Gallego

I Olimpíada de Economía

Preséntase a oitava edición, a primeira en España, das Olimpíadas de Economía, a competición internacional máis innovadora e de maior crecemento en materia de economía, educación financeira e emprendemento para estudantes da ESO e bacharelato (de 14 a 18 anos). En 2025, máis de 100 000 estudantes de 30 países van participar nesta iniciativa.

As Olimpíadas de Economía son, esencialmente, un proxecto formativo en materia de economía, educación financeira e emprendemento que se executa a través dunha competición con catro roldas eliminatorias, dúas telemáticas e dúas presenciais, unha en Madrid e outra en Olimpia (Grecia).

As Olimpíadas de Economía atópanse baixo os auspicios da Academia Olímpica Internacional, a institución educativa e cultural fundada en 1961 polo Comité Olímpico Internacional. Son completamente gratuitas para o alumnado e os centros educativos, incluidos os recursos e ferramentas formativas, as viaxes ás roldas presenciais, o aloxamento, a manutención, as actividades culturais e formativas, etc. Non requieren carga adicional para os/as docentes nin para a administración educativa.

O prazo de inscrición está aberto ata o día 25 de febreiro e efectuarase a través da siguiente ligazón:

https://olimpiadaseconomia.es/participa/#participa 

Poderase ampliar a información no seguinte espazo web: https://olimpiadaseconomia.es 

 

Gallego

VIII Concurso de microrrelatos

A Real Academia Galega e PuntoGal mateñen aberto durante o mes de febreiro o prazo para participar no seu VIII Concurso de microrrelatos. Organizan conxuntamente este concurso que ten como obxectivo reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital. 

Ambas as institucións concederán nove premios, tres en cada unha das categorías: infantil (ata os 11 anos), xuvenil (de 12 a 17 anos) e persoas adultas.

Os textos terán unha extensión máxima de 200 palabras (título incluído). As bases e demais detalles da convocatoria poden consultarse en relatos.gal.

O prazo para a presentación de textos estará aberto desde as 00:01 horas do sábado 1 de febreiro ata as 23:59 horas do venres 28 de febreiro de 2025. 

 

Gallego
Portada

File: 

Campaña 2025 do selo "LabelFrancÉducation"

O LabelFrancÉducation ten por obxecto promover os centros bilingües de lingua francesa, públicos ou privados. Trátase dunha etiqueta concedida polo Ministerio francés de Europa e Asuntos Exteriores por un periodo máximo de tres anos (renovable). 
Os criterios para a obtención do selo son os seguintes:

  • Ensinanza da lingua e a cultura francesas e da ensinanza en francés de polo menos unha materia non lingüística.
  •  Presenza de polo menos un profesor francófono con un título de máster ou equivalente.
  • Título ou certificado de nivel de lingua francesa do profesorado de francés e profesorado de materias non lingüísticas impartidas en francés.
  • Plan de formación do profesorado.
  • O alumnado do centro educativo presentarase aos exames de lingua francesa para obtener o Diplôme d'études en langue française.
  • Presenza dun contorno francófono: recursos educativos dentro do centro educativo, emparellamento con unha escola francesa, asociacións culturais francófonas, viaxes de estudos lingüísticos, etc.

A campaña estará aberta ata as 23.59 horas do día 31 de marzo de 2025. As solicitudes presentaranse en líña na plataforma Cascade. A publicación dos resultados efectuarase no verán de 2025.

Para ampliar a información cumprirá acceder a través desta ligazón

 

Gallego

Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia: "Atrévete a pescudar con elas!"

No marco do Día da Muller e da Nena na Ciencia, a Unidade de Divulgación Científica da UDC convoca unha nova edición de Atrévete a pescudar con elas!, unha iniciativa que achega o mundo da investigación ao alumnado de educación primaria e secundaria a través de dúas pezas audiovisuais protagonizadas por investigadoras coruñesas.

Nestes vídeos, as científicas comparten a súa traxectoria, logros profesionais e experiencias persoais, relatando anécdotas co obxectivo de espertar a curiosidade científica e inspirar futuras vocacións investigadoras.
Vídeos dispoñibles:
• Educación Primaria: https://www.youtube.com/watch?v=eD67WOkNaEc  
• Educación Secundaria: https://www.youtube.com/watch?v=bY87SogdcMI 

Como participar? Os centros educativos poden visualizar os vídeos co seu alumnado e enviar preguntas ás investigadoras ata o 31 de marzo a través desta ligazón: https://forms.office.com/r/GV1Qw5sxMX

Animádevos, xa que entre os/as participantes se realizará un sorteo para visitar algún dos centros do Parque Tecnolóxico da nosa universidade; poderedes, así, ver o lugar de traballo das nosas científicas!
 

Gallego
Portada

Convocatoria do concurso "Matemáticas na Raia"

 Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática AGAPEMA convoca o concurso Matemáticas na Raia 2025. Trátase dun concurso de resolución de problemas en grupo clase para 3º da ESO que se desenvolve en Galicia e no Norte de Portugal organizado conxuntamente por AGAPEMA e a Asociación de Profesores/as de Matemáticas de Portugal (APM).

As bases e toda a información relativa a esta edición pódese atopar en: https://agapema.org/actividades/matematicas-na-raia/

O prazo de inscrición remata o 28 de febreiro.

Data de celebración: 13 de marzo.

 

Gallego
Portada

File: 

Publicación AEPD: responsabilidades e obrigas na utilización de dispositivos dixitais móbiles na ensinanza infantil, primaria e secundaria

A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) publicou un documento sobres as responsabilidades e obrigas na utilización de dispositivos dixitais móbiles na ensinanza infantil, primaria e secundaria. A utiización destes dispositivos, servizos e produtos dixitais nos centros educativos pode implicar certas responsabilidades, polo que as orientacións recollidas neste documento pretenden servir de guía para os equipos directivos, docentes e familias, co obxectivo de completar estes aspectos xa recollidos na Guía para Centros Educativos publicada (maio do 2018) pola Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).

 

 

Gallego

File: 

Concursos de ADOS relacionados coa doazón e os transplantes

Desde a Coordinación Autonómica de Transplantes (CAT) da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) preséntanse un ano máis os distintos concursos convocados pola CAT en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional co ánimo de seguir traballando en espertar interese entre o alumnado sobre a importancia da concienciación na doazón de órganos e tecidos.

Os consursos son os que se especifican a seguir:

  • VII Concurso de carteis relacionado coa doazón e os transplantes. Dirixido ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria e 1º, 2º e 3º de educación secundaria obrigatoria.
  • XI Concurso de curtametraxes relacionado coa doazón e os transplantes. Dirixido ao alumnado de 4º educación secundaria obrigatoria, bacharelato, ciclos formativos de grao básico, medio e superior e de ensino artístico regrado.

  • X Concurso de curtametraxes relacionado coa doazón e os transplantes de médula ósea. Dirixido ao alumnado matriculado durante o curso 2024/25 nas universidades do Sistema Universitario de Galicia e nos centros asociados da UNED en Galicia

O prazo de presentación rematará o 30 de abril de 2025.

Pódense consultar as bases dos distintos concursos a través das ligazóns que se especifican deseguido:

XI concurso de curtametraxes relacionado coa doazón e cos transplantes. Curso 2024-25 - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

VII Concurso escolar de carteis relacionados coa doazón e cos transplantes.Curso 2024-25 - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

A doazón na escola - Axencia de Doazón de Órganos e Sangue

As seguintes ligazóns de "Doazón e Transplantes"e "Doazón na Escola" conteñen información útil para o desenvolvemento da actividade:

https://www.sergas.es/Doazon-e-Transplantes

https://www.sergas.es/Doazon-e-Transplantes?idcatgrupo=11282

https://ados.sergas.gal/

 

Gallego
Portada

Iniciativa solidaria o "Pano Challenge" da Fundación Aladina

 

Con motivo do día mundial do cancro infantil, a Fundación Aladina desenvolve un ano máis e ao longo do curso 2024/25 a iniciativa o " Pano Challenge". Consiste nunha actividade solidaria e gratuíta para o alumnado de todos os centros educativos de España para concienciar da situación pola que pasan os nenos e as nenas con cancro e da importancia da solidariedade e do apoio para mellorar a vida de centos de nenos, nenas e adolescentes que padecen esta doenza e as súas familias. O cancro infantil non cesa e debe ser un asunto que nos inclúa a todas as persoas.

 

A actividade consiste en dous tipos de accións solidarias que se desenvolverán nos centros educativos:

  • "Deseña o teu pano". Desde a Asociación farán chegar aos centros de forma gratuíta uns patróns de panos que servirán para explicar ao alumnado o desenvolvemento da actividade que consistirá en deseñar un pano e escribir unha mensaxe de apoio aos nenos e nenas con cancro.
  • "Todos/as ao cole con pano". Trata de vir coa cabeza cuberta cun pano como mostra de solidariedade cos nenos e nenas con cancro. Este ano celébrase o día 12 de febreiro (o día oficial é o 15 de febreiro e adíantase ao 12 porque coincide en sábado).

Para inscribirse na actividade e solicitar os materiais cumprirá remitir un correo electrónico a colegios@aladina.org onde conste o enderezo completo do centro educativo e o número de patróns que se necesitan. Enviaranse a os centros solicitantes os patróns para o alumnado, unha guía didáctica para o profesorado, un vídeo explicativo e pósters para o colexio. Os materiais enviaranse de forma gratuíta.

Poderase ampliar información a través desta ligazón

Para consultas poderase contactar no teléfono 915329303

 

Gallego
Portada
Portada2

Actividades didácticas para escolares no museo do Marco

Dende a área de Didáctica do MARCO actualizouse a programación deste curso para escolares con novas propostas arredor de exposicións temporais, dirixidas a todo o alumnado de educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato, dende os 3 ata os 18 anos.

A experiencia consiste nun percorrido polas salas de exposición, e unha actividade-obradoiro relacionado, que se leva a cabo na sala de Didáctica (Espazo Anexo) situada na praza peonil posterior. Tanto a visita como o obradoiro están especialmente adaptados aos distintos grupos, con propostas diferenciadas para cada tramo de idade.

Programación para todas as etapas educativas:

  • Ata o 11 de abril, as visitas e obradoiros teñen como eixo a exposición de Susanne Themlitz: “A linguaxe das cousas mudas”, nos espazos da planta baixa, que ofrece múltiples posibilidades e está a ter unha grande acollida. A partir de maio, renovaranse contidos en función das novas mostras programadas nese trimestre. Poderase ampliar a información a través desta ligazón

Programación para ensinanza secundaria obrigatoria e bacharelato:

  • A partir de marzo, proponse a mostra “A pegada das nais de Érguete: unha historia de amor e loita”, nas salas do 1º andar, que conmemora o 40ª Aniversario da Asociación Érguete cun proxecto expositivo que reúne fotografías, documentación, e obras de artistas contemporáneas, e que se acompaña dun programa educativo para escolares.

A participación é gratuíta e os grupos están limitados a 20 ou 25 participantes. En caso de grupos máis numerosos efectuaranse adaptacións na medida das posibilidades.

Horarios:

Martes, mércores, xoves e venres

1ª quenda: de 10.00 a 11.30 horas; 2ª quenda: de 11.30 a 13.00 horas.

Para participar, cumprirá efectuar a reserva a través do correo electrónico comunicacion@marcovigo.com ou ben en recepcion@marcovigo.com cos datos básicos:

  • Nome do centro.
  • Persoa de contacto (email + tfno)
  • Nº participantes
  • Cursos
  • Idades

Para calquera dúbida ou consulta, tamén se pode contactar nos teléfonos:

986 11 39 00 extensión 200, ou ben na extensión 308

 

 

Gallego

Xornadas GÁLIX. Desfacendo a RAIA XIV

Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) desenvolve as xornadas "Desfacendo a RAIA XIV, os movementos migratorios na LIX". Estarán presentes profesionais do mundo do libro, da creación, da tradución, da ilustración, da investigación literaria e da edición como Lois Pérez, Marta Neira, Rosa Aneiros, Beatriz Maceda, Iago Nicolás, Carlos Labraña, Celia Díaz, Susana Suniaga e Laura Rodríguez.

Lugar de celebración: Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte, avenida Xoán XXIII, 15782 Santiago de Compostela.

Modalidade de impartición: presencial ata completar aforo.

Data:  29 e 30 de xaneiro, e 5 de febreiro de 2025 (consultar programa adxunto)

Horario: de 17.00 h a 20.00 h

 

Gallego
Portada

File: