Título node Learning object
Campaña 2025 do selo "LabelFrancÉducation"
Mér, 05/02/2025 - 09:11
O LabelFrancÉducation ten por obxecto promover os centros bilingües de lingua francesa, públicos ou privados. Trátase dunha etiqueta concedida polo Ministerio francés de Europa e Asuntos Exteriores por un periodo máximo de tres anos (renovable).
Os criterios para a obtención do selo son os seguintes:
- Ensinanza da lingua e a cultura francesas e da ensinanza en francés de polo menos unha materia non lingüística.
- Presenza de polo menos un profesor francófono con un título de máster ou equivalente.
- Título ou certificado de nivel de lingua francesa do profesorado de francés e profesorado de materias non lingüísticas impartidas en francés.
- Plan de formación do profesorado.
- O alumnado do centro educativo presentarase aos exames de lingua francesa para obtener o Diplôme d'études en langue française.
- Presenza dun contorno francófono: recursos educativos dentro do centro educativo, emparellamento con unha escola francesa, asociacións culturais francófonas, viaxes de estudos lingüísticos, etc.
A campaña estará aberta ata as 23.59 horas do día 31 de marzo de 2025. As solicitudes presentaranse en líña na plataforma Cascade. A publicación dos resultados efectuarase no verán de 2025.
Para ampliar a información cumprirá acceder a través desta ligazón