castro de Rei (Lugo).

Duración: 1h 45 minutos. Hora de inicio 10.00 h.

Dirixido a estudantes de educación secundaria de Lugo. Actividade gratuíta.

Datas: venres de 2025.

Inscrición no seguinte formulario: https://www.civiluavsinitiative.com/gl/visitas-programa-vocacions/#

Para ampliar información cumprirá consultar o documento informativo que se xunta.

 

Gallego
Portada

XXIX Certame Francisco Añón de Poesía

Co obxecto de promocionar os valores creativos e literarios en língua galega, asemade de homenaxear ao Poeta Francisco Añón, publicouse o XXIX Certame de poesía que leva o nome do célebre poeta. Poderán participar todas as persoas interesadas, de calquera nacionalidade, que presenten os orixinais escritos en lingua galega. Os textos deberán ser inéditos e non premiados noutros concursos.

Prazo de presentación das obras: desde o día seguinte ao da publicación no boletín oficial da provincia ata o día 31 de marzo de 2025 (incluído). 

Cumprirá consultar as bases da convocatoria que se xuntan no referido á forma de presentación, categorías de premios e contías, entre outra información relevante.

 

 

Gallego

File: 

IV Edición do concurso R7 polo Planeta

Publicouse a IV Edición do concurso R7 polo Planeta organizado pola Fundación Ibercaja. Trátase dunha convocatoria de ámbito nacional co obxectivo de implementar os ODS, a Axenda 2030 e o compromiso coa protección do medio ambiente. Poderá participar alumnado de educación primaria, secundaria obrigatoria e de ciclos formativos (con idade límite de 20 anos) de calquera centro docente, coordinados polo menos por un membro do persoal docente. Os centros de educación de persoas con diferentes capacidades non teñen límite de idade, asemade tamén se aceptarán proxectos de outras institucións educativas ou entidades que promovan a finalidade descrita.

Os centros que participaran en edicicóns anteriores deberán presentar un proxecto diferente. Todos os centros participantes recibirán un diploma de participación, de finalista ou de premiado segundo corresponda.

Data límite de presentación de propostas: 30 de abril de 2025.

Premios: 

1º premio: un premio por valor de 5 000 euros.

2º premio: un premio por valor de 3 000 euros.

3º premio: un premio por valor de 2 000 euros.

4º premio: un premio por valor de 1 000 euros.

5º premio: un premio por valor de 1 000 euros.

 

Bases IVConcurso R7 (fundacionibercaja.es)

Ficha de inscrición IV Edición Ficha de Inscripción. R7. IV Edición.pdf

Más información Concurso R7 por el Planeta. IV Edición | Fundación Ibercaja

Gallego
Portada

Festival luso-galaico de vídeo escolar "Açao 11!"

Ação.11! Festival Luso-Galaico de Vídeo Escolar é unha sección competitiva dos Encontros / 25º Festival de cinema de Viana que ten por obxecto promover a práctica e a cultura audiovisual no contexto escolar. Este ano abre as súas portas a curtametraxes galegas e poderá participar alumnado escolarizado en educación primaria e educación secundaria obrigatoria e postobrigatoria.

A presentación dos filmes seleccionadas e o anuncio das obras gañadoras terá lugar o día 14 de maio de 2025 no Teatro Municipal Sá de Miranda.

A inscrición dos traballos remata o día 30 de marzo de 2025.

Poderase ampliar a información a través desta ligazón

 

 

Gallego
Portada

I Olimpíada de Economía

Preséntase a oitava edición, a primeira en España, das Olimpíadas de Economía, a competición internacional máis innovadora e de maior crecemento en materia de economía, educación financeira e emprendemento para estudantes da ESO e bacharelato (de 14 a 18 anos). En 2025, máis de 100 000 estudantes de 30 países van participar nesta iniciativa.

As Olimpíadas de Economía son, esencialmente, un proxecto formativo en materia de economía, educación financeira e emprendemento que se executa a través dunha competición con catro roldas eliminatorias, dúas telemáticas e dúas presenciais, unha en Madrid e outra en Olimpia (Grecia).

As Olimpíadas de Economía atópanse baixo os auspicios da Academia Olímpica Internacional, a institución educativa e cultural fundada en 1961 polo Comité Olímpico Internacional. Son completamente gratuitas para o alumnado e os centros educativos, incluidos os recursos e ferramentas formativas, as viaxes ás roldas presenciais, o aloxamento, a manutención, as actividades culturais e formativas, etc. Non requieren carga adicional para os/as docentes nin para a administración educativa.

O prazo de inscrición está aberto ata o día 25 de febreiro e efectuarase a través da siguiente ligazón:

https://olimpiadaseconomia.es/participa/#participa 

Poderase ampliar a información no seguinte espazo web: https://olimpiadaseconomia.es 

 

Gallego

VIII Concurso de microrrelatos

A Real Academia Galega e PuntoGal mateñen aberto durante o mes de febreiro o prazo para participar no seu VIII Concurso de microrrelatos. Organizan conxuntamente este concurso que ten como obxectivo reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital. 

Ambas as institucións concederán nove premios, tres en cada unha das categorías: infantil (ata os 11 anos), xuvenil (de 12 a 17 anos) e persoas adultas.

Os textos terán unha extensión máxima de 200 palabras (título incluído). As bases e demais detalles da convocatoria poden consultarse en relatos.gal.

O prazo para a presentación de textos estará aberto desde as 00:01 horas do sábado 1 de febreiro ata as 23:59 horas do venres 28 de febreiro de 2025. 

 

Gallego
Portada

File: 

Campaña 2025 do selo "LabelFrancÉducation"

O LabelFrancÉducation ten por obxecto promover os centros bilingües de lingua francesa, públicos ou privados. Trátase dunha etiqueta concedida polo Ministerio francés de Europa e Asuntos Exteriores por un periodo máximo de tres anos (renovable). 
Os criterios para a obtención do selo son os seguintes:

  • Ensinanza da lingua e a cultura francesas e da ensinanza en francés de polo menos unha materia non lingüística.
  •  Presenza de polo menos un profesor francófono con un título de máster ou equivalente.
  • Título ou certificado de nivel de lingua francesa do profesorado de francés e profesorado de materias non lingüísticas impartidas en francés.
  • Plan de formación do profesorado.
  • O alumnado do centro educativo presentarase aos exames de lingua francesa para obtener o Diplôme d'études en langue française.
  • Presenza dun contorno francófono: recursos educativos dentro do centro educativo, emparellamento con unha escola francesa, asociacións culturais francófonas, viaxes de estudos lingüísticos, etc.

A campaña estará aberta ata as 23.59 horas do día 31 de marzo de 2025. As solicitudes presentaranse en líña na plataforma Cascade. A publicación dos resultados efectuarase no verán de 2025.

Para ampliar a información cumprirá acceder a través desta ligazón

 

Gallego

Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia: "Atrévete a pescudar con elas!"

No marco do Día da Muller e da Nena na Ciencia, a Unidade de Divulgación Científica da UDC convoca unha nova edición de Atrévete a pescudar con elas!, unha iniciativa que achega o mundo da investigación ao alumnado de educación primaria e secundaria a través de dúas pezas audiovisuais protagonizadas por investigadoras coruñesas.

Nestes vídeos, as científicas comparten a súa traxectoria, logros profesionais e experiencias persoais, relatando anécdotas co obxectivo de espertar a curiosidade científica e inspirar futuras vocacións investigadoras.
Vídeos dispoñibles:
• Educación Primaria: https://www.youtube.com/watch?v=eD67WOkNaEc  
• Educación Secundaria: https://www.youtube.com/watch?v=bY87SogdcMI 

Como participar? Os centros educativos poden visualizar os vídeos co seu alumnado e enviar preguntas ás investigadoras ata o 31 de marzo a través desta ligazón: https://forms.office.com/r/GV1Qw5sxMX

Animádevos, xa que entre os/as participantes se realizará un sorteo para visitar algún dos centros do Parque Tecnolóxico da nosa universidade; poderedes, así, ver o lugar de traballo das nosas científicas!
 

Gallego
Portada

Convocatoria do concurso "Matemáticas na Raia"

 Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática AGAPEMA convoca o concurso Matemáticas na Raia 2025. Trátase dun concurso de resolución de problemas en grupo clase para 3º da ESO que se desenvolve en Galicia e no Norte de Portugal organizado conxuntamente por AGAPEMA e a Asociación de Profesores/as de Matemáticas de Portugal (APM).

As bases e toda a información relativa a esta edición pódese atopar en: https://agapema.org/actividades/matematicas-na-raia/

O prazo de inscrición remata o 28 de febreiro.

Data de celebración: 13 de marzo.

 

Gallego
Portada

File: